21/05/11

A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL(do 15-05-11 ao 21-05-11)

INDIGNACIÓN E REFLEXIÓN:
Ignacio Escolar:<A verdadeira reflexión continuará, na Porta do Sol e en centos de cidades máis. E probablemente teña máis sentido esa asemblea apartidista, que segue aberta nas prazas, que a anacrónica xornada de reflexión; esa pola que claman algúns diarios da dereita que hoxe mesmo piden implicitamente o voto en portada para o PP, á vez que negan o dereito aos cidadáns de facer oír a súa voz>.
Portada de ABC-Foto de Rajoy, Esperanza Aguirre e Gallardón-:"Rajoy pide el voto del cambio".
Portada de La Razón-mesma foto-: "Jornada de irreflexión".
*GALIZA(EL PAÍS-21-05-11)<Feijóo chama a frear as coalicións que han "pervertido o sistema"."O noso sistema foi pervertido polos que se descualifican mutuamente sabendo que gobernarán se non son capaces de impedir que o partido que gañe non goberne".
Feijóo considera unha perversión do sistema as coalicións postelectorales sempre que non as lidere a forza máis valorada. Onte citou como exemplos Sevilla, Valladolid e Albacete e dixo que, se non existisen os nacionalistas, o PP estaría preparándose tamén en Galicia para sacar catro ou cinco concelleiros de vantaxe ao PSOE en cidades con hipotéticos escenarios bipartidistas. Obviou que, segundo esa mesma ecuación, el mesmo non chegaría a presidente, posto que socialistas e nacionalistas sumaron nas autonómicas 6.000 votos máis que o PP e só a repartición que fai a Lei D'Hondt entre os tres partidos serviu aos populares a maioría absoluta.>
A democracia a medida.
*GALIZA(O XORNAL:19-05-11)<Industria reparte 750.000 euros entre cinco xornais pouco antes da campaña electoral.A Consellería de Industria fixo públicos os convenios de colaboración deste ano con medios de comunicación para a promoción das actividades deste departamento.Tamén destaca que as partidas, de 150.000 euros, son idénticas para os cinco medios adxudicatarios das subvencións: La Voz de Galicia, El Progreso de Lugo, Faro de Vigo, La Región de Ourense e El Correo Gallego de Santiago.Desta forma os diarios que ven aumentadas ás súas axudas son: Faro de Vigo (100.000 euros máis), El Progreso (50.000 euros máis) e El Correo Gallego (50.000 euros máis). Outro dato a ter en conta é que a sinatura destes convenios produciuse o día 27 de Abril de 2011, dez días antes do inicio da campaña electoral.O pasado venres, a Consellería de Presidencia adxudicou a La Voz de Galicia S.A. a elaboración do novo Diario Oficial de Galicia (DOG) en formato dixital...O diario coruñés fíxose así con 684.000 euros de cartos públicos en plena campaña electoral>.
Amigos para sempre.
*GALIZA(ELPAIS.com:16-05-11)<O PP saca en prensa anuncios anónimos contra Bugallo.A aparición en dous xornais-poden chegar a custar 30.000 euros- dun anuncio no que se observan as cabezas de Bugallo e Zapatero rodeados por un círculo vermello "a modo de diana".A publicidade inseriuse a toda plana e a cor pero sen ningunha referencia aos seus patrocinadores máis aló do encabezado de "publicidade política". Fontes do PP confirmaron que foi obra de Nuevas Generaciones>.
Rexeneración democrática.
*GALIZA(ELPAIS.com:16-05-11)-CARLOS MARTÍNEZ BUJÁN-Aberración en Arzúa.En Galicia a campaña electoral comezou marcada por unha lamentable noticia: o candidato do BNG á alcaldía de Arzúa, Xaquín García Couso, foi definitivamente declarado inelegible, ao non admitir a trámite o Tribunal Constitucional (TC) o seu recurso de amparo.Con todo, a calquera xurista e a calquera demócrata debería preocuparlle que a García Couso aplíqueselle unha norma de tan dubidoso encaixe nun Estado de Dereito...Iso só pode ter explicación nun país como España, no que a situación excepcional xerada polo terrorismo etarra propiciou a creación dunha lexislación de excepción, que se compasa mal cos postulados do Estado constitucional. Que sentido ten incluír os delitos contra a Administración pública á beira dos "delitos de rebelión, terrorismo e contra as Institucións do Estado"?>.
