06/04/13

"LA INFAMIA SE ACABÓ"


As fotos de Feijóo son iso, fotos e antigas. Teñen mais de vinte anos.Era un tenro varón, escomenzando unha carreira política. Nin militaba. Un home sen tacha.Brillante. Carreira fulgurante. A diferencia da opacidade do seu partido reaccionou con celeridade e transparencia.
E así ata o infinito. Estes días son a demostración de ata onde pode chegar o poder político, sen vergonza, sen ética: As fotos non teñen relevancia xurídica. É unha vítima. Non houbo relacións mais que de ocio, ou mesmo pedindo censura para a prensa. Os chamados xornalistas, eses que un dos seus colegas chamou "sobre-cojedores", afirman día tras día os mesmos argumentos. Alfonso Rojo,Justino Sinova,Blanco Valdés, Fernando Ónega, Xosé Luís Barreiro, Pablo Acción, etc.etc. Este último chega a decir, na TVG que non é un problema ético senón estético. Ata desculpan o contrabando de tabaco. Sobre as estreitas relacións de AP e PP cos señores da mafia, sobre as relacións de cartos e cargos, non hai nada. Poucos medios poden demostrar equidade.
Noutros casos cuspen lume, mentindo e manipulando fotos e datas, manipulando eleccións e votos. Claro que isto xa é costume.
É unha evidencia que ninguén acusa a Feijóo de contrabandista, senón xustamente, da súa relación de ocio con eles. Outros paises viron como cargos políticos dimitiron por copiar teses doctorales, amañar multas de tráfico, ou por relacións pouco edificantes. Neste país son méritos. Así de noxenta é a política e a prensa española.
HISTORIA DUNHA INFAMIA
(colleita de xornais e proposta de película)
Foron amigos durante uns anos, e un acabou á fronte do Goberno galego e o outro no cárcere por narcotráfico. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, do PP,mantivo a mediados dos anos noventa, mentres ocupaba altos cargos nos Gobernos galego e central, unha estreita amizade co histórico contrabandista Marcial Dorado Baúlde. Entón Dorado xa era moi coñecido polas súas actividades como un dos xefes do contrabando de tabaco en Galicia, e Feijóo ocupaba destacados postos na Administración sanitaria, primeiro na autonómica e logo na estatal. A relación incluíu invitacións a Feijóo á casa e ao barco de Dorado, ademais de viaxes que realizaron xuntos. Antes de coñecer a Alberto Núñez Feijóo, Marcial Dorado xa era un habitual nos xornais por asuntos como a chamada "peseta connection".
Naquela época o contrabandista fora detido dúas veces: en 1983, na primeira gran redada contra o negocio ilegal do tabaco nas Rías Baixas, e en 1990, por orde do xuíz Baltasar Garzón, dentro da Operación Nécora, aínda que logo o excarcelaron e non chegou a ir xuízo. Anos despois da súa relación con Feijóo, Dorado foi arrestado por narcotráfico e agora mesmo atópase no cárcere cumprindo unha condena a 14 anos.
Feijóo e o contrabandista coñecéronse a través do que foi durante anos testaferro deste último nos seus múltiples negocios, Manuel Cruz López- logo falecido en accidente de tráfico, e imputado polo xuíz Grande Marlasca- militante do PP en Ferrol e chofer oficial de conselleiros da Xunta como José Manuel Romay Becaría, principal impulsor da ascendente traxectoria de Feijóo como xestor na Administración e da súa meteórica carreira política ata o seu nomeamento como sucesor de Manuel Fraga en 2004. Mentres frecuentaba a mansión de Dorado para falar de negocios, atendía as súas ocupacións máis públicas como chofer de destacados