
Ou Feijó009 non sabe a regra do tres, ou anda despistado cazando coellos imaxinarios. O que sí é seguro é que non anda coa "manguerita" apagando os lumes que no mes de Marzo teñen mais queimado este país que o Meco do pasado Entroido.
Esquecido xa o seu Contrato electoral para rematar co paro en 15 días 15, presentou no anterior debate da Autonomía a máxica solución para os problemas do país: a fusión dos concellos de Oza e Cesuras. Das Deputacións non sabe e non contesta pero ademais ten a mais de cincoenta alcaldes do PP en pé de guerra.
Estimulado polas súas luminosas ideas, pensa agora, en rescatar do paro a 44.000 persoas con 30 millóns de euros. Dado que o número de parados alcanza en Galicia 275.000 (e xa pasaron mais de quince días), a pregunta é: porqué en lugar de 30 non inviste 180 millóns e resolvería todo o problema?
Rajoy tamén ten ideas. Mentres premia aos defraudadores cunha amnistía fiscal, coa Reforma Laboral pretende crear emprego, pero no orzamento para o 2012, desmíntese a sí mesmo...<O recorte orzamentario cébase coas políticas activas de emprego. Recortará en 1.557 millóns unha partida que en 2011 ascendeu a uns 7.600 millóns, segundo anunciou o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. É dicir, redúcese en case o 21'2% o diñeiro para a formación de parados, a procura de emprego para quen non o ten ou a redución de cotizacións sociais para o empresario que contrate. Xunto a esta medida, o Executivo tamén recortou en 67 millóns a dotación ao Fondo de Integración de Inmigrantes, tamén dependente de Emprego...esta decisión camiña en dirección oposta a todas as recomendacións dos organismos internacionais (FMI, OCDE, OIT). Segundo a opinión destas institucións, a mellor protección contra o desemprego non é a que paga sen máis unha prestación ao parado, senón a que combina esta paga coa formación para a reciclaxe e a procura dun traballo>.
Nos queren facer parvos.
Teñan coidado aí fóra¡