
Control do petroleo. Outra pesadilla. Gadafi é un dictador, pero porqué non fan o mesmo cando Israel masacra aos palestinos:Gaza por exemplo.
*SPAIN: O "Comité para la Eliminación de la Discriminación Racial de Naciones Unidas" (ONU) pediu a España por escrito que remate cos controis de identificación baseados en perfís étnicos e raciales que, na práctica, tradúcense en "detencións indiscriminadas" e "restricción de dereitos" dos inmigrantes. A través do Informe, a ONU recomenda tamén ao Goberno español revise a circular 1/2010 da Comisaría General de Extranjería y Fronteras de la Policía Nacional, que regula o tratamento policial que reciben os cidadáns extranxeiros indocumentados. Nacións Unidas recomenda a España revisar a vixente Ley de Extranjería porque, ao seu xuízo, é "discriminatoria" para as mulleres 'sin papeis' que sofren a violencia machista. A ONU considera que a actual normativa española “pode disuadir as mulleres extranxeiras, en situación irregular, a presentar denuncias por violencia de xénero por medo a ser expulsadas do territorio do Estado no caso de que os tribunais non dicten unha sentencia condenatoria contra o acusado por violencia de xénero”.(17/03/2011 )"Cáritas Española ha denunciado esta mañana el aumento de los controles policiales a inmigrantes en sus centros e inmediaciones.Ayer, en el Congreso de los Diputados, el Sindicato Unificado de Policía, mayoritario en el cuerpo, vertió una acusación similar ante la Comisión de Interior. Su secretario general, José Manuel Sánchez Fornet, denunció que cada año se producen en España "millones de identificaciones" a inmigrantes y que la mayoría no cumplen los requisitos estipulados por el Tribunal Supremo para que un agente pueda exigir la documentación a un ciudadano en la vía pública: que resulte sospechoso de haber cometido un delito o que parezca que puede cometerlo."La libertad ha sucumbido escandalosamente a la seguridad",dixo.
Ou o que é o mesmo: somos un paraíso dos dereitos humanos. E despois vai Trini a dar clases a Tunisia, e Bono a Guinea. Vaia conto.
*SPAIN: O Tribunal Europeo de Derechos Humanos (TEDH), con sede en Estrasburgo (Francia), declarou que España vulnerou o dereito á liberdade de expresión do dirixente de Batasuna Arnaldo Otegi, condenado polo Tribunal Supremo en 2005 a un ano de cárcere por chamar ao Rei "jefe de los torturadores". España deberá indemnizar a Otegi con 20.000 euros por danos morais e con 3.000 de costas por infracción do artigo 10 do Convenio Europeo de Derechos Humanos. A Corte europea considera que Otegi non dirixiu un ataque persoal gratuíto contra a persoa do Rey, nin cuestionou a súa vida privada ou honra persoal. As expresións empregadas polo dirixente de Batasuna apuntaban únicamente á responsabilidade persoal do Rei en tanto que xefe e símbolo das forzas que, segundo el, torturaran aos responsables do xornal Egunkaria. Polo tanto, a Corte cualifica a condena de "desproporcionada" e declara que houbo violación do artigoo 10 do Convenio Europeo, relativo á liberdade de expresión.
As torturas aos directivos de EGUNKARIA foron recoñecidas xudicialmente. O xornal,en euskera, foi pechado polo goberno Aznar no 2003.
*PORTUGAL:(PÚBLICO):"Protesto Geração à Rasca(Xeración en precario), juntou entre 160 e 280 mil pessoas só em Lisboa e Porto. Milhares de pessoas saíram hoje às ruas em várias cidade do país e transformaram o Protesto Geração à Rasca numa manifestação de todas as idades, todos os grupos, todas as palavras de ordem. A organização fala em 200 mil pessoas em Lisboa e 80 mil no Porto .O Protesto Geração à Rasca foi inicialmente convocado por quatro jovens, através da Internet, para Lisboa e Porto, com um manifesto apelando à participação de “desempregados, ‘quinhentoseuristas’ e outros mal remunerados, escravos disfarçados, subcontratados, contratados a prazo, falsos trabalhadores independentes, trabalhadores intermitentes, estagiários, bolseiros, trabalhadores-estudantes, estudantes, mães, pais e filhos de Portugal”.
