Son catro os medios monolingües galegos desaparecidos no último ano: despois do peche de A Nosa Terra, Vieiros, A Peneira, e neste día, Galicia Hoxe.
Non poden ser só as leis do mercado, as que fagan imposible un proxecto de prensa en galego, porque as mesmas leis farían imposible a existencia de calquera dos xornais en castelán, senón existiran as xugosas axudas institucionais que perceben, para servir despois de altofalantes dos grandes partidos-La Voz contra o bipartito(PSOE-BNG) é de manual- e deixando ao marxe a penosa mediocridade, por ser amable, da maioría dos xornais publicados en Galiza, que non galegos xa que perden tanto tempo incluso en traducir as entrevistas en galego, ao castelán.
O director de Galicia Hoxe, Caetano Díaz declara:”Coa chegada a Monte Pío do ‘señor das tesoiras’, no GH comezamos a escribir a crónica dunha morte anunciada. Consúmase hoxe -mentres o señor Núñez Feijóo entrega ufano as medallas Castelao, simbolo de galeguidade- o asasinato a sangue frío, con aleivosía e a pleno sol, dun periódico crítico, pequeno como a aldea de Astérix e grande no tratamento das noticias coas únicas armas da veracidade, da honestidade e do compromiso con Galicia...Galicia Hoxe desaparece porque vostede camiña diante pola corredoira do autoodio, Galicia Hoxe desaparece porque o seu Goberno lle pechou con estrondosa hostilidade as axudas que alegremente reparte noutras leiras mediáticas”.Hai poucos días, Roberto Luís Blanco Valdés, nun dos panfletos que publica en La Voz, pontificaba e pedía no nome da liberdade que xa que o Estado somos todos, na RTVG que pagamos todos, terían que falar castelán tamén. A liberdade secuestrada por estes adalides da libre empresa que levan moitos millóns de subvencións da Xunta con cartos nosos. "Se os galegos aínda somos galegos é por obra e graza da nosa lingua" dixo Castelao, afirmando quenes non eran galegos.
Supoño que os de Feijó09 , os de Roberto Luís, La Voz, El Faro e tantas empresas libres e con tanto amor por SuGalicia, non terán a indecencia de dar o pésame despois de dar os tiros de gracia.
Teñan coidado aí fóra¡
Ningún comentario:
Publicar un comentario