01/06/12

MOITO COIDADO CO DEDO

Carreira de zombies nos xornais de hoxe:
-LA CRISIS DE LA DEUDA :<La prima marca otro máximo llega a 547 puntos>(El País.com)
-<Merkel pide confiar en las reformas> (Público.es).
-De Guindos: <El euro se juega en Italia y España… nuestro país vive en una "encrucijada" por la prima de riesgo y las caídas de la bolsa.> (Público.es)
-The Wall Street Journal ( biblia do xornalismo económico)< El FMI plantea ya el escenario del rescate a España. El organismo calcula que el préstamo a España podría ascender a unos 300.000 millones de euros a devolver en tres años. De Guindos tacha la información del rotativo económico estadounidense de "auténtico sinsentido".(Publico.es)
-(El País.com) <La Unión Europea critica con dureza las medidas de Rajoy contra  la crisis: Más allá de la gestión de Bankia y del resto del sector, en el informe anexo a las recomendaciones presentadas el miércoles hay un buen puñado de cargas de profundidad sobre la forma del Gobierno de conducirse en medio de una crisis tan abrupta. La subida del impuesto sobre la renta es lo contrario de lo que reclamaba Bruselas. La medida relativa al pago a los proveedores podría vulnerar una directiva europea. La reforma laboral puede ser inconstitucional y el contrato de prueba "puede transformarse en un contrato temporal de hecho, de baja calidad y con costes de despido nulos". La reforma de los organismos reguladores tampoco gusta en Bruselas. E incluso es dudoso que la amnistía fiscal, que ha desatado las iras de parte de los españoles, obtenga los ingresos que pretende el Gobierno.>
-<El Gobierno ve en las declaraciones de Dívar un "ejercicio de responsabilidad": Las explicaciones sobre los viajes a la provincia de Málaga que el presidente del Consejo General del Poder Judicial (CGPJ), Carlos Dívar,  cargó a cuenta de la institución que preside, son vistas como un "ejercicio de responsabilidad" por parte del Gobierno>.(Público.es)
--Julita Cuquerella (secretaria de Urdangarin) < ¿Qué hay de malo tener una cuenta en Suiza? ¿No es lo mismo Suiza que Zaragoza?> (El País.com)
-La Xunta otorga 265.000 euros a la Fundación Cela.(Lavoz.es)

31/05/12

PP, PSOE e UPyD votan en Madrid, contra Galiza

<O PP tomba no Congreso a proposta do BNG de crear unha Banca Pública Galega, apoiada por 5 grupos parlamentares. A iniciativa foi rexeitada  pola mayoría  absoluta do PP, mais obtivo os apoios de Amaiur, ERC, Izquierda Plural, PNV e CiU. PSOE e UPyD abstivéronse. @s únic@s deputad@s galeg@s que votaron a prol da proposta,  foron a deputada e o deputado do BNG. Ningún dos parlamentares galegos de PP e PSOE apoiaron a iniciativa.
O portavoz do BNG e candidato á presidencia da Xunta defendeu as modificacións lexislativas precisas para a Xunta de Galiza se tornar en accionista maioritaria de Novagaliciabanco, co que NGB se constituiría nun banco público galego.
Na súa intervención no Pleno, o portavoz do BNG no Congreso considerou necesario “apostar por unha Banca Pública con vocación de permanencia”. “Unha Banca Pública con vinculación territorial para evitar os desequilibrios que provocará a centralización do sistema financeiro”.
“Para Galiza a perda das súas institucións financeiras significaría dar un golpe de graza á súa economía, significaría perder o control de activos por valor de máis de 75.000 millóns, dun patrimonio neto de 1.715 millóns, do destino do aforro de case 3 millóns de clientes e se ameaza a obra social”.
Jorquera puxo de manifesto que ter entidades financeiras propias é necesario para “evitar o espolio do noso aforro, para asegurar que o aforro dos galegos se invista no territorio galego e se contribúa para o desenvolvemento do país”. En definitiva, dixo, ter un Banco Público Galego significa máis posibilidades de financiamento para as PEMES, autónomo e tecido produtivo.
Criticou a Feijoó por tildar a proposta do BNG de “antigualla” e lembroulle que a Banca Pública “é unha realidade en Europa”. Así, salientou que o 21,7% dos activos do sistema financeiro europeo están en máns de bancos cunha participación pública superior ao 20%. “Hai entidades financeiras públicas en 32 países de Europa”. Explicou que na Alemaña de Merkel o S-Group está formado por 400 Caixas de carácter público, os coñecidos como bancos dos lánders, que son líderes na captación de depósito e concesión de créditos.
Jorquera enfatizou que “onde hai Banca Pública se constata o seu impacto positivo sobre a economía e os sectores produtivos, e hai unha industria forte”.Fixo especial alusión á situación de BANKIA. “Simplesmente tapar o burato de Bankia custará 23.500 millóns de euros, 4 billóns das antigas pesetas, o que equivale ao 2,3% do PIB español, ou a 500 euros por habitante ou 1.500 por fogar”. E todo, enfatizou, sen que se diriman responsabilidades políticas nen legais.
E sen que o presidente do Goberno español se digne a comparecer ante esta Cámara para explicar a situación despois das continuas contradicións. Jorquera lembrou que desde o inicio da crise os Gobernos aprobaron até 6 Decretos sobre o sector financeiro. E puxo de relevo que en todo este periodo o Estado español inxectou máis de 118.000 millóns á banca privada.>

