OS SEGREDOS DO TRATADO TRANSATLÁNTICO DE COMERCIO E INVESTIMENTOS, AO DESCUBERTO( TTIP).
Estados Unidos negocia con Europa o fin do Estado de Benestar: A Unión Europea (UE) está disposta a liberalizar os servizos públicos dos seus Estados membros e a abrir ás multinacionais norteamericanas as portas dun mercado único de 800 millóns de persoas. Desde fai un ano, o Departamento de Comercio de Estados Unidos e a Comisión Europea están negociando en segredo un Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP, nas súas siglas en inglés) que, de aprobarse nos seus actuais términos, rematará en Europa co Estado de Benestar tal e como o coñecemos. Propón a privatización dos servizos públicos como a sanidade, a educación e as pensións, e acaba coa maioría dos dereitos laborais existentes baixo o argumento de que hai que parar aos países BRICS(Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica) que nos están "invadindo", comercialmente falando. Os borradores da discusión foron "filtrados" e acenderon a luz vermella en organizacións ecoloxistas, sindicais e sociais, como Attac, que denunciaron o perigo neoliberal que nos ven enriba: rematar co Estado de Benestar que nos queda para implantar en Europa o reinado do terror das multinacionais europeas e norteamericanas. Todo moi en sintonía coas políticas da dereita española do PP, e o seu aliado o PSOE.
As consecuencias:
-Elimínanse as normas reguladoras e as barreiras regulamentarias que reducen os beneficios das grandes corporacións transnacionais. O obxectivo é crear un mercado libre para os inversores en Estados Unidos e a Unión Europea e dar ás grandes empresas transnacionais todo o poder, ata por encima do poder dos Estados.
- En canto ao comercio e ao consumo, elimínase a lexislación sobre consumo europea, que é moito máis garantista que a estadounidense, e si aproban o recomendado por o TTIP, poderán chegar aos supermercados europeos infinidade de produtos alimenticios que, por exemplo, conteñen ingredientes xenéticamente modificados, hoxe prohibidos en Europa.
-Os dereitos laborais son os grandes perdedores no TTIP. O feito pouco coñecido é que Estados Unidos só ratificou dous das oito normas fundamentais da Organización Internacional do Traballo (OIT) e que a "armonización" USA-UE farase sobre o mínimo común denominador, o máis perxudicial para os traballadores e máis beneficioso para as empresas:restrinxe o dereito de sindicación e de folga, e calquera reforma futura encamiñada a mellorar as condicións de emprego poderá ser obxecto de demandas de indemnización por parte das empresas. (sic).
-Os servizos públicos serán vítimas dunha feroz privatización. A educación, a sanidade, o transporte, as pensións... todo será obxecto de negocio para as grandes empresas (o mesmo que intentou Ignacio González na Comunidade Autónoma de Madrid co seu intento de privatizar a sanidade pública madrileña).
-En educación, onde agora hai becas haberá créditos bancarios, como no sistema norteamericano; onde había pensións públicas haberá fondos privados de pensións e a cobertura sanitaria pública converterase en seguros privados, xusto como en Estados Unidos. O negocio farano a partir de entón os fondos voitre, os grandes bancos e as grandes empresas.
-Poñerase en marcha un denominado Investor State Dispute Settlement (ISDS ou Mecanismo de Resolución de Conflitos entre inversores e Estados), un mecanismo tan perigoso que permitirá ás grandes corporacións e empresas denunciar aos gobernos locais, rexionais e estatais cando consideren que unha norma emitida por calquera deles pode restrinxir ou limitar as súas ganancias presentes ou futuras (sic). Proponse a existencia de tribunais especiais, formados por tres avogados privados, á marxe de calquera tribunal estatal ou internacional, ao que só poderán recorrer os inversores e os seus fallos serán inapelables.
COMENZA O REINADO DO TERROR!