06/04/12

As regras do xogo, a ética do PP, e a repugnancia de Gerardo Conde Roa.

Á extensa lista de corruptos que o PP tivo e ten nas súas filas, hai que engadir un nome máis: Gerardo Conde Roa, alcalde de Santiago.
A historia nos xornais:
<O extenso expediente que a Axencia Tributaria remitiu á fiscalía e motivou a súa querela por fraude fiscal de 291.000 euros sostén que o alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, si cobrou aos clientes da súa promotora o IVE que logo evitou pagar a Facenda durante o exercicio 2010. A denuncia que presenta o ministerio público detalla como o rexedor compostelán "consciente, voluntariamente e con ánimo de defraudar á Facenda Pública" deixou sen declarar 291.289,43 euros do IVE correspondente á venda de 61 vivendas de protección oficial en Santiago, polas que a súa promotora Geslander Proxectos de Edificación SL, ingresou ese ano 4.059.142 euros. A sociedade inmobiliaria "da que Conde Roa é administrador único" só declarou 9.521 euros dos 300.810 euros que lle correspondía pagar. Co que Geslander debe 291.289 euros á Axencia Tributaria. A Axencia Tributaria intentou en balde e por dúas veces notificarlle as actuacións ao propio interesado que figuraba como "destinatario descoñecido". O 5 de maio de 2011, 17 dias antes das eleccións municipais que aúparon a Conde Roa á alcaldía de Santiago, por fin Facenda deu con Conde Roa e fixou unha primeira reunión para o 30 de maio, cando o dirixente do PP xa esperaba a tomar posesión no goberno local logo de gañar as eleccións por maioría absoluta.>
"No puedo pronunciarme sobre algo que no conozco”,“Tranquilo, pero un poco decepcionado”-dixo para definir a súa actual situación-“un poco diabólica"-“Cuando yo ejercía de abogado, las reglas de juego eran otras distintas. No era pensable que un medio lo publicase antes de que el querellado recibiese la notificación”-queixouse-“Confío absolutamente en la justicia y cuando lo haya analizado tendré que adoptar las medidas oportunas”,“¿Ha defraudado a Hacienda?”-volveu a repreguntar o entrevistador-“Depende de cómo se computen, depende de en qué momento se haya efectuado. De todos los factores que hay que conocer para saber cuál es la base de la querella”.
Mente a conciencia tamén, porque coñece perfectamente o asuntiño desde o 14 de marzo deste ano, 2012 cando ante a negativa de Facenda a rebaixar a contía do que debía, o rexedor asinou a folla de conformidade pola que recoñecía a débeda de 291.000 co fisco polo IVE da venda dos 61 pisos.
E a pesar de que na dirección do PP galego sabían, porque xa o publicaron os diarios, que Conde Roia recibira 18 notificacións de embargo por parte da Axencia Tributaria entre abril de 2010 e marzo de 2011, e coñecían tamén que esqueceu pagar o Imposto de Bens Inmobles polo edificio da súa construtora, máis de 7.000 euros, ao seu propio Concello cando exercía de oposición municipal, foi o candidato elexido para a Alcaldía. Un home sin tacha para o PP, o seu código ético, e a súa transparencia.
E a pesar do anterior e de que todo o PP galego sabe que Conde Roa ten o seu salario de alcalde embargado e apenas recibe 900 euros dos 3.300 que figuran na súa nómina, Feijó009, Rueda e demais, non teñen nada que dicir:     a lei do silencio.
A vida ten esquinas, e á volta dunha delas, de que Don Gerardo pronunciase a súa repugnancia polo traballo de Leo Bassi, da súa censura para que non actuase no  "seu" teatro, coa compracencia silenciosa de todos os dirixentes e militantes do PP, atopamos que quen dixo o que dixo e censurou, é un defraudador e un mentireiro. Iso sí con maioría absoluta e co aval dos votos.
A repugnancia hoxe encárnaa Gerardo Conde Roa e quenes permitiron e permiten que siga na vida política.
Teñan coidado aí fóra¡

31/03/12

Feijó009 e Rajoy teñen ideas para rematar co paro:Ás "mangueritas".

En vésperas da folga xeral, Feijó009,  anunciou nunha intervención no Parlamento, un novo plan dotado con 30 millóns de euros para estimular a creación de emprego nos concellos que rexistran as cifras máis elevadas de paro. O Goberno galego ten previsto aprobar, na reunión semanal do Consello da Xunta  o bautizado como Plan 500, que beneficiará a unhas 44.000 persoas nos concellos que teñan rexistrados máis de 500 desempregados, algo máis de 90 en Galicia, pois será neles onde se concentrará o investimento.
Ou Feijó009  non sabe a regra do tres, ou anda despistado cazando coellos imaxinarios. O que sí é seguro é que non anda coa "manguerita" apagando os lumes que no mes de Marzo teñen mais queimado este país que o Meco do pasado Entroido.
Esquecido xa o seu Contrato electoral para rematar co paro en 15 días 15, presentou no anterior debate da Autonomía a máxica solución para os problemas do país: a fusión dos concellos de Oza e Cesuras. Das Deputacións non sabe e non contesta pero ademais ten a mais de cincoenta alcaldes do PP en pé de guerra.
Estimulado polas súas luminosas ideas, pensa agora, en rescatar do paro a 44.000 persoas con 30 millóns de euros. Dado que o número de parados alcanza en Galicia 275.000 (e xa pasaron mais de quince días), a pregunta é: porqué en lugar de 30 non inviste 180 millóns e resolvería todo o problema?
Rajoy tamén ten ideas. Mentres premia aos defraudadores cunha amnistía fiscal, coa Reforma Laboral pretende crear emprego, pero no orzamento para o 2012, desmíntese a sí mesmo...<O recorte orzamentario cébase coas políticas activas de emprego. Recortará en 1.557 millóns unha partida que en 2011 ascendeu a uns 7.600 millóns, segundo anunciou o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. É dicir, redúcese en case o 21'2% o diñeiro para a formación de parados, a procura de emprego para quen non o ten ou a redución de cotizacións sociais para o empresario que contrate. Xunto a esta medida, o Executivo tamén recortou en 67 millóns a dotación ao Fondo de Integración de Inmigrantes, tamén dependente de Emprego...esta decisión camiña en dirección oposta a todas as recomendacións dos organismos internacionais (FMI, OCDE, OIT). Segundo a opinión destas institucións, a mellor protección contra o desemprego non é a que paga sen máis unha prestación ao parado, senón a que combina esta paga coa formación para a reciclaxe e a procura dun traballo>.
Nos queren facer parvos.
Teñan coidado aí fóra¡