políticos galegos do PP, compra os Astilleros Hércules, SL, filial de Astafersa, unha empresa vinculada ao que fose conselleiro da Xunta de Manuel Fraga, Juan Fernández, para o que ademais traballou de chofer.O amigo de Feijóo implicouse de cheo en varias das empresas de Marcial Dorado no fornezo de petróleos a hospitais, como é o caso de Petrogalicia, SL ou Xatevín, SL, que xestionaba unha gasolinera en Caldas de Reis e outra na Illa de Arousa, no porto deportivo. Cruz tamén entablou relación nos noventa con outro destacado dirixente do PP en Galicia, Juan Juncal, exalcalde de Ferrol e actual senador, que exerceu de asesor e apoderado de Cruz na compra dunha empresa. Anfra Sistemas era unha empresa inactiva; "las empresas inactivas se compran y se venden", explicaba fai tres anos o senador do PP sobre aquela operación. Anfra Sistemas está baixo a lupa da Audiencia Nacional na causa contra Dorado por blanqueo. Juncal sostén que se decatou logo das estreitas relacións do seu cliente co entón contrabandista. Adquiriu a través dela outra firma, JF Oil, unha sociedade que xestionaba gasolineras na provincia de Pontevedra. Quen lle vendeu a Cruz JF Oil era tamén alguén vinculado ao PP: Evaristo Juncal Carreira, un enxeñeiro da Xunta que desde os anos noventa foi socio de polo menos unha decena de empresas de explotación de gasolineiras, minicentrales, piscifactorías, viñedos e negocios inmobiliarios. Cos anos, Evaristo Juncal Carreira terminou sendo presidente do partido no municipio pontevedrés de Caldas de Reis, candidato á alcaldía polo PP e delegado territorial de Urbanismo en Pontevedra do Goberno de Feijóo. Cando se publicou que tres das súas sociedades acabaron en mans de persoas moi próximas a contrabandistas e capos históricos do narcotráfico, o presidente da Xunta o destituí.
Cando coñeceu ao contrabandista, Feijóo tiña 34 anos, vivía en Santiago e era o número dous da Consellería de Sanidade que dirixía Romay. A súa amizade con Dorado mantívose uns meses logo da marcha do actual presidente galego a Madrid, reclutado polo propio Romay para dirixir o desaparecido Insalud. O entón prometedor alto cargo empezou a acompañar a Cruz nas súas asiduas visitas á espléndida mansión de Dorado na Illa de Arousa (Pontevedra), onde se celebraban comidas e reunións ás que asistía persoal de confianza do contrabandista, incluso algúns mandos uniformados.
A amizade entre o político e o contrabandista foise estreitando. Entre 1995 e 1998, Feijóo acudíu durante os veráns a outra casa que Dorado tiña en Baiona, preto de Vigo. Nestas escapadas non faltaba o paseo a bordo do yate que o empresario tabaquero tiña atracado no Clube Náutico desta localidade turística. Nalgunhas desas excursións participou tamén a que era entón a parella do que chegaría a ser xefe do Goberno galego. A afección de Dorado polos barcos de recreo levou a Feijóo a pasear a bordo dun dos yates insignia do contrabandista, o Oratus, que tiña fondeado en Ibiza. Esta embarcación sería intervida anos despois nunha operación contra o branqueo de diñeiro, trala detención de Dorado en relación cun cargamento de seis toneladas de cocaína, en outubro de 2003.
Cara a 1997, en canto tivo novas de que a Audiencia Nacional abrira unha investigación a Dorado por unha suposta operación de contrabando, o presidente galego afirma que cortou toda a relación con él e que desde entón nin se volveron a ver nin falaron nunca.

