25/02/15

Por que Faro de Vigo silencia as demandas da veciñanza de Vigo?

http://vigodixital.opennemas.com/articulo/cidade/faro-vigo-silencia-demandas-da-vecinanza-coia/20141218141744000733.html?fb_action_ids=10204306989292454&fb_action_types=og.likes
MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Por que Faro de Vigo silencia as demandas da veciñanza de Coia?

O Concello aprobou poucos días antes de iniciar as obras na rotonda un convenio de colaboración co xornal, por un importe de 280.000 euros, para facer publireportaxes, un concurso infantil, un libro e un calendario.
Redacción | @VigoDixital |  18 de Decembro de 2014 (18:47 h.)

Acta da Xunta de Goberno Local do 25/11
Acta da Xunta de Goberno Local do 25/11
Que o histórico xornal da cidade, o Faro de Vigo, ten unha relación cercana co actual goberno municipal é un segredo a voces. Algo que explicaría o seu enfoque informativo perante a loita en Coia, onde apenas teñen oco as reivindicacións da veciñanza fronte ás posturas defendidas polo Concello.  
Un bo exemplo o ofrecía esta venres o decano da prensa española cun longo artigo onde desenvolve os argumentos esgrimidos onte polo alcalde. Numerosos veciños e veciñas denuncian as continuas informacións parciais aparecidas no xornal, que recolle as descalificacións de Abel Caballero pero que non aparece pola rotonda para constatar as acusacións. 
Dende Coia recordan ademais que é habitual que o xornal silencie os problemas sociais da cidade e do barrio, como o colapso dos servizos sociais e os recortes da axudas para as persoas e familias sen recursos, que denuncian dende hai meses.
Unha relación cercana que inclúe axudas económicas, como a que firmou a Xunta de Goberno Local, en reunión de urxencia o 25 de novembro de 2014. Os socialistas aprobaron un convenio de colaboración que suporá aboar á cabeceira 280.000 euros de recursos públicos, para a realización de varias campañas de promoción co selo do Concello.
O mesmo custo que a obra na rotonda
Unha cantidade similar á que o mesmo diario apuntaba como custo da obra de instalación do Bernardo Alfageme, segundo fontes do consistorio local. Agora, e logo de que Caballero enviara unha nota informativa, sen valor real ante a falta de expediente público para contrastalo, rebaixa o prezo a 100.000 euros nas súas informacións.
O convenio de colaboración (que se pode consultar nesta ligazón) co Faro de Vigo basease, segundo a acta, “no papel de intermediarionatural dos medios de comunicación entre a información e cantos non están en condicións de coñecela directamente, papel que se acrecenta con respecto a acontecementos que pola súa entidade, poden afectar a todas e por elo acadan unha específica resonancia social”.
Entre os acontecementos de especial resonancia social, o Concello decidiu aprobar o pago de 101.000 euros para que o xornal edite“reportaxes sobre os Barrios e Parroquias de Vigo” e organice un “concurso de debuxo e redacción infantil”. E outra partida de179.000 euros que vai destinada a “un calendario de 2015”, unha campaña de promoción das “Illas Cíes, Patrimonio da Humanidade” e un libro sobre o “Rally Rías Baixas”.

A Xunta tamén usa cartos públicos para os medios

Non é casual que as eleccións municipais estén cercanas. Etampouco o é que o goberno de Abel Caballero patrocine aos xornais e medios de comunicación locais, aos que controla mediante publicidades e publireportaxes. Mais non é o único goberno que utiliza os cartos públicos para estes fins.
A Xunta pagou en diferentes conceptos 150.000 euros ao mesmo diario e outros centos de miles a grandes corporacións como a Voz de Galicia. Entre as partidas, unha destaca pola súa ausencia, a do fomento do galego, para  o que o goberno de Alberto Núñez Feijoo, lle concedeu 40.000 euros de subvención, como informou Praza Pública.  O ano anterior, as axudas ascenderan a 235.000 euros.