A independencia xudicial.
*GALIZA(ELPAIS.com:16-05-11)<Hai tres empresas do presidente de Ciudadanos por Porriño, agora PP.Todas empezan a facturar desde a moción de censura, en febreiro de 2010.Empresas afíns ao alcalde de Porriño copan contratos municipais.A Intervención municipal pon reparos ao pago de case un millón de euros.Xardinería, limpeza, electricidade, reparacións e transportes de materiais, os servizos básicos de mantemento do Concello de Porriño, están sendo copados por un grupo de empresas vinculadas a Ciudadanos por Porriño (CxP), o grupo fundado polo alcalde e o seu segundo, Nelson Santos e José Manuel Jacobo respectivamente, desde que executaron a moción de censura contra o anterior rexedor, o nacionalista Raúl Francés, en febreiro do ano pasado. Ambos, que encabezan agora a candidatura do PP, levantaron os reparos da Intervención municipal ao pago fraccionado de máis de 900.000 euros por eses servizos>.
Corruptos.
*GALIZA(EL PAÍS:15-05-11)<A unha semana das votacións do 22-M,EL PAÍS invita aos candidatos a alcaldes a realizar un exercicio de transparencia cara á cidadanía. Nunha carta remitida o pasado mes de marzo, este xornal ofreceu aos candidatos das tres forzas máis votadas nas cidades nos comicios de 2007 a posibilidade de facer público o seu patrimonio. Non todos accederon. O candidato do PSOE á alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri, e os aspirantes polo PP en Vigo, A Coruña, Ourense e Ferrol -Corina Porro, Carlos Negreira, Rosendo Fernández e Juan Manuel Rei- negáronse a desvelar os seus bens>.
A transparencia é só publicidade.
*GALIZA(O XORNAL:17-05-11)<O BNG de Xinzo de Limia denuncia que o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, entregou a pasada fin de semana, nun mitin na parroquia de Morgade, un total de 3.000 euros, “todo en billetes de 50” a un representante veciñal, logo das queixas expresadas porque o ente provincial nunca atendeu a vella reclamación de poñer aire acondicionado no local social do pobo...o barón ourensán chegou á parroquia de Mogarde para facer un mitin o pasado domingo...Quen lle recriminou a Baltar foi o alcalde pedáneo de Morgade, que se desprazara ata a Deputación en numerosas ocasións na busca da prezada subvención...o barón ourensán molestouse visiblemente polas recriminacións e decidiu ir ao seu coche, o vehículo oficial da Deputación segundo os presentes. “Dirixiuse ao maleteiro do seu vehículo e sacou un faixo de billetes de 50 euros ata completar os 3.000 euros”...“Tomade os cartos, en canto chegue a subvención mos devolvedes”, manifestou Baltar. Queda agora por saber se o presidente da Deputación empregou cartos do seu propio peto ou do ente provincial...O Partido Popular atribuíu o “pago dunha débeda particular dentro da esfera privada” a actitude de Baltar>.
Totalmente transparente:PADRIÑO¡
*GALIZA:(EL PAÍS:17-05-11):MANUEL M. BARREIRO:<...o máis probable é que sexa o Partido dos Abstencionistas quen determine, coas súas incomparecencias, as maiorías de goberno en Galifornia e algo máis. O 22-M o Partido Popular ten convocado un plebiscito para ratificar a institucionalización dun réxime de partido ultradominante, santificado pola ocupación da inmensa maioría dos centros de poder e bendicido por unha esmagadora vantaxe electoral sobre o PSdeG e o BNG. Mariano Rajoy percorre España anunciando unha nova era e, como complemento a 15 anos de fraguismo, Núñez Feijóo garante en Galicia unha nova glaciación conservadora. Os abstencionistas tamén pasarán frío>.
A solución mañán.
