25/12/11

EMPEZOU A FUNCIÓN NA CORTE DOS MILAGRES."A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL"(Do 17-12-11 ao 25-12-11)

Primeiros días da Era Rajoy. Ensina o pau da rebaixa dos 16.500 millóns de euros, pero esconde a cenoura: os recortes e as "reformas".
Remataron as ocorrencias: Rajoy ten que saír a escena e tomar decisións. A Feijó009 acabóuselle o das culpas de ZP e o bipartito. Ainda que xa pasaron dous anos do citado bi, segue coa mesma ladaíña, pero cun programa de goberno desaparecido e Galiza nos piores números da historia. Agora ten un goberno amigo, pero poden trabarlle a mán.
Rajoy esquece Pesca nos Ministerios(aquí no hay playa) e a paridade. Feijó009 abre unha fronte xudicial pola baixa valoración das caixas e presenta un recurso contra o FROB por taxala en 181 millóns. Eso sí tres meses despois¡ de repensalo e tendo moita comprensión co que faga o goberno amigo: vendela a un grande e riau riau. Milagre.
Para matrícula de honra  e milagre, o caso da vella Europa: os creadores da crise mundial, dos recortes e o paro, ex Goldman Sachs, sentados á fronte do BCE, Grecia e Italia. Spain-Rajoy para non ser menos coloca a Luís de Guindos, ex Lehman Brothers,  no Ministerio de Economía. O citado, dirixíu a filial en España e Portugal do xigante que arrasou a economía mundial. Currículum ten desde logo.
Pedro Morenés, a Defensa, desde o seu despacho da empresa de mísiles MBDA.  O seu nome tivo relacións polémicas tras desvelarse que fora fichado por Instalaza, unha empresa española dedicada á fabricación e a venda de bombas de acio, entre outros por certo, a Libia de Gadafi.
A Justicia, Alberto Ruiz Gallardón que deixa un burato de 7.000 millóns de débeda  no concello madrileño, mais da metade do que deben todos os concellos das capitales de provincias. Un fenómeno.
Milagroso é a conversión que os xornais editados en Galicia, fan do lugar de nacemento de Ana Pastor, Ministra de Fomento (Ana Pastor Julián, Cubillos del Pan, Zamora, 1957):<Rajoy, que no estaba obligado a nombrar ministros gallegos, lo que podía justificar con lo obvio (el presidente del Gobierno ya lo es) dio varias sorpresas este miércoles, y quizás una mayúscula, nombrando titular de Fomento a Ana Pastor, que ya tuvo cartera en el gabinete Aznar. El AVE seguirá, pues, en manos gallegas. (La Voz de Galicia). Louzán di que a Pontevedra tocoulle a lotería coa elección de Pastor para Fomento. Gallega de adopción. Incluso El Mundo: Ana Pastor, una gallega para pilotar la 'delicada' llegada del AVE a Galicia. Paso polo de "pilotar la delicada", ainda que mellor quedaría "pilotar o cachondeo", pero facer galego Cubillos del Pan, non é de milagreiros?
Non pasa o mesmo co idioma. O que vale para Ana Pastor  non vale para o idioma galego: O Faro de Vigo comenta sobre un premio da lotería< El Filón de Oro local de la Rúa Nueva> Calle Nueva dalles vergoña, Rúa Nova e demasiado nacionalismo, así que por milagre chapucero: Rúa Nueva.