30/05/12

SPAIN: cacos e mentireiros

Na novela picaresca,  Lázaro de Tormes, Rinconete ou Cortadillo tiñan que sobrevivir a base de inxenio, nun país no que os excrementos voaban  dende as fiestras ás rúas.
Hoxe os pícaros mudaron de nome, agora son cacos, de luva branca. Mudaron de clase social, xa non pertencen ao “lumpen”, senón as mais altas institucións do Estado, en lugar de inxenio utilizan a mentira, e os seus excrementos , estes sí, enchen  as rúas do país.
Aquel «lo siento mucho, me he equivocado, no volverá a ocurrir» que fixo que un elefante de Botsuana tivera primeiras páxinas, grazas a que un Borbón escopetero, foi pillado roubando a tarta, ten continuados e reiterados siareiros, pero sin excusas.
Os responsables de organizar o Poder Judicial de Spain,  os membros do “Consejo General del Poder Judicial”,  non ven indicios de delito en que o  Presidente, que tamén o é do Tribunal Supremo, teña por costume facer as carísimas semanas caribeñas de Carlos Dívar, a costa de todos nós. Dívar católico, que practica  nos fíns de semana o de “a deus rogando e co mazo roubando” é para a mayoría dos seus compañeiros, un home honesto. Nin solicitarlle  tres avemarías.
Bankia é, entre outras, a entidade financeira do PP. Trompazos aparte entre  Espe de Spain, Rodrigo Rato e demais prohomes do PP, é un iceberg de ineptitude e mentiras, que vai levar por diante mais cartos públicos. Rajoy, escapista profesional, non sabe, pero contesta que todo foi mala sorte. As meigas levan as culpas.
O pasado 20 de xullo, Bankia salía a Bolsa. O seu presidente, Rodrigo Rato<“La salida al mercado de Bankia es un punto de referencia de la economía española y del sector financiero español (…) La salida a Bolsa solo es el principio de lo que tiene que llegar (…)> Todo un profeta,  xa que dez  meses mais tarde, atópase nacionalizada, con mais de 23.000 millóns de cartos  públicos, (dúas veces e media os recortes en sanidade e educación) para que poida subsistir. Hai unhas semanas o presidente do Goberno e da Comisión Delegada de Asuntos Económicos, Mariano Rajoy, outro profeta, declaraba que non habería cartos públicos para a banca en dificultades. En sede parlamentar, o  ministro de Economía, vidente, falaba de que os cartos públicos para a banca no superarían os 15.000 millóns que o Executivo de Zapatero xa inxectara. O novo presidente de Bankia, José Ignacio Goirigolzarri, contradecindo aos profetas e videntes dixo que 24.000 millóns , e que non eran  préstamos senón  inxeccións de capital a fondo perdido, un desmentido á outra profeta, a  vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría, que o día anterior afirmou que as axudas eran préstamos.
Por debaixo da línea de flotación do iceberg está a matriz de Bankia, o “Banco Financiero y de Ahorros “(BFA), que perdeu  3.318 millóns de euros o  ano pasado, e con activos tóxicos  que superan os 40.000 millóns. A entidade publicara un beneficio de 41 millóns. Un erro contable sen maior importancia.
O peor, porque ainda pode ser moito peor, e que segundo o Instituto de Finanzas Internacionales ( lobby da banca internacional)as entidades españolas requerirán 260.000 millóns en perdas potenciais, e entre 50.000  e 60.000  millóns  mais de capital.
Alguén vai a pagar ou asumir responsabilidades polo escándalo de Bankia?
Onde estivo o supervisor ( bonito nome), Fernández Ordoñez do Banco de Spain, hoxe a punto de fuga?
O PP de Madrid impide  unha comisión de investigación na Asamblea autónoma, e o PP veta a comparecencia de Rato no Congreso. Así, Miguel Blesa, íntimo de José María Aznar, José Luis Olivas que  foi presidente da Generalitat  valenciana e presidente de Bancaja desde 2003,  e Rodrigo Rato pepero de pro, non teñen que explicar a súa xestión.
Mentres en Galiza outro vidente Feijó009 presenta unas contas moi saneadas(?) pero que non melloran nin as cifras do paro nin a situación económica. Fai trampas, pechando os orzamentos de 2011 no mes de setembro para cadrar o déficit. Dixeron que era gravísimo no caso da Junta de Andalucía , pero aquí o chaman "un trámite".
Como en Bankia, todos teremos que pagar as súas trampas e mentiras