11/06/11

A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL(do 04-06-11 ao 11-06-11)

Romper o muro de silencio ao redor do caso dos loitadores antiterroristas cubanos Gerardo Hernández, Fernando González, Ramón Labañino, Antonio Guerreiro e René González, prisioneiros desde 1998 en Estados Unidos. Cinco Cubanos na cadea polo"crime"de descubrir plans de levar a cabo actos terroristas contra Cuba, e informarlle ás autoridades dos EEUU desas conspiracións criminais en chan estadounidense.
*GALIZA(LA VOZ:07-06-11)<X.Álvarez Corbacho:Auditorías e contas públicas...Agora don Mariano Rajoy tamén quere auditar ás comunidades autónomas. Coma se non estivesen auditadas xa, todos os anos, polos órganos de control externo...Tamén o presidente Feijoo afirma que a sanidade española ten hoxe unha débeda oculta de 15.000 millóns de euros por gastos realizados e non contabilizados.Pero non explica a situación de Galicia. E por iso interesa recordar que no 2005, sen crise económica, as facturas nos caixóns do Sergas superaban o 10% do orzamento; no 2009 recibiu un sistema sanitario totalmente saneado. Probablemente o presidente intentaba advertirnos de que se agora o Sergas tivese outra vez «facturas no caixón», o seu docto dedo sinalaría con rigor e precisión quen é o malandrín de tan perversa fechoría.>
Avisan para privatizar.
*GALIZA(O XORNAL:08-06-11)<“Indignadas” contra a Real Academia.A designación do historiador Pegerto Saavedra para ocupar a praza deixada vacante polo xeógrafo Francisco Río Barja na Real Academia Galega,provocou a “indignación” entre algunhas asinantes d’O xogo das cadeiras, o manifesto pola entrada das mulleres na institución.Esta iniciativa, que conta a día de hoxe con máis de 600 persoas adheridas –dende cidadáns anónimos até persoeiros do calibre intelectual e humano de Agustín Fernández Paz–, considera que a RAG “reducía á insignificancia” a presenza da muller na institución. Agora, as súas demandas cobran aínda máis forza, pois tras o pasamento de Olga Gallego a presenza feminina redúcese nunha cadeira, pasando de catro a tres.>
M.X.Queizán: “A Real Academia é, en si mesma, machista e patriarcal”.

*GALIZA(EL PAÍS:05-06-11)<A muller de Sito Miñanco promove 38 chalés a pé de praia en Sanxenxo.Jolva, SL, unha promotora inmobiliaria que o narco de Cambados constituíu en agosto de 1988 -tres anos antes de ser detido pola policía- co que entón era o seu estreito colaborador, José Alberto Aguín Magdalena, alias O Rubio de Aios. Este último, condenado nos noventa durante o sumario da Operación Nécora por comerciar con bens obtidos grazas ao tráfico de drogas, é hoxe a cara visible da empresa aínda que, segundo o Rexistro Mercantil, tamén é socia de Jolva desde 1987 a exesposa do seu antigo xefe, Rosa Pouso Navazas, que consta como divorciada. Jolva ultima actualmente o papelorio para levantar unha urbanización de 38 chalés a pé de praia no exclusivo areal de Montalvo, no concello de Sanxenxo, logo dunha longa e accidentada tramitación.A empresa fundada por Sito Miñanco coa súa esposa e o seu lugartenente foi unha das beneficiarias dos cambios que o exalcalde de Sanxenxo, o construtor Telmo Martín (PP), incluíu no plan urbanístico que aprobou para a Marbella galega en 2003, en pleno esplendor do ladrillo.O plan, que foi redactado con Martín de alcalde e coa actual directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, como responsable da Xerencia Municipal de Urbanismo, designou 30 áreas de terreo como chans urbanizables (bautizados como SU), unha figura que permite que unha inmobiliaria poida impor a todos os propietarios de leiras a obrigación de levantar unha urbanización se se fai co 51% do terreo. Quen se negase a participar, sería expropiado polo Concello...O camiño, con todo, foi tortuoso, xa que este proxecto foi un dos que o bipartito impugnou cando suspendeu licenzas nos primeiros 500 metros de costa para ordenar o ata entón irracional urbanismo do litoral galego...o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou firme a última sentenza en favor da legalidade da urbanización. A empresa Jolva poderá levantar 38 encostados en Montalvo 23 anos despois de que fose creada por Sito Miñanco.>
Os tortuosos ladrillos do PP.