http://www.publico.es/452949/las-increibles-excusas-de-feijoo-por-su-relacion-con-marcial-de-la-isla

Pero Feijóo non rompeu do todo con Dorado en 1999, como asegura o xuíz Vázquez Taín que confirma que o presidente da Xunta falou polo menos nunha ocasión por teléfono co narcotraficante entre 2001 e 2003, aínda que se tratou de algo "intrascendente".
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non se cansou de repetir esta semana que a súa relación co narco Marcial Dorado, destapada por fotografías das súas vacacións xuntos, foi froito da súa "inxenuidade" nos anos noventa, cando descoñecía que o seu compañeiro de lecer era un contrabandista de tabaco perseguido pola xustiza. Con todo, o xuíz que encarcelou a Dorado por narcotráfico anos despois, revelou onte que a policía gravou conversacións telefónicas de Feijóo e Dorado entre 2001 e 2003, uns contactos que tamén admitiu o líder do PP galego a través dun portavoce. Feijóo asegurou o pasado fin de semana que cortou a relación cando se decatou ao redor de 1997 que Dorado estaba sendo investigado por traficar con tabaco e na rolda de prensa do luns afirmou que a última vez que "viu" a Dorado foi "como consecuencia da morte" do seu amigo común, o chofer de conselleiros da Xunta e testaferro do narco Manuel Cruz, en 1999.
Taín puntualiza que foron moitas, e non recorda cantas conversacións entre Feijóo e Dorado: "É imposible recordar o número, pero carecían de absoluto interese porque eran chamadas nun contexto de lecer ou para felicitar o Nadal, algo que encaixa co talante de Marcial, e como esas había centos que se escoitaron pero sen ningunha validez para a causa".
Nas eleccións autonómicas do 2009, o PP fixo circular unha imaxe do entón vicepresidente da Xunta, o nacionalista Anxo Quintana, no iate dun empresario que recibira contratos da Xunta. Mariano Rajoy chegou a pedir a demisión de Quintana por esa foto. Unha das frases de Feij009 publicadas entón en relación a esta imaxe: "o Goberno non se pode fotografar con malas compañías" e "o Vicepresidente ten que dimitir".

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/02/25/00031235566369928144825.htm

O conselleiro Alfonso Rueda,-responsabel da campaña das eleccións do 2009- e a prensa próxima ao PP, contan que as imaxes de Feijóo son "de fai 20 anos cando en ningún caso tiña responsabilidades de goberno como as que ten agora" e que as de Quintana "son dun vicepresidente cando era vicepresidente cun empresario que despois recibiu importantes contratos dese goberno", un extremo que sempre foi negado polo exportavoz nacional do BNG, xa que dita foto fíxose un ano antes de ser vicepresidente e cinco do concurso eólico, no que o empresario quedou no octavo lugar con coarenta empresas mais.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/01/galicia/1364820242_005539.html

http://politica.elpais.com/politica/2013/04/05/actualidad/1365182935_655920.html

*Sobre ás relacións PP-contrabandistas e narcos:

http://www.farodevigo.es/sucesos/2010/12/29/narcos-tabaqueros-populares/504388.html

http://galiciaconfidencial.com/nova/13828.html

*O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, respondeu en roda de prensa no Parlamento de Santiago ás preguntas sobre a súa relación co narcotraficante Marcial Dorado. Pero as explicacións de Feijóo deixan sen aclarar diversas cuestións. Estas son as principais:

http://www.infolibre.es/noticias/politica/2013/04/01/los_puntos_oscuros_una_relacion_bajo_sospecha_1837_1012.html
(CONTINUARÁ...)