*GALIZA:(O XORNAL:19-05-11)<O BNG de Gondomar denunciou onte que o Concello pontevedrés, gobernado polo PP tras unha moción de censura, ten que facer fronte a unha factura de máis de 1.000 euros en concepto de catro bolas de ouro que foron entregadas en un acto ao presidente da Deputación, Rafael Louzán, ao vicepresidente, Chema Figueroa, ao conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda e a outros dous cargos máis do PP...A polémica radica en que as bolas de ouro foron entregadas a estes cargos populares pola asociación E Agora Onde Imos...“Nós denunciamos este acto ante a Xunta Electoral, polo que os galardóns tiveron que darllos en privado”,conta o ex alcalde de Gondomar, o nacionalista Antón Araúxo>.
Pagamos todos.
*GALIZA:(O XORNAL:15-05-11)<As deputacións de Louzán e Baltar custan un 25% máis cós bipartitos.O organismo provincial ourensán dedicou o 35% dos seus fondos a persoal, seguido do pontevedrés, cun 28% dos ingresos.No caso do PPdeG, as reiteradísimas promesas de “austeridade” teñen como argumento fundamental a fin dos gobernos de coalición entre PSdeG e BNG. Os bipartitos, din os populares, son “menos eficientes” e, sobre todo, “máis caros”, tanto nos concellos como nas deputacións...Unha ollada ás contas dos catro organismos provinciais galegos permite concluír que, no referido aos gastos de funcionamento do propio goberno, as deputacións de Ourense e Pontevedra, gobernadas polo PP, non só non aforran a respecto das da Coruña e Lugo, senón que resultan ata un 25% máis caras para o contribuínte neste ámbito.Segundo os orzamentos das deputacións recollidos como anexo nas contas da Xunta, no ano 2010 –último dato dispoñible–, os organismos ourensán e pontevedrés destinaron, entre os dous, 7,6 millóns de euros á partida de “órganos de goberno”. Nomeadamente, no ente dirixido por José Luis Baltar, o gasto foi de 2,7 millóns e, no de Rafael Louzán, de 4,9 millóns, o máis elevado dos catro gobernos provinciais. Mentres, nas deputacións bipartitas, o gasto redúcese nun 25%, quedando nos 5,7 millóns de euros, dos cales 2,7 corresponden á Coruña e os tres restantes, a Lugo ...Segundo os datos recollidos na mesma documentación que se inclúe nos Orzamentos da Xunta para 2011, a Deputación de Ourense é a que dedica unha maior proporción dos seus ingresos a gastos de persoal, situándoos nun 35% dos 85,1 millóns de euros que xestionou.Despois do organismo ourensán sitúase o pontevedrés, na que o persoal supón un 28% dos seus gastos.Pola banda dos organismos dirixidos por socialistas e nacionalistas, a Deputación de Lugo dedica a financiar as nóminas dos seus traballadores un 25% do orzamento e pecha a relación a entidade coruñesa. No seu caso, o goberno bipartito que encabeza Salvador Fernández Moreda reservou en 2010 o 20,6% dos fondos para o persoal.O dato de que a Deputación ourensá sexa a última no que a gasto total de persoal se refire queda compensado ao observar os indicadores de ingresos por habitante.Desta forma, no ente de Baltar a correspondencia foi en 2010 de 240 euros por habitante, só superada polo organismo lugués, con 407 euros por habitante. Estes indicadores péchanos Pontevedra, con 159 euros, e A Coruña, que manexa 156 euros por habitante>.
E decir,nin mais caros nin menos eficientes.
*SPAIN(Kaosenlared:15-05-11)<Miles de manifestantes no estado español contra a crise capitalista, din: Non somos mercancía en mans de políticos e banqueiros. Centos de miles de persoas (especialmente novas) saíron á rúa ás 18.00 horas en case todas as cidades do estado español para reclamar "unha saída social á crise"."Democracia real xa">.