*GALIZA(EL PAÍS:09-06-11)<Contrato a dedo para o irmán dun alto cargo da Xunta.José Manuel Castro, irmán do director xeral de Relacións Institucionais da Xunta, Roberto Castro, percibiu "irregularmente" 31.500 euros da Consellería de Educación, que contratou a dedo á súa empresa para un proxecto tecnolóxico. A deputada autonómica do BNG, Tereixa Paz, denunciou onte que o instituto ourensán 12 de Outubro recibiu fai uns meses de Educación unha partida de 40.000 euros para "gastos extraordinarios". Cando a directora chamou á Xunta para preguntar pola finalidade da partida, o director de Educación, José Manuel Pinal, respondeulle que o instituto fora seleccionado para participar nun plan piloto de innovación."Pinal informoulle de que os 40.000 euros eran para pagar á empresa que acudiría ao centro", precisou onte Paz. O empresario que acudiu resultou ser o irmán do destacado baltarista ourensán Roberto Castro. José Manuel Castro -condenado en 1995 por estafar 33 millóns de pesetas da Tesourería da Seguridade Social cando era funcionario do INSS- é o administrador único da empresa Intellectia Bank, con actividade desde novembro pasado e dedicada ao deseño de I+ D para empresas e ao manexo de información en ESO e bacharelato. Alertado polos profesores, o BNG confirmou que na plataforma de contratos da Xunta non figura ningún con Intellectia Bank. A dirección do centro púxose en contacto novamente con Educación, e a Xunta ofreceu dúas alternativas: "Continuar co proxecto e pagarlle os 70.000 euros a Intellectia Bank ou entregarlle só 50.000 e dar por resolta a experiencia"."O claustro optou por non darlle nin un euro máis do que xa cobrara" e esixe agora a Educación que depure responsabilidades polo que cre "unha fraude".>
O extraordinario sería que o adxudicatario non fora o irmán.
*SPAIN(EL PAÍS:07-06-11)<Francisco Camps asumiu a presidencia da Generalitat valenciana en 2003. En decembro dese ano, a débeda pública rozaba os 8.000 millóns de euros e representaba o 10,5% da riqueza que xera a Comunidade Valenciana, unha proporción que desbordaba a calquera outra comunidade autónoma.A finais de 2010, Camps lograra disparar a débeda da Generalitat ata 17.600 millóns de euros, un 17,2% do PIB rexional. A Comunidade Valenciana é, con diferenza, a máis endebedada de España en termos relativos. O servizo da débeda representa un gasto de 680 millóns de euros no orzamento de 2011>.
"A calzón quitado":Camps: contrato da Fórmula 1 ata 2020:180 millóns.
*SPAIN(EL PAÍS:09-06-11)<Constitución do Parlamento valenciano.Grotesco espectáculo político en Valencia...Dentro do pleno, o novo presidente da Cámara, o exconsejero Juan Cotino, membro do Opus Dei, pediu que se colocase, por primeira vez, un crucifixo na mesa do Parlamento.Os deputados da oposición estrearon escano cunha chapa na solapa en defensa do valenciano, fronte ao decreto de Francisco Camps que elimina as liñas de ensino na lingua autóctona.Nas filas do PP (55 deputados) tomaron posesión das súas actas ata 10 parlamentarios que están implicados ou imputados en graves casos de corrupción, entre eles o xefe do Executivo, Francisco Camps, a piques de sentar no banco dos acusados; o seu vicepresidente Vicente Rambla, inmerso nun proceso por financiamento ilegal do PP, e a alcaldesa de Alacante, Sonia Castedo, cuxas conversacións cun promotor inmobiliario destaparon supostos tratos de favor.Cotino, que foi director xeneral da Policía no Goberno presidido por José María Aznar...novo presidente do Parlamento valenciano está vinculado ao grupo empresarial Sedesa, que dirixe o seu sobriño, implicado no suposto financiamento ilegal do Partido Popular que investiga o Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana dentro do caso Gürtel.Sobre a presenza da corrupción na Cámara autonómica..o portavoz parlamentario popular, Rafael Blasco dixo que "as difamacións" que sufriu o seu partido "foi derrotadas nas urnas".>
Outros que non necesitan ética.
