19/05/11

A "LISTA MAIS VOTADA" OU UN METRO DE DEMOCRACIA DE 50 CENTÍMETROS

O Partido Popular e os seus voceiros, predican unha democracia a súa medida, unha democracia de "alta costura"-para poñelo en fino- "haute couture". Cando non lles vai ben o resultado, cando nas eleccións non obteñen a maioría absoluta, ou non poden pactar para gobernar, queren cambiar as regras do xogo. Na páxina de lavozdegalicia.es, (15-05-11), Roberto L. Blanco Valdés, segue o camiño do escoitado estes días de campaña aos dirixentes do PP, e escrebe no artigo -¿Debe gobernar la lista más votada?- as seguintes ideas:"Es conocido que cuando una cuestión se formula erróneamente, resulta imposible darle una respuesta adecuada. Tal ocurre con la relativa a si debe gobernar la lista más votada en las municipales...cabe responder a la pregunta que encabeza esta columna atendiendo a esos datos, lo que exige antes que nada distinguir. Sí, distinguir, porque no hacerlo y mezclar todo es la mejor forma de no sacar conclusiones razonables ...donde el primer partido está al borde de la mayoría absoluta y, además, la diferencia entre él y los que pierden es de tal magnitud que lo más democrático sería que gobernase el ganador...Partir de esa diferencia permitiría modificar la legislación vigente para establecer un nuevo sistema de elección de regidores por virtud del cual, sentada una cierta distancia entre el primer partido y los demás, debería ser su candidato el que, automáticamente, pasara a ser alcalde...de hecho, creo que la necesidad de tal reforma sería discutible si los casos en que no gobierna el ganador, pese a tener una indiscutible mayoría, fueran la excepción o, siendo numerosos, se distribuyeran de un modo equitativo entre los dos grandes partidos. Pero cuando esos casos son numerosísimos y perjudican y benefician siempre al mismo, no hay regla conocida de justicia que justifique el mantener el sistema y no cambiarlo... Por si todo ello no bastara, la actual situación, que tras el 22-M podría ser todavía más injusta, tiene además en Galicia resultados adicionales muy poco funcionales: que da al BNG un poder absolutamente desproporcionado a su fuerza electoral; y que impide a los socialistas, rehenes de los nacionalistas, aspirar a un proyecto autónomo que no los obligue a parecer lo que no son y a correr el riesgo de acabar siendo lo que al principio solo resultaba una apariencia>.Ou sexa: a resposta adecuada, non mesturándoo todo, a conclusión razonable é: que o BNG non estea nos diversos gobernos como forza minoritaria.Teñen un problema co sistema democrático que tanto santifican. Só lles gusta cando obteñen beneficios electorais e gobernan co seu maravilloso absolutismo democrático. Cando non é así, a minoría fai reféns. Só lles gustan as coalicións cando as fan eles para servir aos seus intereses. Exemplos hai por ducias, incluso contranatura(Euskadi:pacto PP-PSOE), empregando partidos submarinos independentes que rematan apoiando o de mais poder, ou utilizando o transfuguismo, para derrubar gobernos lexítimos. O democrático que pode resultar un goberno de coalición, con mais base popular de apoio, o democrático que pode ser que varios partidos, incluso distintos, fagan un pacto de goberno cun programa mínimo común, é secuestrar a democracia. Incluso critican que dous partidos coaligados teñan opinións distintas sobre algunha cuestíon, falando entón de fracaso no goberno ou de disensións nel. Sobran exemplos, pero creo que é mais democrática esa diverxencia, que o pensamento único ou o rodillo. Pola contra, non falan do imperfecto e tramposo dun sistema que predicando a igualdade de oportunidades, é o mais desigual nas mesmas. Ou todos os partidos teñen os mesmos apoios económicos e mediáticos?. É unha evidencia tan párvula como antiigualitaria, porque non todos os partidos están ao servizo dos bancos que os apoian, nin das multinacionais e  das grandes empresas económicas que a súa vez detentan os grandes medios de comunicación, para