Pero para comedia de milagre o que publica outro xornal daquí sobre o asesor do monarca,  que contan tamén é cuasigalego, o asesor, porque...ven de visita:
<José Manuel Romero, asesor del rey y conde de Fontao, participa activamente en la vida cultural cuando visita Foz. Pregonero de excepción. El asesor del rey cuida sus vínculos con Galicia y es actualmente el abogado aristócrata que eligió el monarca para aconsejar al duque de Palma. El actual conde, título que ostenta desde 1993, siempre ha manifestado un gran arraigo por Galicia, y no pierde ocasión de disfrutar de su patrimonio en Santa Cecilia (Foz) siempre que el trabajo se lo permite. Enfrascado ahora de lleno en un asunto delicado, José Manuel Moreno posiblemente aplace hasta Semana Santa su próximo viaje a la comarca. El último acto público en el que participó fue en la pasada Semana Santa de San Martiño de Mondoñedo de Foz, donde ejerció de pregonero. Atrás queda su participación en las jornadas de historia local o su pregón en las fiestas de San Lourenzo. Foz y Lugo tienen sendas plazas que llevan el nombre de Conde de Fontao.>
Cousas da aristocracia medieval e dos lelos que escriben semellantes estupideces. Pero as veces o plumeiro da aristocracia sae:
<El conde de Salvatierra, Cayetano Martínez de Irujo, se ha comprometido con los representantes del Sindicato Andaluz de Trabajadores, a los que ha recibido este martes en la finca Las Arroyuelas, a financiar con fondos de la Casa de Alba un centro de formación en agricultura ecológica y cooperativas y a pedir disculpas por sus declaraciones desafortunadas en un programa de televisión, en las que aseguraba que los trabajadores andaluces no quieren trabajar>.
Para que non teñamos dúbidas dí a súa nai:
<Mi única inclinación política es la monarquía, inseparable de nuestra historia y representada por nuestro gran Rey Juan Carlos I, que trajo la democracia a España y muchas cosas más", ha dicho la duquesa de Alba en la presentación en el Alcázar de Sevilla de sus memorias, 'Yo, Cayetana' (Espasa)."España en toda su historia fue monárquica y es lo que debe ser".>
"Juan Carlos I, que trajo la democracia a España"... Só ou acompañado? tróuxoa a pé ou en tren? ...Super-mán¡ En cantas manis o atopáchedes?
E por si alguén o dubidaba, os do PP teñen memoria:
<El PP cántabro respalda a la edil que participó en un acto falangista.El presidente de la Comunidad Autónoma, Ignacio Diego, asegura que Carrero Blanco fue "un santoñés que siempre defendió los intereses de Santoña".El presidente de Cantabria (PP), el conservador Ignacio Diego, ha respaldado a su compañera de partido, la alcaldesa de Santoña, Milagros Rozadilla, que ayer participó en un homenaje falangista a Carrero Blanco."Ya es el momento de dejarse de memoria histórica y mirar al futuro", ha esgrimido Diego, de modo que, para el presidente de Cantabria, lo importante es que exista "respeto" cuando "unos homenajeen a unos, y otros a otros".>
Teñen memoria...franquista.
CIU en Catalunya tira de copago farmaceútico universal: impostos aos que mais o necesitan e enfermos, e non aos que mais teñen. En Portugal tamén: 20 euros por urxencias e 5 por consulta. Veñen polos arredores.
Multa a ZARA(1,4 millones de euros), por subcontratas en Brasil xa que compraban roupa elaborada en dous talleres onde os traballadores, procedentes de Bolivia e Perú, eran sometidos a condicións análogas á escravitude. Milagres repetidos. Bis.
E rematando, Alemaña, o espello e grán timonel<pon na picota ao seu presidente, Christian Wulff, por unha minucia. Que pasa con Wulff? En xaneiro de 2010 foise de vacacións coa súa nova esposa a Florida, a casa do millonario alemán, Egon Geerkens, que lles pagou os billetes de avión en primeira. Ao saberse, dous deputados preguntáronlle se tiña algunha "relación de negocios" co millonario. A resposta foi "non". Agora coñeceuse que a muller de Geerkens prestou en 2008 aos Wulff un crédito de medio millón de euros para comprar unha casa bastante discreta. O crédito a un amigo non é delito. Non foi unha mentira, pero tampouco era toda a verdade, o que non é bonito para un presidente>.
