09/02/13

Milagres da historia


O Concello de Vigo di que a Cruz do Castro non é un símbolo da ditadura e non a eliminará:

«A Cruz do Monte do Castro é iso, unha cruz. Non é un símbolo dá Ditadura, é un símbolo relixioso, basicamente cristián, que o Pleno do Concello de Vigo, por unanimidade, na súa condición de máxima representación dos cidadáns, ten considerado desde ou ano 1981 como unha imaxe que, co desexo de que non existan vencedores nin vencidos e non volva outra guerra fratricida mostre a andaina dun país cara á democracia, á liberdade e á paz. E cara á grandeza dunha convivencia constitucional». É a resposta do Concello de Vigo, asinada polo secretario municipal, á Asociación Viguesa pola Memoria do 36, tras a sentenza dun xulgado obrigando ao Concello a contestar a esta asociación. A Cruz do Castro foi inaugurada polo ditador Francisco Franco en setembro de 1961 con obxecto de recordar aos «caídos por Deus e por España». Todo este conxunto escultórico estivo durante moito tempo infestado de alusións ao bando franquista, o que se sublevou contra a Constitución de 1931.

27/01/13

5.965.400


5.965.400...parados.
 O PP vende chourizos, milagres, paranoias e volatilizacións.
Milagre: 5.965.400 parados... Grazas a unha reforma laboral sobre a que  Fátima Bañez, ministra do paro, dí que o seu principal obxectivo é "frenar el ritmo de destrucción de empleo y se está logrando, pese a los malos datos".
Paranoias:  Escoitar a  El Rey, coa súa permanente neutralidade bobónica, loubando as profundas reformas de Rajoy.
Chourizos: Ángel Sanchís, Rosendo Naseiro y Luis Bárcenas. Responsables das finanzas de Alianza Popular e o Partido Popular desde 1981 ata 2009. Tres homes feitos a sí mismos e con moita fortuna. Rematará o caso Bárcenas como o caso Naseiro, arquivado por defectos de forma e coas investigacións parlamentarias rexeitadas por maioría absoluta?.Paranoias: Xa non están no PP. O PP ten as máns limpas. Ningún corrupto nas súas ringleiras. Milagosamente volatilizados. Ni zaplanas, ni fabras, ni camps, ni matas, ni baltares, ni albertoviejos,... paranoias.
O ministro Montoro dí que Bárcenas non está na lista de amnistiados polo seu goberno: 29.065 persoas físicas que repatriaron diñeiro ou afloraron fondos ocultos no interior, e 618 persoas xurídicas, empresas ou sociedades. Respetables defraudadores. Bárcenas non existe. Montoro non dí si cobrou sobres. Fala da súa declaración de Facenda, como o PP fala da contabilidade A. Paranoias.
Urdangarin consultaba cada paso ao secretario das infantas, Carlos García Revenga, quen á súa vez ocupaba o cargo de tesorero no Instituto Nóos aínda que de xeito simbólico. Urdangarin expoñía ao secretario das infantas os seus plans para poñer en marcha Nóos: a empresa, non a asociación sen ánimo de lucro que en catro anos obtivo seis millóns dos gobernos balear(PP) e valenciano(PP): pois volatilizado da páxina web da casa real.
Definitivamente Spain pode ser volátil.Dame lume.