18/02/13

O ESTADO(CORRUPTO) DA NACIÓN: A PIRÁMIDE MAFIOSA


"Hace 30 años, España era un régimen autoritario": dixo Rajoy á prensa internacional, continuando ca aldraxe de calificar o franquismo desta maneira tan fina. Nada de golpe de estado, dictadura, asasinatos, desaparecidos, ou represaliados. Son fillos dese réxime, que hoxe continúan cunha falsa democracia apodrecida, a súa medida, que usan para o seu enriquecimento persoal, empobrecendo e esclavizando á maioría social, nunha alianza de banqueiros corruptos, políticos corruptos e empresarios corruptos, sen escrúpulos, apoiados pola maioía dos medios de desinformación. A pirámide mafiosa, unha familia únida moi patriótica, agradecida ao "atado e ben atado", que sentenciara o dictador. E sempre coa complicidade hipócrita dun PSOE que ten tanta corrupción nas costas, como alianzas e pactos co capital cando goberna.
Os papeis de Bárcenas-Gürtel demostran como é a rede mafiosa que dirixe este Estado, desde a mal chamada transición. Teñen o poder de apartar da xudicatura a Garzón, o que destapou a rede, e continuar como campións da decencia e da democracia. Con total desvergonza o presidente Rajoy manifesta: "El PP es pionero en la lucha contra la corrupción". Outra mentira mais que engadir o seu programa electoral, non votado: "La realidad me ha impedido cumplir mi programa electoral".
Rajoy, no 2007: “Miro mi cuenta al final de mes por que lo necesito muchísimo; tengo los problemas de todos los ciudadanos”. Ese mesmo ano a súa nómina foi de 200.000 euros. Pero no 2008, o soldo de Rajoy  medrou, foi posto ao día ou "blanqueado"?. De Cospedal alega que os incrementos salariais de Rajoy no 2008 foron “pluses electorales”, e apela ao dereito a intimidade das empresas para non revelar datos dos donantes. Sobre a suba do 27% na nómina do presidente, silencio. Mentres eles recortan e recortan dereitos, salarios e pensións, expulsan a cidadáns das súas vivendas, incrementan o paro e os impostos, e privatizan o público, para regalarllo os seus amigos. Coa "mantilla española" sempre.
O vicesecretario de Organización e Electoral do PP, Carlos Floriano, fala dos dereitos laborais (chega a chamarlle "funcionario"!) do imputado Sepúlveda, o ex da ministra confetti Mato, e a semana seguinte o despiden. Mato segue no seu posto e ten toda a confianza do presidente. Os altos dirixentes imputados do PP teñen bula para non ir o paro, e gozan de dereitos como ningún outro traballador.
Floriano e toda a dirección do PP, manteñen que Bárcenas, non traballaba no partido desde hai anos. Floriano, ao ser preguntado por qué si en 2010 rematou a relación laboral con Bárcenas e se lle seguían pagando as cotas da Seguridad Social ata finais de 2012, cando os expertos consideran que é ilegal:"no es la primera vez que se hace ni supongo que será la última. Es algo que se viene haciendo y lo hizo el PP". Non teñen ética, pero ademais xogan as agachadas. O doutor en Dereito Floriano non ten nin puta idea do que é unha fraude de lei. A ministra de Empleo, Fátima Báñez, desaparecida. Malos chistes.
<O PP intentou ocultar o salario de Bárcenas baixo a fórmula de finiquito, e ofreceu a Luis Bárcenas a comezos do 2010 un contrato indefinido a cambio de que deixase o partido. O extesoureiro aceptou o acordo, segredo ata agora, e pediu a baixa como militante o 8 de abril. Poucos días despois renunciou ao escano de senador por Cantabria. O PP pagou durante os dous últimos anos 225.000 euros anuais coas correspondentes retencións de IRPF e cotas da Seguridade Social. Esa era a suma que Bárcenas ingresaba como responsable das finanzas populares. Non se coñece ata agora que efectuase prestación laboral algunha a cambio da devandita remuneración. A relación foi como mínimo ata decembro de 2012, cando se descubríu que  tiña ata 22 millóns de euros en contas dun banco suizo>. Un pacto para comprar o silencio sobre as contas B, as aportacións privadas e sobre-soldos no partido.