Ou sexa tamén hai corruptos alemáns e algo mais:   
<Alemaña figura no noveno posto mundial de opacidade na lista de 73 países do mundo publicada pola organización Tax Justicie Network (TJN). Os primeiros quince da súa lista son; Suíza, Illas Caimán, Luxemburgo, Hong Kong, Estados Unidos, Singapura, Xersei, Xapón, Alemaña, Bahrein, Illas Virxes, Bermuda, Reino Unido, Panamá e Bélxica. A desvergonzada España figura no posto 53.o país, "non asinou ningún acordo bilateral en materia de intercambio de datos fiscalmente relevantes", o que, "combinado co atractivo das exencións fiscais para compradores estranxeiros de bonos do goberno alemán, atrae unha gran cantidade de diñeiro negro". Esta situación explica a popularidade que os bancos alemáns teñen entre os ditadores de países en desenvolvemento. O falecido caudillo de Turkmenistán, Saparmurad Niyasov, colocou, ao seu nome, no Deutsche Bank os ingresos do gas do seu país que administraba como unha leira particular. Muhammar o Gadafi e o seu clan, tiveron unhas duascentas contas repartidas en bancos alemáns, cun total de 6000 millóns de euros."Os gregos almacenaron en Suíza 200.000 millóns de euros", titulou a toda plana o diario Bild, baluarte do nacional populismo na actual crise. Ante a perspectiva dunha quebra, os gregos non se fían dos seus bancos e levan o diñeiro fóra. Pero a cantidade mencionada é superada, en 50.000 millóns, polo diñeiro que os propios evasores fiscais alemáns teñen en países como Luxemburgo, Liechtenstein ou Suíza, segundo a estimación divulgada polo sindicato alemán de funcionarios de facenda (DSTG). Wehrheim, que acaba de publicar un libro titulado "Inside Steuerfahndung" (A investigación fiscal por dentro), estima que Alemaña perde anualmente entre 200.000 e 300.000 millóns de euros en evasión de impostos e fraude con subvencións>.
Preguntas:  Si o Rey na súa súa mensaxe de Nadal dixo: "La justicia es igual para todos" e si a casa Real Española coñecía desde o 2006 as actividades de Urdangarín, e recomendoulle sair de España, non estivo encubrindo ao presunto delincuente?
Respostas de Rajoy:"A veces, cuando las nubes de la pesadumbre ocultan el cielo, parece que somos incapaces de ver otra cosa, incluso de imaginar que puedan desaparecer. Desaparecerán".
Outra resposta de Rajoy:" Desaparecerá todo aquello que pueda enturbiar las aguas de nuestra convivencia".
Amén.

17/12/11

Os "Amiguitos del alma" e Urdangarín deséxanvos:Bo Nadal.A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL(Do 10-12-11 ao 17-12-11)


Adiviña en 5 segundos de quén fala Rajoy: "Está acusado,pero eu creo que é un home honrado", "contribúe a mellorar a imaxe e o prestixio das institucións valencianas e españolas", "é un "extraordinario militante do PP e un gran amigo", "fixo unha moi boa labor como presidente da Generalitat", "Sempre estarei detrás de ti, ou diante, ou ao carón", "terá futuro na vida pública".

*GALIZA(elpais.com:14-12-11)Anxo Guerreiro<...cando nos achegamos ao terceiro aniversario do triunfo electoral do PP, o presidente Feijóo non foi capaz aínda de deseñar un proxecto económico que mereza tal nome e renunciou a utilizar as competencias e instrumentos de que dispón para afrontar a crise. Ao parecer, o principal problema do país, o paro, como xustamente denunciaba Feijóo cando era oposición, desapareceu da axenda política do Goberno. O resultado de todo iso é incuestionable e desolador: nas principais variables (crecemento económico, xeración de emprego e equilibrio das contas públicas), Galicia atópase entre as comunidades autónomas con peores resultados. Ninguén coñece a política industrial do Goberno nin en que consiste o seu proxecto agrario ou pesqueiro, e tampouco ninguén pode responder á pregunta de como utiliza as competencias de que dispón a Xunta en política de emprego. Con todo, desgraciadamente si coñecemos a súa estratexia respecto dos servizos públicos esenciais, consistente no recorte do gasto e a súa tendencia á privatización. En definitiva, pódese afirmar, prescindindo de prexuízos políticos e ideolóxicos, que a Xunta non atendeu a súa principal responsabilidade e Galicia careceu dun verdadeiro Goberno.>
Ou sexa: irresponsables.