*SPAIN(PÚBLICO:08-06-11)<Guillermo Ortega Alonso, exalcalde de Majadahonda (Madrid) en representación do PP e un dos primeiros imputados por suborno no caso Gürtel, matriculou en apenas sete anos 19 vehículos ao seu nome, mentres que a súa esposa, a exconcelleira Gema Matamoros, fixo o mesmo con outros sete coches. E unha compañía cuxa propiedade real atribúen os investigadores a Ortega adquiriu sucesivamente dous automóbiles de luxo, un deles da marca Jaguar. Todas as inscricións tiveron lugar entre 2001, cando Ortega accedeu á alcaldía de Majadahonda, e 2008, ano en que o exrexedor presidía Mercado Porta de Toledo SA, sociedade dependente da Comunidade de Madrid. Público comprobou onte que nin Ortega nin a súa muller constan ou constaron no Rexistro Mercantil como cargos vinculados a ningún concesionario de automóbiles, circunstancia que explicaría a abundancia de matriculacións.A paixón do exalcalde polos motores e a acumulación e cambio de coches e motos- algúns lle duraron meses- queda descrita nun informe policial recentemente incorporado ao sumario Gürtel. O dossier policial amplía o xa sabido sobre os manexos entre Ortega e a trama capitaneada por Francisco Correa, que obtivo en Majadahonda múltiples contratos presuntamente irregulares. O informe afianza os datos xa coñecidos sobre como Ortega cobrou supostamente da rede tanto en metálico como en especie, con agasallos como xoias e viaxes. Os documentos incautados avalan que Ortega usou dúas sociedades Sundry Advices e Creative Team para camuflar os subornos cobrados.>
Tonterías¡ dixo Esperanza.
*SPAIN(EL PAÍS:08-06-11)<A Legión desfilará para o Papa en Madrid.Unha compañía da Legión, con banda de música e escuadra (máis 150 militares en total), desfilará por Madrid o próximo 19 de agosto, con motivo da visita do Papa Benedito XVI, quen clausurará a Xornada Mundial da Mocidade .A Xornada Mundial da Mocidade custará 50 millóns, segundo a organización.>
A cabra tamén desfila.
*MUNDO(O XORNAL:08-06-11)<Islandia xulga o ex primeiro ministro por levalos á ruína.Geir H. Haarde gobernou Islandia dacabalo entre a Arcadia dun soño financeiro baseado na especulación salvaxe e o pesadelo social e económico en que derivou despois do crack de 2008. Fíxoo seguindo ao pé da letra o guión que marcaba o neoliberalismo. Onte, o ex primeiro ministro islandés sentou no banco dos acusados para ser xulgado polo acontecido neses cinco ou seis días que dividiron as dúas épocas do seu mandato. E tamén por todas as decisións tomadas no mellor dos mundos financeiros posíbeis que derivaron na peor das realidades socioeconómicas actuais. A súa imputación non ten precedentes en Europa despois da crise. Ningún outro alto cargo dun goberno, e aínda menos un ex presidente, foi levado ante un xuíz por ter levado un país á ruína sobre a base da desregulación financeira máis extrema. Pero na revolución democrática que sucedeu á caída dos bancos de investimentos privados islandeses, o seu proceso é visto coma un inevitábel paso máis no camiño para depurar as responsabilidades polo acontecido e devolver aos cidadáns o control do país e da súa economía, que perderon a mans dun feixe de banqueiros neoliberais, políticos ineptos, lexisladores incompetentes e un banco central de farsa.>
Porqué non continuamos?
*MUNDO:(Rebelíón.org:05-06-11)<Un banco islandés devolverá diñeiro aos hipotecados tras "resucitar" grazas ás axudas.Landsbankinn, o banco máis antigo de islandia e que foi nacionalizado en 2008, acordou reducir a débeda a miles de fogares unha vez alcanzada unha "sólida posición financeira" e de acordo co seu "compromiso de responsabilidade social e boas prácticas empresariais coa poboación" tras recibir axuda financeira.   