Para blanquear o ministro Montoro e a súa amnistía fiscal para defraudadores mafiosos: <Según el informe remitido por la Agencia Tributaria al juez de la Audiencia Nacional Pablo Ruz, Alberto López Viejo, consejero autonómico de Madrid con Esperanza Aguirre de presidenta e Ignacio González de vicepresidente, y el exdiputado regional madrileño del PP Alfonso Bosch, figuran en la lista de siete imputados en el "caso Gürtel" que regularizaron sus cuentas con Hacienda por la vía ordinaria. Se une así al extesorero del PP, Luis Bárcenas --que según sus abogados regularizó 10,9 millones de euros de sus cuentas en Suiza a través de la sociedad Tesedul--, y al constructor Alfonso García Pozuelo, que habría blanqueado medio millón de euros de una cuenta que tenía en el banco Merryll Lynch en Nueva York. La lista de imputados que hicieron regularizaciones con Hacienda por la vía de declaraciones complementarias y sustitutivas se completa con los empresarios Amando Mayo Rebollo, José Ramón Blanco Balín, y el grupo Begar --del imputado José Luis Ulibarri--.En total, esos siete acusados de delito fiscal en la causa escaquearon en sus declaraciones tributarias un total de 9,8 millones de euros, ingresos que sólo reconocieron a posteriori.>
Pero todavía mais:<El magistrado instructor del caso Gürtel ha pedido a la Fiscalía que investigue si, como dejan entrever los "papeles de Bárcenas", los conservadores pudieron obtener beneficio propio de la primera privatización del sistema sanitario de Madrid instigada por la expresidenta de la Comunidad, Esperanza Aguirre...el conjunto de obras en materia sanitaria adjudicadas por la Comunidad de Madrid", haciendo "especial referencia" a las adjudicaciones de cinco de los ocho grandes hospitales objeto de concesión, "fueron a parar precisamente a empresas que habrían contribuido con aportaciones significativas al PP">. Todo queda na casa PP. E para privatizar aparecía (o autodefinido seductor) Juán José Güemes, home do Opus, da equipa de Rato e Aguirre, casado con Andrea Fabra, (que se jodan), filla de Carlos Fabra o cacique de Castellón.
"Amiguitos del alma", unha panda moi familiar: Matas, Camps, Urdangarín, Corinna, Correa, Naseiro, Crespo...e outros como os expresidentes Aznar ou Felipe, que despois das privatizacións de empresas públicas, cobran os seus intereses nun retiro de ouro.
Igual que os que arruinaron o sistema financeiro, pero sacaron tallada: <Miguel Fernández Ordóñez, exgobernador del Banco de España hasta junio pasado, defendió este jueves su actuación en la crisis de Bankia durante las tres horas y media que duró su comparecencia en la Audiencia Nacional. Ordóñez argumentó que “perdió totalmente el control” en los últimos días de la crisis de Bankia (entre el 17 de abril y el 7 de mayo) por la intervención del ministro de Economía, Luis de Guindos, que cambió sobre la marcha las exigencias de capital. Dijo que desde abril intentó cambiar a Rodrigo Rato, expresidente de Bankia, que el Banco de España “no confiaba en él” porque “no era la persona adecuada ya que carecía de la experiencia bancaria suficiente”>. E mais por casualidades:<Antonio Carrascosa é o director xeral do FROB. O FROB é hoxe o dono de Novagaliciabanco, un banco nacionalizado. Antes de desembarcar no sector público, Carrascosa traballou na empresa privada. Con quen? Con Luis de Guindos. Onde? En Pricewaterhouse Coopers, a auditora que avalou as preferentes. A mesma empresa que agora decidirá que vítimas do calote das preferentes se poderán acoller á arbitraxe e cales, non>.
Amigos tamén, e moi patriotas, son os empresarios da CEOE, sempre dispostos a erguer a bandeira "rojigualda".<El ex presidente de la CEOE Gerardo Díaz Ferrán, el autor de la mítica frase "hay que trabajar más y cobrar menos", se embolsaba 100.000 euros mensuales de dinero negro por la venta de viajes Marsans del 'liquidador' de la empresa Angel de Cabo. "Yo iba a una sucursal de La Caixa en Valencia a sacar esa cantidad, guardarla en una mochila y dársela al propio Díaz Ferrán", declaró al juez de la Audiencia Nacional José Vicente Semper, antiguo empleado de De Cabo. Su testimonio figura en el sumario de la causa por delito de alzamiento de bienes y blanqueo de dinero por el que están en la cárcel desde el pasado 5 de diciembre tanto Díaz Ferrán como De Cabo>.
O actual nº 2 da CEOE e presidente de la patronal madrileña (CEIM), Arturo Fernández (Amigo íntimo de EL REY e de Esperanza Aguirre), que supostamente paga en negro parte do salario dos seus traballadores, ten moitos contratos con organismos públicos: Congreso, Asamblea de Madrid, RTVE, etc...<el grupo hostelero de Arturo Fernández tiene al menos 16 reclamaciones administrativas de la Seguridad Social por un importe total superior al medio millón de euros, concretamente por 544.215 euros. debe 2,7 millones de euros a Turespaña, sociedad estatal que depende del Ministerio de Industria y además el Grupo Cantoblanco Catering Service S.L. debe dos millones de euros más a Ifema, el Instituto de Ferias de Madrid, del que se adjudicó el servicio de catering.Pero es que además Fernández pertenece al comité ejecutivo del Ifema desde julio de 2.010, cuando fue elegido presidente de la Cámara de Comercio de Madrid. A su vez la Cámara de Comercio posee el 33% de las acciones de IFEMA, el mismo porcentaje que el ayuntamiento y la Comunidad de Madrid, y Bankia posee el 7%. Cabe recordar que Arturo Fernández también fue consejero de Bankia hasta su quiebra y nacionalización. Desde el 2010 tiene una deuda con el IFEMA sin que hasta el momento nadie se la haya reclamado. Gran donante de FUNDESCAM a fundación que pagou á Gürtel a campaña de Esperanza Aguirre>.
