13/01/13

TOCANDO O TROMBÓN

O Presidente da Xunta atopou por fín a fórmula maxistral, o pano onde limparán as bágoas tantos masacrados pola estafa política que pperpetra día trás día, o seu ppartido:"Tomar ejemplo de nuestros padres y abuelos que en tiempos de dificultades se quejaron menos y trabajaron más".


Contra o sufrimento...aceite de ricino.
Non conta que tamén emigraron, sufriron unha dictadura política asesina, coarenta anos, para hoxe, coas súas pensións de miseria ser os que manteñen a moitas familias, en paro.
Son formas curiosas de entender a vida, Presidente.
Tomemos exemplos dos que siguen a máxima de Feijóo e sufren sin queixas e traballan mais.
Juán José Güemes, "exconsejero de Sanidad de la Comunidad de Madrid" que continuando a larga lista de altos cargos peperos , forman agora nómina das empresas concesionarias das privatizacións que perpetraron. O "niño bonito de Espe", pertence a Unilabs España, empresa que xestiona as analíticas de seis hospitais madrileños...que él privatizou. Lasqutty o seu sucesor é o que hoxe segue privatizando.
Como Rodrigo Rato, que despois do seu brillante paso por Bankia, e polo FMI, ficha por Telefónica, privatizada curiosamente por él e o seu ppartido.
Telefónica que tamén acolleu na súa familia a Urdangarín, un home honesto que engade aos seus delitos, fraude fiscal, con testaferros suizos para evadir impostos.
Da "amiga real" Corinna, cazadora de elefantes, que aparece misteriosamente nos correos, non falemos. Xa se sabe que o cortello e moi acolledor.
Moi traballadora é Cospedal que no 2011 declarou 165.631 euros de nóminas, mentres o seu marido tamén forma parte de outra empresa que está detrás das privatizacións sanitarias. Os deputados do seu parlamento quedaron sen nómina, unha forma de recortar para que fagan política os ricos, como debe ser.
Traballador sin tacha é Baltar que nunca se queixou de nada, e tocaba o trombón. Agora, está imputado por 104 contratos que costaron 600.000 euros, para comprar a candidatura do seu fillo e sucesor na Deputación de Ourense, a que mais porteiros e bedeles ten do Estado. Rajoy dixo: Baltar é o PP. E eu non teño mais que engadir.
Carromero é un tipo que viaxa para coñecer mundo. Despois da súa viaxe por Cuba, xa está libre. Outros como David Reboredo están na trena. Carromero volve ao seu posto de Asesor Técnico no concello madrileño onde ten unha nómina de 50.4774 euros, sen queixarse.
E para mais exemplos "La Voz de Galicia" de hoxe, que co seu fino sentido humorístico, retrata unhas declaracións de María Corina Machado( vai de Corinas), deputada opositora a Chávez:" El destino de los venezolanos lo deciden extranjeros".
Ten que falar co ministro Guindos, para recibir unhas clases de independencia: En Venezuela hoxe non manda o FMI. En Spain, Portugal ou Grecia sabemos moi ben quen manda. O trombón.

12/07/12



SITUACIÓN DA CULTURA EN VIGO a 12-07-12.
Parte para a Concelleira ISAURA ABELAIRAS(desaparecida)(PSOE) nun ano de goberno:



-PECHE DO ARQUIVO PACHECO.
-PECHE DO MUSEO ETNOGRÁFICO LISTE.
-PARALIZACIÓN DO CENTRO GALEGO DE FOTOGRAFÍA(co edificio xa rematado).
-Sen novas do ARQUIVO KSADO xa comprado e da volta do ARQUIVO LLANOS.
-Nos meses de verán redución dos horarios da Pinacoteca, Verbum, Castrelos, Castro, Toralla, etc. etc.
-Sen novas do Proxecto Museístico da cidade.(Proxecto rematado e non iniciado).
-Desaparición para a concellería da SEMANA DO TEATRO AFECCIONADO.
-Desaparición do VIGO A ESCENA.
-Desaparición do FESTICLOWN.
-Desaparición do Festival VIGOTRANSFORMA recollido polo Concello de Nigrán como PORTAMÉRICA.
-Redución orzamentaria no ALT e no IMAXINA SONS. O SINSAL sen aportacións.
-A vinte días das Festas da cidade, sen programa, sen mais novas que o concerto de Sabina-Serrat no Ifevi e de pago. A aportación do concello 256.000 euros mais gastos de aluguer e produción.Contratado a través dunha empresa de Madrid.
-Despois da posta en marcha da 1ª Biblioteca de Barrio no Calvario sen novas doutros proxectos nin da Biblioteca do Estado.
Proxecto ESPELLO DA MEMORIA( Paneis con fotos das rúas da cidade noutros tempos): Só queda o da Porta do Sol no estado das imaxes. Os outros foron cortados pola súa base e retirados).
A cultura ademais de enriquecemento e lecer, crea moitos postos de traballo.
Continuará?