*GALIZA(elpais.com16-12-11)Suso de Toro<A nós estanos correspondendo, sen dúbida, tragar a política neonacionalista que chega de Madrid. Quen reclamou no seu día liberdades, política social e autogoberno contra Franco e logo o Estatuto de Autonomía que nos negaban pode dicir que asiste a un ataque contra todo polo que loitou. Asistimos á burla da autonomía, un goberno creado por indicación constitucional para protexer os nosos intereses e a identidade colectiva lexisla contra a lingua propia da Galiza. E o Valedor do pobo quere que un libro de texto teña que dar explicacións do artículo V do Estatuto: "O galego é a lingua propia de Galicia". Como se houbese que precisar máis, como se a Constitución non fixese obrigatorio coñecer o castelán. Na situación na que vivimos, que lingua e que falantes teñen que ser protexidos e animados? A quen lle val o Valedor?.A Constitución recoñece a Galiza como "nacionalidade histórica", malia todo. E temos un Estatuto que é o froito de sangue, cárcere e exilio, non foi regalado graciosamente polo Estado centralista. Non é obrigado vivir entre nós, somos galegos, xa se sabe, revirados, obtusos; marchar deste país é libre, os galegos levan séculos marchando e falando todas as linguas que se lle puxeron por diante. Non, non somos catro provincias, somos unha nacionalidade. Quen non estea a gusto debe buscar onde estar, o que é atrozmente incívico é vir aquí a dividir e sementar odio. Non, non somos catro provincias da Puerta del Sol, somos unha nacionalidade>.
Unha NACIÓN¡
*SPAIN(publico.es:15-12-11)<Os bancos españois gañaron 9.328 millóns e piden máis reformas. A pesar da crise, a banca obtivo beneficios nos nove primeiros meses de 2011, pero un 15,4 % menos que o ano anterior...Segundo a Asociación Española de Banca (AEB).>
Sempre gañan.
*SPAIN(www.v.navarro.org)<O BCE, o lobby da banca.Para que serve un banco central? Unha das actividades que un Banco Central realiza nun país é imprimir diñeiro, e con el comprar a débeda pública do seu Estado, e con iso baixar os intereses que teña que pagar o seu Estado para poder vender os seus bonos públicos. Deste xeito, cando os mercados financeiros queren especular sobre o prezo de tales bonos públicos...entón o banco central fai funcionar as súas imprentas e produce moeda coa cal comprar a súa débeda pública, defendéndoa fronte á especulación. Isto é o que fai un banco central digno do seu nome...O problema coa débeda pública dos países da Eurozona é que os seus bancos centrais non poden imprimir diñeiro nin tampouco poden comprar a súa débeda pública. Os Estados están totalmente desprotexidos. Por iso é polo que todos (desde Grecia ata Alemaña) teñen ou terán problemas coa súa débeda pública.O único banco central que pode imprimir diñeiro é o Banco Central Europeo (BCE). Pero o problema con este BCE é que non actúa como un banco central, é dicir, non compra os bonos públicos dos Estados membros, nin tampouco presta diñeiro aos Estados. O famoso artigo 123 do seu Regulamento dio moi claro. O BCE non poderá comprar débeda pública dos Estados. Estes están totalmente desprotexidos. Non poden facer nada fronte á especulación dos mercados financeiros.Os que si, en cambio, poden pedir prestado diñeiro ao BCE, son os bancos privados, e pódeno conseguir a uns intereses baixísimos, ao 1,25%. En cambio, os Estados teñen que pedir prestado diñeiro aos bancos, pagando uns intereses elevadísimos, ata do 7% como é o caso de Italia (en España é o 6,5%). Este arranxo é unha bonanza para os bancos privados. Conseguen diñeiro facilmente do BCE e con iso compran bonos públicos que lles producen unha rendibilidade do 6% ou do 7% do que compran. O BCE actúa deste xeito, privilexiando aos bancos privados sobre os Estados, transformando o BCE nun lobby da banca.Como consecuencia desta situación, os Estados téñense que endebedarse máis e máis, debendo moito diñeiro aos bancos privados.A débeda pública destes Estados foi crecendo, non porque o seu gasto público vaia crecendo (como os autores neoliberais erroneamente indican), senón porque cambiaron de banco. En lugar de conseguir diñeiro do seu propio banco central, agora teñen que pedir prestado diñeiro dos bancos privados...E aí está a raíz do problema. Deseñouse un sistema na Eurozona en que os Estados dependen da banca privada para conseguir diñeiro...Os bancos fórranse a costa do endebedamento dos Estados...o BCE ao romper co espírito do famoso artigo 123, comprando débeda pública aos Estados,como España e Italia, puxo como condición que os salarios e a protección social diminúan, acentuando a necesidade de privatizar o Estado do Benestar, tanto as súas transferencias públicas como as pensións, así como os servizos públicos como a sanidade...o descenso dos salarios aumenta o endebedamento da poboación (o cal é bo para a banca) e por outra, a privatización das transferencias e dos servizos do Estado do Benestar é a generalización da desexada privatización das pensións públicas e a privatización da sanidade, o soño da banca e das compañías aseguradoras. E estano conseguindo.>
Sobre a gran estafa.