voltar a apoialos. Quén paga as fabulosas campañas electorais dos dous grandes partidos?.Como devolven a débeda?. Roberto Luís debe coñecer de primeira mán, a campaña que La Voz deseñou para que o Sr.Feijó09 e o Sr.Rueda gañaran ao bipartito con moita información democratica e neutral. Nisto non hai reféns. Aquí hai liberdade, a dos listos por designación democrática-divina-bancaria no nome dunha mal entendida liberdade de expresión. E porqué non falamos tamén, do sistema electoral  español, un sistema deseñado para favorecer o bipartidismo, coa Lei D'Hondt favorecendo os partidos maioritarios?. Teñen o mesmo problema cando algún tribunal non dictamina ao seu gusto: cando o Tribunal Constitucional dí que Bildu é legal, son pro-etarras, pero se a sentenza é do seu gosto, serían demócratas. O verdadeiro problema que ten o PP, a cara mais integrista e retrógrada do sistema, é quedar fora dos gobernos, e teñen moi claro que si a xente vota BNG, o PP non entra neles, porque non ten con quen realizar pactos, excepto cos submarinos, os "independentes" que nas localidades, non entran nas listas do PP porque as loitas polo poder os deixan fora da lista oficial. O verdadeiro problema do PSOE, a outra cara falsamente edulcorada do mesmo sistema, e que gobernando co BNG, este pode desenmascarar as políticas antisociales e antiobreiras, a   súa sumisión fronte a patronal e os bancos e mostrar outro xeito de gobernar. E nos dous, PP e PSOE, non se distingue ningún desacordo en temas como bancarización das caixas, privatizacións, sumisión o poder financeiro, pensións, rebaixa salarial, edade de xubilación. O verdadeiro problema da "inxustiza" da que fala Roberto Luís, radica na propia esencia da democracia, e o problema que teñen PP, PSOE, Roberto Luís e os que hoxe andan nesa teima, é que lles estorba o BNG. Porqué será?...Temos que empezar a preocuparnos, porque non tardarán moito, si lles convén, en refacer unha Lei Electoral ainda mais a súa medida. Se poden farán cidadáns de primeira con dereitos(sumisos e agradecidos),e cidadáns de segunda sen dereitos(insumisos a unhas políticas anticapitalistas e antigalegas). O asombroso é que estes cursiños de corte e confección democrática, os fan para o noso país e non para esa Europa  que tanto lles gusta, a quen tanto adulan, e donde os gobernos de coalición son unha cousa normal. Non importará que teñan que explicar que para eles, "bós" demócratas, un metro ten 50 centímetros.

17/05/11

TRES EN RAIA: ISLANDIA, GALIZA, ARZUA.

<Antonio Márquez de Alcalá:”O exemplo islandés e a conciencia política ante a crise”:(Rebelión.org):A revolución política islandesa ocorrida nos últimos dous anos, o proceso político vivido no país por mor da crise, e que levou á dimisión dun goberno e a convocatoria dunha Asemblea Constituínte, foi chamado nalgúns ámbitos "a revolución silenciada".E con razón. O mutismo mediático ao redor dos cambios que está vivindo o país nórdico foi asombroso, especialmente se o comparamos coa atención recibida polas revoltas árabes...que leccións políticas pode deducir o resto de poboacións europeas da actitude mostrada pola poboación islandesa?...En primeiro lugar, o exemplo da experiencia islandesa ponnos en garda contra esa especie de depresión colectiva por "indefensión aprendida", por parafrasear a Seligman, que padecen as poboacións europeas, e particularmente a española. Durante décadas se nos someteu a unha terapia comunicativa que gravou a lume nas nosas conciencias a idea segundo a cal calquera resposta política ante as agresións contra os nosos dereitos sociais, ou ante as situacións de inxustiza, non serve para nada ou pode ser ata perigosa. Iso colócanos nunha situación de submisión e pasividade permanente que busca na satisfacción dos desexos individuais e no "sálvese quen poida, pero eu o primeiro", a panca que faga cesar o malestar...En segundo lugar, hai outro mito que é un clásico nalgúns círculos da esquerda, pero que tamén forma parte dese "sentido