30/05/12

SPAIN: cacos e mentireiros

Na novela picaresca,  Lázaro de Tormes, Rinconete ou Cortadillo tiñan que sobrevivir a base de inxenio, nun país no que os excrementos voaban  dende as fiestras ás rúas.
Hoxe os pícaros mudaron de nome, agora son cacos, de luva branca. Mudaron de clase social, xa non pertencen ao “lumpen”, senón as mais altas institucións do Estado, en lugar de inxenio utilizan a mentira, e os seus excrementos , estes sí, enchen  as rúas do país.
Aquel «lo siento mucho, me he equivocado, no volverá a ocurrir» que fixo que un elefante de Botsuana tivera primeiras páxinas, grazas a que un Borbón escopetero, foi pillado roubando a tarta, ten continuados e reiterados siareiros, pero sin excusas.
Os responsables de organizar o Poder Judicial de Spain,  os membros do “Consejo General del Poder Judicial”,  non ven indicios de delito en que o  Presidente, que tamén o é do Tribunal Supremo, teña por costume facer as carísimas semanas caribeñas de Carlos Dívar, a costa de todos nós. Dívar católico, que practica  nos fíns de semana o de “a deus rogando e co mazo roubando” é para a mayoría dos seus compañeiros, un home honesto. Nin solicitarlle  tres avemarías.
Bankia é, entre outras, a entidade financeira do PP. Trompazos aparte entre  Espe de Spain, Rodrigo Rato e demais prohomes do PP, é un iceberg de ineptitude e mentiras, que vai levar por diante mais cartos públicos. Rajoy, escapista profesional, non sabe, pero contesta que todo foi mala sorte. As meigas levan as culpas.
O pasado 20 de xullo, Bankia salía a Bolsa. O seu presidente, Rodrigo Rato<“La salida al mercado de Bankia es un punto de referencia de la economía española y del sector financiero español (…) La salida a Bolsa solo es el principio de lo que tiene que llegar (…)> Todo un profeta,  xa que dez  meses mais tarde, atópase nacionalizada, con mais de 23.000 millóns de cartos  públicos, (dúas veces e media os recortes en sanidade e educación) para que poida subsistir. Hai unhas semanas o presidente do Goberno e da Comisión Delegada de Asuntos Económicos, Mariano Rajoy, outro profeta, declaraba que non habería cartos públicos para a banca en dificultades. En sede parlamentar, o  ministro de Economía, vidente, falaba de que os cartos públicos para a banca no superarían os 15.000 millóns que o Executivo de Zapatero xa inxectara. O novo presidente de Bankia, José Ignacio Goirigolzarri, contradecindo aos profetas e videntes dixo que 24.000 millóns , e que non eran  préstamos senón  inxeccións de capital a fondo perdido, un desmentido á outra profeta, a  vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría, que o día anterior afirmou que as axudas eran préstamos.
Por debaixo da línea de flotación do iceberg está a matriz de Bankia, o “Banco Financiero y de Ahorros “(BFA), que perdeu  3.318 millóns de euros o  ano pasado, e con activos tóxicos  que superan os 40.000 millóns. A entidade publicara un beneficio de 41 millóns. Un erro contable sen maior importancia.
O peor, porque ainda pode ser moito peor, e que segundo o Instituto de Finanzas Internacionales ( lobby da banca internacional)as entidades españolas requerirán 260.000 millóns en perdas potenciais, e entre 50.000  e 60.000  millóns  mais de capital.
Alguén vai a pagar ou asumir responsabilidades polo escándalo de Bankia?
Onde estivo o supervisor ( bonito nome), Fernández Ordoñez do Banco de Spain, hoxe a punto de fuga?
O PP de Madrid impide  unha comisión de investigación na Asamblea autónoma, e o PP veta a comparecencia de Rato no Congreso. Así, Miguel Blesa, íntimo de José María Aznar, José Luis Olivas que  foi presidente da Generalitat  valenciana e presidente de Bancaja desde 2003,  e Rodrigo Rato pepero de pro, non teñen que explicar a súa xestión.
Mentres en Galiza outro vidente Feijó009 presenta unas contas moi saneadas(?) pero que non melloran nin as cifras do paro nin a situación económica. Fai trampas, pechando os orzamentos de 2011 no mes de setembro para cadrar o déficit. Dixeron que era gravísimo no caso da Junta de Andalucía , pero aquí o chaman "un trámite".
Como en Bankia, todos teremos que pagar as súas trampas e mentiras

Ningún comentario:

Publicar un comentario