"Menos mal que nos queda Portugal" .
*GALIZA: (FARO DE VIGO):"O AVE galego recibíu un novo ataque, esta vez desde as filas do PP. A número dous dos populares, María Dolores de Cospedal, e o presidente do partido en Extremadura, José Antonio Monago, criticaron ao ministro de Fomento, José Blanco, e preguntáronlle si "hay regiones que son más prioritarias que otras", e se o seu compromiso coa conexión en alta velocidade entre Madrid e Galicia "es porque él es gallego", segundo informou onte Europa Press. As divisións do PP arredor do AVE galego non son novas. O soterramento das vías no seu acceso a Ourense, opción exisida polo PP provincial en contra do ministerio, obligou a Feijóo9 a desmarcarse do líder dos populares en Ourense, José Manuel Baltar. O ministro desvelou que o propio Feijóo9 confesoulle que criticara o trazado porque así o pedían os populares ourensáns".
Resposta correcta:Sí¡, hai rexións mais importantes, proba delo son as que xa hai moitos anos teñen AVE.
*SPAIN: MIRAGRES DO PPLOTO: No 2006 o entón presidente balear Jaume Matas (PP) pagou 1,2 millóns de euros ao arquitecto Santiago Calatrava polo anteproxecto, maqueta e vídeos dun palacio da ópera que levou a abrir a investigación do chamado caso Palma Arena, no que están imputados os dous. Ese mismo ano, a Generalitat de Valencia, que preside Francisco Camps(PP), asinou un contrato sen concurso co arquitecto, para o deseño e construcción dun Centro de Convenciones en Castellón polo que xa cobrara a finais de 2009 un total de 2,7 millones de euros. Dita cantidade corresponde só aos honorarios do plan mestre, o anteproxecto e o proxecto básico do centro, paralizado un ano antes pola anulación do planeamento urbanístico da zona. Tamén duas torres da Ciudad de las Artes de Valencia e a reforma do porto de Torrevieja encargados tamén a Calatrava están paralizados. Polos tres "proxectos fantasma", o arquitecto cobrou 5,8 millones de euros.
Xa hai anos un tal Xesús convertía a auga en viño. Non sei de que se asombran.
*SPAIN: A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Justicia de Madrid (TSJM) declarou "ilícitas" as gravacións das conversas que mantiveron os acusados do caso Gürtel cos seus avogados en prisión e acordou a nulidade de todas as actuacións realizadas na causa relacionadas con eses diálogos. As escoitas foron decretadas polo entón xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón e, posteriormente, avaladas polo xuíz instructor do caso no TSJM, Antonio Pedreira. Iste último sostivo que as gravacións dos imputados e os seus avogados eran válidas porque delas desvélase a connivencia para ocultar e evadir "muchos millones de euros" ocultos pola trama corrupta en paraísos fiscais. No auto, a sala estima o recurso presentado polos representantes dos presuntos implicados no caso Gürtel, Francisco Correa, Plablo Crespo e Antoine Sánchez, que sostiñan que Garzón excedeuse cando ordenou "pinchar" as comunicacións mantidas no cárcere de Soto del Real xa que apelou a un artigo que únicamente permitía intervir as conversas entre clientes e avogados nos supostos de terrorismo.
BULA PARA O TERRORISMO FINANCEIRO.
*EEUU: O exército de EE UU encarga a unha empresa crear falsas identidades para meter propaganda nas redes sociais. A Operación Títere forma parte do programa OEV de EE UU como unha parte vital da loita contra o terrorismo e as ideoloxías mais radicais.Permite que unha persoa entre en foros econversacións das redes sociais e así introducir argumentos, datos, comentarios favorabeis as tesis norteamericanas. Cada uhna destas persoas suplantaría 10 identidades a vez.Estes perfís, crearían un clima de opinión favorable a temas que conveñen ao Gobierno de Estados Unidos, neutralizar comentarios contrarios os seus intereses e difundir informes favorabeis.
Nada novo,que llo pregunten a Cuba,Venezuela e a moitas nacións do mundo.