común" xeneral. E é unha variante da vella idea do "canto peor, mellor". Seguindo esta liña de argumentación, revolucións e cambios políticos drásticos como os ocorridos en Tunisia e Exipto non son posibles nin desexables en países "desenvolvidos" como os europeos...A poboación islandesa, de novo, puxo esta cuestión sobre a mesa: un país "desenvolvido", economicamente estable ata fai moi pouco tempo, con cotas paro e pobreza case nulas, e cun alto nivel tecnolóxico e educativo, fixo saltar polo aire o seu sistema político e enfrontouse a banqueiros, organismos internacionais e potencias estranxeiras en canto percibiu que estaba sendo sometido a un trato inxusto...En terceiro lugar, o pobo islandés recórdanos que en política non existen fórmulas universais para realizar cambios socales e sacar adiante proxectos colectivos...En cuarto lugar, quen argumentan que o recurso ao Estado é cousa do pasado e que os mercados son fatalidades que non poden tocarse, so pena de graves consecuencias económicas para a poboación, debéronse atopar en Islandia cun problema teórico difícil de resolver. Un Estado capitalista europeo e "desenvolvido", cedendo á presión popular, nacionalizou a banca do país, póndoa ao servizo do propio Estado e da cidadanía...E para rematar, podemos tamén extraer unha importante lección da diferenza coa que o pobo islandés afrontou, en termos de clase, a situación de crise financeira con respecto a outras poboacións europeas: ante a privatización dos beneficios e a socialización das perdas, Islandia encarou o problema optando polo escarnio e a persecución dos culpables, en lugar da criminalización dos migrantes como chibas expiatorios. Dirase que ésto é porque a porcentaxe de inmigración en Islandia é moito menor que noutras zonas europeas. Quizá.  Pero en calquera caso os islandeses demostraron ter moi claro que as "clases perigosas" non son as que veñen de fóra para traballar na industria, senón as que, falando a súa mesma lingua e compartindo nacionalidade, saquean e venden os recursos de toda a cidadanía .O que nos vén a mostrar a experiencia islandesa é que si se pode. Que as decisións económicas son, en realidade, decisións políticas, non fases no movemento eterno do mecanismo dun reloxo, e que corresponde ao conxunto de cidadáns, e non só a unha parte deles, o tomalas. Móstranos tamén que existen máis opcións que os trillados camiños da aceptación pasiva das recomendacións dos "expertos", que sempre son as mesmas, sempre fracasan e conducen ao desastre. Ensínanos, en definitiva, que a injustica só é inevitable se nos cremos que o é, e que a xenerosidade co débil e a valentía fronte ao poderoso merecen a pena... e ata son rendibles>.
<Enrique Negueruela:"O emprego no contrato incumprido por Feijóo":(O XORNAL:15-05-11):

Emprego (punto 1). Combater o paro como máxima prioridade do Goberno e recuperar a senda de creación de emprego garantindo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes:a senda de creación de emprego emprendida polo seu goberno supuxo unha perda de 87.800 postos de traballo e o seu combate do paro foron 63.800 persoas paradas máis...o cambio de camiño emprendido por Feijóo supuxo a perda do 7,5% dos empregos cando no Estado se perderon o 4,9%.A Consellería de Traballo eliminou todos os programas postos en marcha polo equipo anterior: o Plan Contigo para paliar os efectos da crise; o Plan Aurora de emprego feminino; o Plan muller porque si, etc. Desapareceron os Pactos de Estabilidade e os Pactos Territoriais para que non se elaboraran plans de emprego. Eliminou todos estes programas sen substituílos por ningún outro. Desapareceron as Unidades de Promoción e Desenvolvemento que facían análise e prospección no territorio, aínda que eran un compromiso explícito no programa electoral do PP. A senda do contrato de Feijóo era a ausencia de camiños, era un vagar sen rumbo nin dirección. O resultado foi a meirande destrución de emprego en dous anos de toda a historia de Galicia.