02/07/14

TTIP: O REINADO DO TERROR DA DEREITA EUROPEA.

OS SEGREDOS DO TRATADO TRANSATLÁNTICO DE COMERCIO E INVESTIMENTOS, AO DESCUBERTO( TTIP).
Estados Unidos negocia con Europa o fin do Estado de Benestar: A Unión Europea (UE) está disposta a liberalizar os servizos públicos dos seus Estados membros e a abrir ás multinacionais norteamericanas as portas dun mercado único de 800 millóns de persoas. Desde fai un ano, o Departamento de Comercio de Estados Unidos e a Comisión Europea están negociando en segredo un Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP, nas súas siglas en inglés) que, de aprobarse nos seus actuais términos, rematará en Europa co Estado de Benestar tal e como o coñecemos. Propón a privatización dos servizos públicos como a sanidade, a educación e as pensións, e acaba coa maioría dos dereitos laborais existentes baixo o argumento de que hai que parar aos países BRICS(Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica) que nos están "invadindo", comercialmente falando. Os borradores da discusión foron "filtrados" e acenderon a luz vermella en organizacións ecoloxistas, sindicais e sociais, como Attac, que denunciaron o perigo neoliberal que nos ven enriba: rematar co Estado de Benestar que nos queda para implantar en Europa o reinado do terror das multinacionais europeas e norteamericanas. Todo moi en sintonía coas políticas da dereita española do PP, e o seu aliado o PSOE.
As consecuencias:
-Elimínanse as normas reguladoras e as barreiras regulamentarias que reducen os beneficios das grandes corporacións transnacionais. O obxectivo é crear un mercado libre para os inversores en Estados Unidos e a Unión Europea e dar ás grandes empresas transnacionais todo o poder, ata por encima do poder dos Estados.
- En canto ao comercio e ao consumo, elimínase a lexislación sobre consumo europea, que é moito máis garantista que a estadounidense, e si aproban o recomendado por o TTIP, poderán chegar aos supermercados europeos infinidade de produtos alimenticios que, por exemplo, conteñen ingredientes xenéticamente modificados, hoxe prohibidos en Europa.
-Os dereitos laborais son os grandes perdedores no TTIP. O feito pouco coñecido é que Estados Unidos só ratificou dous das oito normas fundamentais da Organización Internacional do Traballo (OIT) e que a "armonización" USA-UE farase sobre o mínimo común denominador, o máis perxudicial para os traballadores e máis beneficioso para as empresas:restrinxe o dereito de sindicación e de folga, e calquera reforma futura encamiñada a mellorar as condicións de emprego poderá ser obxecto de demandas de indemnización por parte das empresas. (sic).
-Os servizos públicos serán vítimas dunha feroz privatización. A educación, a sanidade, o transporte, as pensións... todo será obxecto de negocio para as grandes empresas (o mesmo que intentou Ignacio González na Comunidade Autónoma de Madrid co seu intento de privatizar a sanidade pública madrileña).
-En educación, onde agora hai becas haberá créditos bancarios, como no sistema norteamericano; onde había pensións públicas haberá fondos privados de pensións e a cobertura sanitaria pública converterase en seguros privados, xusto como en Estados Unidos. O negocio farano a partir de entón os fondos voitre, os grandes bancos e as grandes empresas.
-Poñerase en marcha un denominado Investor State Dispute Settlement (ISDS ou Mecanismo de Resolución de Conflitos entre inversores e Estados), un mecanismo tan perigoso que permitirá ás grandes corporacións e empresas denunciar aos gobernos locais, rexionais e estatais cando consideren que unha norma emitida por calquera deles pode restrinxir ou limitar as súas ganancias presentes ou futuras (sic). Proponse a existencia de tribunais especiais, formados por tres avogados privados, á marxe de calquera tribunal estatal ou internacional, ao que só poderán recorrer os inversores e os seus fallos serán inapelables.
COMENZA O REINADO DO TERROR!