O banco ofrece tres fórmulas para beneficiarse do plan, que segundo as súas estimacións axudará a entre 60.000 e 70.000 cidadáns (ao redor dun 20% da poboación) e será un cambio substancial para máis de 30.000 individuos. As fórmulas ofrecidas polo banco aos seus clientes son:
.1) Reembolso do 20% dos intereses. Landsbankinn reembolsará de forma automática o 20% dos intereses pagados por persoas ou familias entre o 31 de decembro de 2008 (ano da súa nacionalización) e o 30 de maio de 2011.
.2) Redución da débeda sobre vivendas. Landsbankinn decidiu facer un cambio significativo a aqueles hipotecados en exceso (denominados 110% solution available). Así, en lugar de calcularlles a débeda pola tasación do inmoble(para vivendas de menos de 30 millóns de coroas ou uns 180.000 euros) pasará a calcularse segundo o valor de mercado dese inmoble. Coa caída do prezo da vivenda, isto provocará unha redución da débeda significativa para moitos hipotecados.
.3) redución doutras débedas. Landsbankinn reducirá a débeda que se considere que está por encima da capacidade de pago do prestatario. Neste tipo de débedas inclúense obrigacións e outros tipos de préstamos, pero exclúe, por exemplo, a débeda de tarxetas de crédito e préstamos emitidos contra hipotecas de bens inmobles do prestatario ou do vehículo.
Landsbanki foi noticia en 2008 ao ser intervido por Islandia ante a situación de quebra. A súa intervención provocou un conflito diplomático co Reino Unido xa que non se garantiron os depósitos de 300.000 británicos en Icesave, unha filial de Landsbanki.>
O mesmo que aquí...
*MUNDO(PÚBLICO:06-06-11)<Israel mata a 20 mozos na fronteira con Siria.O Exército israelí abateu a uns 20 mozos palestinos e sirios que se achegaron demasiado ao valo que separa o Golán sirio do Golán ocupado por Israel, nunha xornada que os palestinos dedicaban a recordar o día en que se iniciou a guerra de 1967. Os árabes coñecen este conflito como Naksa ou "derrota", tras a que Israel ocupou Cisxordania, Gaza, os Altos do Golán e o Sinaí.Fontes políticas israelís indicaron que o primeiro ministro, Binyamín Netanyahu, instou a Estados Unidos a que presionase a Líbano para que non permitise aos palestinos manifestarse preto da fronteira. O Exército libanés declarou a rexión fronteiriza con Israel zona militar pechada e os refuxiados tiveron que celebrar manifestacións nos campos de refuxiados>.
O xenocidio de Israel non ten fronteiras.
ADIVIÑA:
Si flexibilizar o mercado laboral é facilitar o despido,
Si flexibilizar o mercado laboral non só é poñelo mais barato senón facelo mais facil,
Si flexibilizar o mercado laboral non crea empleo senón que o destrúe,
Adiviña en cinco segundos quen é flexible.
PREGUNTA:
-Porqué unha boa parte do aproximadamente centenar de candidatos incursos en procesos por corrupción que concorreron ás eleccións autonómicas e municipais conseguiron -ou volveron a obter- o veredicto favorable das urnas?.
PAROLE¡PAROLE¡
Agustín Fernández Paz:"Dende hai meses temos un novo motivo de indignación: o intento da Xunta de baleirar de contido a normativa sobre a lingua...os que defendemos a normalización da lingua galega somos da estirpe dos indignados"
BÁRBAROS:
-Xosé Manuel Sarille:"Imaxinan aquel Bloque do vicepresidente Anxo Quintana con maioría e neste transo? Ao mellor simpatizaba máis coa leña da praza de Cataluña contra os acampados, distribuída polo molt honorable aliat neoliberal de Galeuscat".
-Alfonso Ussía:"Sólo en Francia desean su derrota, y tararí que te ví.Décadas llevan sin un francés en los tramos finales de su torneo. No es culpa de Nadal. Y Nadal cuenta con otros enemigos en España. Los españoles que no quieren serlo. No deja pasar ocasión Rafa de abrigarse con la Bandera de España en cada ocasión que triunfa. Y claro, los rebaños del retroprogresismo rebuznan. Rubalcaba no se ha atrevido con Rafa como con Marta Domínguez. Rafa Nadal representa todo lo contrario que el agonizante socialismo. La honradez, el trabajo, el talento y el patriotismo. Sí, he escrito patriotismo, eso tan anticuado para muchos. En ese aspecto, los franceses son ejemplares y envidiables. Brindo por ellos".