Austeridade (punto 3). Eliminar e reducir drasticamente os gastos superfluos en publicidade, altos cargos, asesores, automóbiles ou obras nas dependencias de goberno.Nos fondos de emprego sobre os que a Xunta ten capacidade de decisión, fondos propios ou do FSE, o recorte foi do 38%, 70 millóns menos.O recorte do capítulo II, de gastos correntes, foi o 13% e o dos capítulos IV ao VIII, onde están os fondos que se invisten directamente en políticas de emprego, do 52%. A redución drástica non foi en “gastos superfluos” senón en investimento en políticas de emprego. Por certo que a conselleira e os directores xerais teñen coche oficial da mesma gama que os anteriores. Unha parte do persoal de Gabinete, despois de aparecer na declaración de 2009, desaparece das seguintes declaracións pese a continuar na Consellería. Non se reduce, se oculta.Se eliminan e reducen os fondos da Xunta para políticas de emprego: elimina os destinados ao autoemprego (23 millóns), os de formación de parados (3,5 millóns), os de contratación de desempregados por corporacións locais (8,4 millóns); reduce os do Servizo Público de Emprego nun 56%; os de fomento do emprego nun 57%, os destinados ás relacións laborais e a economía social un 36% e a saúde laboral un 34%.Corta onde non o ía facer e mantén o gasto que se comprometeu a recortar. Esta austeridade Feijóo a logra cun incremento da débeda de Galicia de 328 millóns de euros por cada trimestre. A débeda da Xunta de Galicia pasou de supoñer o 6,9% do PIB de Galicia, cando chegou Feijoo ó goberno ó 11,2% do PIB. Este é un logro de Núñez Feijóo, presidente austero e aforrador, mentres Touriño, despilfarrador e manirroto, soamente a diminuíu do 7,4% ao 6,9% do PIB.
Xuventude en primeiro plano (punto 8). Ampliar as oportunidades para que os mozos poidan vivir, estudar e traballar na súa terra, con políticas de vivenda efectivas, abrindo máis opcións de formación, e facilitando a súa entrada no mercado laboral...Pasouse de que estiveran ocupados un de cada tres a case un de cada cinco mozos menores de 25 anos. Este é o resultado do seu contrato coa xuventude...Non aumentaron aquelas nas que a formación pode ir vinculada ó emprego. Este ano non se porán en marcha nin Escolas Obradoiro nin Obradoiros de emprego. Ambas ben definidas, son instrumentos eficaces para a inserción da mocidade, especialmente a que ten menor nivel de estudos.
Rexeneración democrática (punto 14). Nel dicíase: “Gobernar para todos, independentemente das súas preferencias políticas, eliminar prácticas clientelares e aplicar con capacidade de reacción a asunción de responsabilidades nos supostos que correspondan”...A conselleira de Traballo aparece nas gravacións das conversacións da Operación Orquesta porque lle piden que coloque a familiares dos máis directamente implicados.Descoñecemos as actuacións que a conselleira puido facer, pero esas persoas están colocadas onde querían. Pode ocorrer igual que na Deputación de Ourense. O director xeral de Promoción do Emprego está imputado por prevaricación por exercer unha persecución a Unións Agrarias. A directora Xeral de Formación e Colocación dende o quince de maio de 2009 está sentenciada solidariamente por falta de alta na Seguridade Social dunha traballadora. Manter á fronte do emprego a estes tres altos cargos, dos que se pediu reiteradamente o seu cesamento, non parece ter nada que ver coa rexeneración democrática...O PP cree que calquera reparto no que non saian fortemente favorecidos é clientelar. Por iso considera clientelar que co bipartito os fondos de cooperación nos concellos gobernados polo PP foran soamente un 6% mais ca media de Galicia. No seu primeiro reparto supoñen mais do dobre, 614 € cando a media eran 300: iso é un reparto non clientelar.Este contrato, como vimos en materia de emprego, non era nada mais cun artificio electoral, un mais dos que utilizou Feijoo na campaña electoral mais sucia e mentireira que lembro e estiven seguindo todos os procesos electorais dende que se reinstaurou a democracia>.