-(Altermundo.org:17-05-11):Xoán Hermida:<"Democracia real?.Por suposto!".Os actuais movementos de "Democracia Real Ya!" e "No les votes!" parten dunha realidade obvia coma é a desafección dun importante sector da sociedade co actual modelo de democracia baseada na preponderancia dos partidos políticos, convertidos en estruturas alleas as demandas das súa base social (aínda que non sempre do mesmo xeito xa que a dereita se que responde as demandas da súa base social). Pero ollo!, pois podemos acabar confundindo os síntomas coa enfermidade...Manterá a liña critica este movemento unha vez que a dereita gañe e leve ás últimas consecuencias o axuste iniciado polo PSOE?;...Afortunadamente a experiencia próxima de "Nunca Máis" e da rede "Galiza Non Se Vende" poden servirnos, mutatis mutandis, de exemplo dos erros que non deben cometer estas iniciativas tan necesarias como difíciles de xestionar...Por outra banda, e isto é o máis importante, a base sociolóxica a quen se dirixe ditos movementos é a mesma base que posteriormente sustenta eleitoralmente ao BNG ou mesmo ao PSOE, … e a IU, a ICV, a ERC, a Chunta, a Bildu ou a Aralar...Iniciativas como "Democracia Real, Ya !" ou GNSV son máis que necesarias pero non se poden converter en incompatibles coas estruturas de intermediación que representan hoxe por hoxe as forzas políticas. Se é así terán longa vida e serán capaces de influír no cambio de modelo político e económico, senón no mellor dos casos convertense nun instrumento táctico que mesmo poden correr o risco de ser utilizados conxunturalmente por intereses espurios. Xa que logo indignarse é necesario pero rebelarse é imprescindible.>
Organizarse,  militar,  loitar...
*SPAIN(O XORNAL:17-05-11)<O tanque do Exército de Estados Unidos que supostamente disparou o 8 de abril de 2003 contra o Hotel Palestina de Bagdad causando a morte do cámara galego José Couso “puido apreciar con total claridade os individuos” que estaban neste edificio e “os obxectos que portaban”, segundo un informe pericial encargado polo xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz...En xullo de 2010 Pedraz reabriu por segunda vez a causa por orde do Tribunal Supremo e ordenou a captura do tenente coronel Philip de Camp, o capitán Philip Wolford e o sarxento Thomas Gibson.>
Asesinato impune.
*SPAIN(PÚBLICO:17-05-11)<Expulsado dunha igrexa tras afear a un cura as súas inxurias...Primitivo González é católico practicante, ademais de enxeñeiro naval e catedrático da Universidade da Coruña...foi expulsado da igrexa do pobo por haberse atrevido a interromper ao pai Enrique Olmo no momento da homilía, segundo informou onte o blog Relixión Dixital e confirmou a este diario o propio González. "Estamos en misa, non nun mítin", apostilou González despois de que o párroco acusase ao Goberno de "ser máis nazi que os nazis de Alemaña" por "asasinar aos nenos nos ventres da súa nai"...Segundo a versión do catedrático, Olmo tamén increpou á ministra de Sanidade, Política Social e Igualdade, Leire Pajín, pola nova Lei de morte Digna. "É unha asasina de anciáns e de persoas que estorban", espetou o cura.Cando González se decidiu a interromperlle, catro homes empuxáronlle nun acto "espontáneo" para forzarlle a saír da igrexa.González cre que un cura non ten dereito a utilizar o púlpito para injuriar a un Goberno elixido democraticamente. "Vou a misa a escoitar a palabra de Deus, e non a un mitin político">.
Igrexa e dereita, un matrimonio exclusivamente de conveniencias.
*SPAIN:(EL Plural.com:15-05-11)<A Comunidade de Madrid comprometeu 170 millóns de euros para construír un campo de cuxa promotora é vicepresidente o seu marido.Aguirre cede chan público e modifica normativas para favorecer á súa familia no negocio do golf.Nos seus oito anos de mandato, a presidenta madrileña favoreceu notablemente o fomento do golf, no que teñen intereses membros da súa familia>.
Corrupción "chic".
*MUNDO:(O XORNAL:15-05-11)<Detido o director do FMI por agresión sexual.Strauss-Kahn foi acusado de agredir sexualmentede a unha traballadora do hotel no que se aloxaba na cidade estadounidense, situado en Times Square, segundo informou "The New York Times"...En outubro de 2008, Strauss-Kahn pediu perdón por un "erro de entendemento" nun affair cunha subordinada, pero negou que abusase da súa posición. Strauss-*Kahn desculpouse ante os seus empregados; a muller coa que tivo o affair, Piroska Nagy; e a súa muller, a presentadora de televisión Anne Sinclair, polos problemas causados polo suceso>.