*MUNDO(cartamaior.com:11-12-11)Joseph Stiglitz(Prêmio Nobel de Economia 2001):< "A Europa e o euro caminham para o suicídio"...Agora propõem o que chamam de uma “união fiscal”, que, na verdade, é só a imposição de maior austeridade. Reclamar austeridade agora é uma forma de assegurar-se que as economias colapsem. Creio que o esquema que a Alemanha está impondo ao resto da Europa vai conduzir à mesma experiência que a Argentina teve com o FMI, com austeridade, PIB caindo, magras receitas fiscais e, por isso, a suposta necessidade de reduzir mais o déficit. Isso gera uma queda em espiral, que conduz a mais desemprego, pobreza e aprofunda as desigualdades. O déficit fiscal não foi a origem da crise, mas sim foi a crise que acabou gerando o déficit fiscal...O BCE torna as coisas ainda mais complicadas, porque tem o mandato de preocupar-se somente com a inflação, quando, em troca, o crescimento, o desemprego e a estabilidade financeira importam muito mais agora. Além disso, o BCE não é democrático. Podem decidir políticas que não estão de acordo com o que os cidadãos querem. Basicamente, representa os interesses dos bancos...principal problema é ter criado um marco econômico a partir do qual a democracia ficou subordinada aos mercados financeiros.>
O suicidio da democracia.
*MUNDO:(elpais.com:15-12-11)EE UU declara o final da guerra en Iraq coa arriada de bandeira...Obama asegura que o país está agora mellor que con Sadam...A Casa Branca calcula que cando a guerra acabe custaría un billón de dólares...Iraq, oito anos e medio despois...100.000 iraquís(The Lancet elévao a máis de 600.000) e 4.484 soldados de EE UU morreron na guerra, acabada 8 anos e medio logo de gañada.>
A sangue e lume.
*MUNDO(publico.es:16-12-11)<Os relixiosos de Holanda abusaron de entre 10.000 e 20.000 menores.Foron vexados desde 1945 por uns 800 membros da Igrexa, segundo o último informe presentado hoxe por unha comisión independente que investigou estes delitos...os abusos abarcan un amplo espectro, desde "contacto físico, ata penetracións", das que estimou que se produciron "unhas 1.000"...A comisión concentrouse en internados, orfanatos, seminarios e outras institucións da igrexa católica onde os nenos correron un maior risco de ser violados...O informe baséase nun estudo de campo realizado sobre 1.800 denuncias de abusos no foro das institucións católicas, habendo identificado a 800 dos culpables. Ao redor de 100 deles están aínda vivos...Segundo a "Comisión Deetman", que iniciou as súas investigacións en agosto de 2010, a cultura dentro da Igrexa católica rexíase pola lei do silencio respecto dos casos de abusos, a pesar de que tiña coñecemento dos feitos. >
Sobre ista pedra...
PREGUNTA:Si Feijó009, no seu programa decía que Galicia non podía ter en 2009 mais de 189.000 parados, culpa do bipartito e Zp... como dous anos despois conseguíu o milagre de chegar a ter 330.000 parados.?