Arturo ten contratada na patronal madrileña, á muller de Ignacio González presidente da Comunidad de Madrid.
<Las administraciones públicas llevan años acumulando problemas con las concesiones de Arturo Fernández, aún presidente de la patronal madrileña. Según avanzó El Economista, Turespaña, donde Esperanza Aguirre se reincorporó durante unos meses cuando dejó la presidencia de Madrid, le reclama una deuda de 2,7 millones de euros... la exigencia mínima para acudir a los concursos públicos es hallarse al corriente de pago con las Administraciones Públicas y ser solvente>.
En Galiza non pasa nada. Feijóo da leccións en Madrid mentres en Santiago, despois de ano e medio de goberno do PP <La juez de Lugo Pilar de Lara, que instruye la Operación Pokémon contra la corrupción municipal, ha lanzado esta mañana una nueva redada en Santiago en la que, de momento, han sido detenidas cuatro personas en Galicia -entre ellas el concejal de Seguridade, Albino Vázquez Aldrey, del PP-, otras cuatro en Cataluña -incluido un regidor de CiU en la provincia de Girona- y una en Asturias. También se ha registrado la casa del exalcalde Gerardo Conde Roa, que dejó el cargo tras ser imputado por fraude fiscal. Además ha sido arrestado el exconcejal e exjefe de gabinete de Gerardo Conde Roa, Ángel Espadas,( o que foi sorprendido ebrio no seu coche tras quedar durmido co motor acendido ante un semáforo nunha rúa de Santiago),el empresario Jesús Fuentes, organizador de espectáculos musicales como el concierto de Bruce Springsteen en Santiago y estrechamente ligado a Espadas, y el gerente de Aquagest, la firma de gestión del agua en Santiago, José Luis Míguez. Todos ellos están acusados presuntamente del reparto de sobornos.Conde Roa dimitió como alcalde de Santiago el pasado mayo por otra imputación judicial, después de que el fiscal se querellase contra él por evadir a Hacienda 291.000 euros correspondiente al IVA de unas viviendas que vendió como promotor y nunca ingresó en la Agencia Tributaria>. Por Ourense tamén ben: <al delegado de la Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, procesado por estafa, malversación de fondos públicos y falsedad documental. La máxima autoridad de la Xunta en esa provincia ya había sido condenado en sentencia firme por la Audiencia Nacional a devolver fondos cobrados de la Unión Europea por obras “inexistentes”, a través de un complejo entramado de empresas, sociedades y grupos de acción local, mientras era alcalde de Arnoia. Y ahora vuelve a sentarse en el banquillo acusado de graves delitos de corrupción, sin que ni el presidente, Alberto Núñez Feijóo, ni el propio Rueda, del que depende orgánicamente, hayan movido un dedo para apearlo de sus responsabilidades políticas>.
O presidente do BCE, Mario Draghi, de visita en Madrid, aplaudíu no Congreso, as medidas do goberno, nunha sesión pechada, PECHADA (secuestrada), por decisión do presidente Jesús Posada. Luz e transparencia! A cidadanía non debe enterarse. Pero ese mesmo Presidente...<Jesús Posada, ha recibido con una sonrisa a los activistas de la Plataforma Antidesahucios hasta que les ha expulsado de la Cámara al grito de “¡Expúlsenlos, coño!”. Los promotores de la Iniciativa Legislativa Popular han empezado a gritar “Sí se puede”. La Plataforma de Afectados por la Hipoteca (PAH) consigue que su iniciativa legislativa popular sea tomada en consideración. El PP recula y anuncia ‘in extremis’ que no vetará la iniciativa ciudadana para frenar el drama de los desahucios. El sí del PP a la iniciativa legislativa es tan cínico como lo es el del PSOE. Pero, ¿alguien piensa que el Parlamento va a sancionar una ley con efectos retroactivos que anularía contratos firmados legalmente?>.
"A veces la mejor decisión es no tomar ninguna decisión y eso es también una decisión" MARIANO RAJOY