Noxento.
*MUNDO(EL PAÍS:15-05-11)<Exsoldados israelís narran as humillacións ás que son sometidos os palestinos.A ONG Rompendo o Silencio(Shovrim Shtika, máis coñecida internacionalmente como Breaking the Silence) publica unha ducia de testemuños nos que por primeira vez os protagonistas mostran o rostro>.
*MUNDO(PÚBLICO:16-05-11)<Israel converte nun baño de sangue a "Nakba" palestina-a catástrofe-, na súa tradución do árabe, que para eles representou o establecemento de Israel. Polo menos 13 palestinos morren por disparos dos soldados israelís en incidentes en Gaza e Cisxordania e nas fronteiras con Líbano e Siria .Unha pancarta dicía: "O retorno é un dereito natural e legal que non está suxeito a negociación">.
*MUNDO:<(conmemoración de la Nakba en la Facultad de Cc. Políticas y Sociología de la UCM, convocada por el colectivo Todos Somos Palestina:Rebelión.org):Roberto Mesa, catedrático:“A historia do enraizamiento dos palestinos na súa patria, no chan natal, no fogar que se lles arrebatou, é un relato mil veces narrado e permanentemente esquecido. Esta historia colectiva está habitada por unha lingua, por unha cultura por un folklore, por varias relixións, por unha paisaxe; e na idade contemporanea, está autentificada polo cárcere, pola tortura, polo exilio, polo desterro, e polo sangue derramado por homes e mulleres no seu combate por retornar á patria expoliada para alí alzar, no seu propio chan, o seu Estado Nacion". Bishara Hader: "a traxedia palestina comeza o día no que o primeiro congreso sionista en Basilea en 1897 decide a creación dun fogar xudeu en Palestina. Toma forma o 2 de novembro de 1917 cando o goberno británico promete aos xudeus ver favorablemente a creación dun fogar xudeu en Palestina, e queda consagrada cando a Asemblea Nacional das NNUU decide a partición de Palestina pola resolución 181 que supón a creación dun Estado xudeu de 14.000 km2 para 558.000 xudeus e 405.000 árabes, un Estado árabe con 11.500 km2 para 804.000 árabes e 10.000 xudeus e unha zona baixo réxime particular que comprendía os lugares sacros, particularmente Xerusalén. Esta resolución é a terceira etapa nunha carreira que empezou bastante antes". Rashad Abu- Shawer:“todas as persoas teñen unha patria onde vivir excepto os palestinos que teñen unha patria que vive nel", nós os palestinos que vivimos a diáspora palestina acompáñanos alá onde imos, sentimos que temos unha patria que é o mundo enteiro e temos unha patria que é Palestina. Os xudeus saben que a súa batalla contra nós é moi difícil porque saben que eles son os ocupantes">.
*MUNDO(PÚBLICO:20-05-11)<Israel ve "indefendible" volver a las fronteras de 1967.El primer ministro israelí, Benjamin Netanyahu, reaccionó furioso a la propuesta lanzada ayer por el presidente de EEUU, Barack Obama, para que Israel retrocediera a las fronteras de 1967 en beneficio de un estado palestino y la paz en Oriente Medio>.
Palestina Libre¡
PREGUNTA: Se anulasen as subvencións a Igrexia Católica, que recibe ao ano 10.000 millóns de euros das arcas públicas,(segundo o cálculo, realizado por Europa Laica, coas transferencias a educación e a sanidade concertadas), unha media de 200 euros por habitante sexa ou non creente, non sería necesario ampliar a edade de xubilación ata os 67 anos?.
PAROLE¡PAROLE¡
-Manuel Rivas: “Hai máis autoridades no cocido de Lalín ca o Día das Letras”.
-Pablo Iglesias Turrión:"tanto aos que toman as decisións de reprimir como aos que miran cara a outro lado ou as celebran, ben debemos chamarllo: porcos!".
-Noam Chomsky:"...crear unha crise económica para facer aceptar como un mal necesario o retroceso dos dereitos sociais e o desmantelamento dos servizos públicos".