<CARLOS MARTÍNEZ BUJÁN-”Aberración en Arzúa”(ELPAIS.com:16-05-11):En Galicia a campaña electoral comezou marcada por unha lamentable noticia: o candidato do BNG á alcaldía de Arzúa, Xaquín García Couso, foi definitivamente declarado inelegible, ao non admitir a trámite o Tribunal Constitucional (TC) o seu recurso de amparo. O TC fai uso da facultade que lle outorga o artigo 50 da súa Lei Orgánica (reformado en 2007, co fin de evitar o colapso do Tribunal), sobre a base de entender que o contido do recurso "non xustifica unha decisión sobre o fondo en razón da súa especial transcendencia constitucional".Con todo, a calquera xurista e a calquera demócrata debería preocuparlle que a García Couso aplíqueselle unha norma de tan dubidoso encaixe nun Estado de Dereito, como é a contida no artigo 6-2-b da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral, que considera "inelegibles" a "os condenados por sentenza, aínda que non sexa firme, por delitos de rebelión, de terrorismo, contra a Administración pública ou contra as Institucións do Estado, cando a mesma estableza a pena de inhabilitación". Resulta xa dificilmente aceptable, con carácter xeral, que o Estado obrigue a cumprir unha pena (a inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo) a un cidadán antes de que exista unha sentenza firme, e contra a que cabe aínda un recurso ordinario ante un tribunal superior.  Iso só pode ter explicación nun país como España, no que a situación excepcional xerada polo terrorismo etarra propiciou a creación dunha lexislación de excepción, que se compasa mal cos postulados do Estado constitucional. Agora ben, que se obrigue a cumprir a referida pena de inhabilitación a un candidato dun partido inequivocamente democrático, tras ser condenado por un xulgado do penal, porque desobedeceu unha orde xudicial e "non apurou a execución" da derriba dun edificio, entra de cheo no terreo do verdadeiramente esperpéntico e aberrante. Que pasará se, como sucede en multitude de ocasións, a Audiencia Provincial estima o recurso e anula a condena?
O citado artigo 6-2-b da Lei Electoral é unha norma que se introduciu na reforma realizada pola recente Lei Orgánica 3/2011 cunha finalidade que nada ten que ver co caso de García Couso, dado que xorde (segundo indícase paladinamente no seu preámbulo), como unha secuela da Lei de Partidos Políticos, para ser aplicada exclusivamente a aquelas persoas que non respectan na súa actuación "o método democrático para defender as súas ideas e obxectivos" e, máis concretamente, "para evitar que formacións políticas ilegais ou quen xustifican ou apoian a violencia terrorista poidan utilizar novas vías para, fraudulentamente, concorrer a futuros procesos electorais e obter representación institucional".
Esta é, polo demais, a única explicación que se inclúe no preámbulo para xustificar a modificación dunha serie de preceptos da Lei Electoral, preceptos que aparecen a continuación concretamente comentados polo lexislador. Todos, salvo, curiosamente, o contido no mencionado artigo 6-2-b, a pesar de que é este o que requiría, precisamente, unha cumprida xustificación, dada a restrición de dereitos fundamentais que encerra. E non xa só no que incumbe ao seu orzamento (unha sentenza que aínda non é firme) senón en canto ao seu ámbito de aplicación: que sentido ten incluír os delitos contra a Administración pública á beira dos "delitos de rebelión, terrorismo e contra as Institucións do Estado"?.
Con independencia de que tan estrafalaria enumeración demostra que o lexislador da Lei 3/2011 nin sequera tomouse a molestia de ler o Código Penal (e parece que o TC tampouco), o certo é que se, entre as numerosas infraccións que se inclúen no noso Código baixo as rúbricas xerais de "delitos contra a Constitución" e "contra a orde pública", a Lei 3/2011 só menciona os delitos de rebelión, terrorismo e contra as Institucións do Estado, hai que colegir que estes son os que o lexislador considera máis graves e máis vinculados ao fin perseguido. Xa que logo, iso obriga a entender (utilizando o argumento a fortiori, a maiore ad minus) que a mención dos delitos contra a Administración pública (a de todos, ademais) vulnera o principio de proporcionalidade, polo que debería ser declarada anticonstitucional ou, cando menos, ser obxecto dunha interpretación restritiva que excluíse os casos en que (como o de Arzúa) o delito presuntamente cometido non se cualifica como grave no Código Penal e nada ten que ver co fin pretendido pola Lei 3/2011>.