BÁRBAROS:
-José Luis Baltar:"Ya todo el mundo sabe que soy un cacique, pero a mí me siguen votando y a ellos no".
-Mariano Rajoy:"Camps es candidato porque ha hecho las cosas bien y porque todos creemos que es un hombre honrado. No me creo que nadie se venda por tres trajes".
-Salvador Sostres:"Cualquiera que haya viajado un poco y se haya hospedado en hoteles de lujo sabrá perfectamente que los hombres solos a los que se les presume cierto poder adquisitivo son como golosinas para algunas camareras".
-Juan Manuel De Prada:"A un pueblo sin sentido natural de la justicia puedes convertirlo en alimaña, dándole lo que no le pertenece, mediante la fórmula buenrollista de la extensión de derechos: puedes satisfacer sus caprichos, saciar sus apetitos, colmar sus caprichos de chiquilín emberrinchado; puedes darle, incluso, ‘derecho a matar’ y ‘derecho a morir’ muy dignamente”.
-Alberto Fernández Díaz(PP,Barcelona):“Enfermedades que estaban erradicadas en la ciudad desde hace mucho tiempo han vuelto a aparecer traídas por inmigrantes”.

19/05/11

A "LISTA MAIS VOTADA" OU UN METRO DE DEMOCRACIA DE 50 CENTÍMETROS

O Partido Popular e os seus voceiros, predican unha democracia a súa medida, unha democracia de "alta costura"-para poñelo en fino- "haute couture". Cando non lles vai ben o resultado, cando nas eleccións non obteñen a maioría absoluta, ou non poden pactar para gobernar, queren cambiar as regras do xogo. Na páxina de lavozdegalicia.es, (15-05-11), Roberto L. Blanco Valdés, segue o camiño do escoitado estes días de campaña aos dirixentes do PP, e escrebe no artigo -¿Debe gobernar la lista más votada?- as seguintes ideas:"Es conocido que cuando una cuestión se formula erróneamente, resulta imposible darle una respuesta adecuada. Tal ocurre con la relativa a si debe gobernar la lista más votada en las municipales...cabe responder a la pregunta que encabeza esta columna atendiendo a esos datos, lo que exige antes que nada distinguir. Sí, distinguir, porque no hacerlo y mezclar todo es la mejor forma de no sacar conclusiones razonables ...donde el primer partido está al borde de la mayoría absoluta y, además, la diferencia entre él y los que pierden es de tal magnitud que lo más democrático sería que gobernase el ganador...Partir de esa diferencia permitiría modificar la legislación vigente para establecer un nuevo sistema de elección de regidores por virtud del cual, sentada una cierta distancia entre el primer partido y los demás, debería ser su candidato el que, automáticamente, pasara a ser alcalde...de hecho, creo que la necesidad de tal reforma sería discutible si los casos en que no gobierna el ganador, pese a tener una indiscutible mayoría, fueran la excepción o, siendo numerosos, se distribuyeran de un modo equitativo entre los dos grandes partidos. Pero cuando esos casos son numerosísimos y perjudican y benefician siempre al mismo, no hay regla conocida de justicia que justifique el mantener el sistema y no cambiarlo... Por si todo ello no bastara, la actual situación, que tras el 22-M podría ser todavía más injusta, tiene además en Galicia resultados adicionales muy poco funcionales: que da al BNG un poder absolutamente desproporcionado a su fuerza electoral; y que impide a los socialistas, rehenes de los nacionalistas, aspirar a un proyecto autónomo que no los obligue a parecer lo que no son y a correr el riesgo de acabar siendo lo que al principio solo resultaba una apariencia>.Ou sexa: a resposta adecuada, non mesturándoo todo, a conclusión razonable é: que o BNG non estea nos diversos gobernos como forza minoritaria.Teñen un problema co sistema democrático que tanto santifican. Só lles gusta cando obteñen beneficios electorais e gobernan co seu maravilloso absolutismo democrático. Cando non é así, a minoría fai reféns. Só lles gustan as coalicións cando as fan eles para servir aos seus intereses. Exemplos hai por ducias, incluso contranatura(Euskadi:pacto PP-PSOE), empregando partidos submarinos independentes que rematan apoiando o de mais poder, ou utilizando o transfuguismo, para derrubar gobernos lexítimos. O democrático que pode resultar un goberno de coalición, con mais base popular de apoio, o democrático que pode ser que varios partidos, incluso distintos, fagan un pacto de goberno cun programa mínimo común, é secuestrar a democracia. Incluso critican que dous partidos coaligados teñan opinións distintas sobre algunha cuestíon, falando entón de fracaso no goberno ou de disensións nel. Sobran exemplos, pero creo que é mais democrática esa diverxencia, que o pensamento único ou o rodillo. Pola contra, non falan do imperfecto e tramposo dun sistema que predicando a igualdade de oportunidades, é o mais desigual nas mesmas. Ou todos os partidos teñen os mesmos apoios económicos e mediáticos?. É unha evidencia tan párvula como antiigualitaria, porque non todos os partidos están ao servizo dos bancos que os apoian, nin das multinacionais e  das grandes empresas económicas que a súa vez detentan os grandes medios de comunicación, para voltar a apoialos. Quén paga as fabulosas campañas electorais dos dous grandes partidos?.Como devolven a débeda?. Roberto Luís debe coñecer de primeira mán, a campaña que La Voz deseñou para que o Sr.Feijó09 e o Sr.Rueda gañaran ao bipartito con moita información democratica e neutral. Nisto non hai reféns. Aquí hai liberdade, a dos listos por designación democrática-divina-bancaria no nome dunha mal entendida liberdade de expresión. E porqué non falamos tamén, do sistema electoral  español, un sistema deseñado para favorecer o bipartidismo, coa Lei D'Hondt favorecendo os partidos maioritarios?. Teñen o mesmo problema cando algún tribunal non dictamina ao seu gusto: cando o Tribunal Constitucional dí que Bildu é legal, son pro-etarras, pero se a sentenza é do seu gosto, serían demócratas. O verdadeiro problema que ten o PP, a cara mais integrista e retrógrada do sistema, é quedar fora dos gobernos, e teñen moi claro que si a xente vota BNG, o PP non entra neles, porque non ten con quen realizar pactos, excepto cos submarinos, os "independentes" que nas localidades, non entran nas listas do PP porque as loitas polo poder os deixan fora da lista oficial. O verdadeiro problema do PSOE, a outra cara falsamente edulcorada do mesmo sistema, e que gobernando co BNG, este pode desenmascarar as políticas antisociales e antiobreiras, a   súa sumisión fronte a patronal e os bancos e mostrar outro xeito de gobernar. E nos dous, PP e PSOE, non se distingue ningún desacordo en temas como bancarización das caixas, privatizacións, sumisión o poder financeiro, pensións, rebaixa salarial, edade de xubilación. O verdadeiro problema da "inxustiza" da que fala Roberto Luís, radica na propia esencia da democracia, e o problema que teñen PP, PSOE, Roberto Luís e os que hoxe andan nesa teima, é que lles estorba o BNG. Porqué será?...Temos que empezar a preocuparnos, porque non tardarán moito, si lles convén, en refacer unha Lei Electoral ainda mais a súa medida. Se poden farán cidadáns de primeira con dereitos(sumisos e agradecidos),e cidadáns de segunda sen dereitos(insumisos a unhas políticas anticapitalistas e antigalegas). O asombroso é que estes cursiños de corte e confección democrática, os fan para o noso país e non para esa Europa  que tanto lles gusta, a quen tanto adulan, e donde os gobernos de coalición son unha cousa normal. Non importará que teñan que explicar que para eles, "bós" demócratas, un metro ten 50 centímetros.

17/05/11

TRES EN RAIA: ISLANDIA, GALIZA, ARZUA.

<Antonio Márquez de Alcalá:”O exemplo islandés e a conciencia política ante a crise”:(Rebelión.org):A revolución política islandesa ocorrida nos últimos dous anos, o proceso político vivido no país por mor da crise, e que levou á dimisión dun goberno e a convocatoria dunha Asemblea Constituínte, foi chamado nalgúns ámbitos "a revolución silenciada".E con razón. O mutismo mediático ao redor dos cambios que está vivindo o país nórdico foi asombroso, especialmente se o comparamos coa atención recibida polas revoltas árabes...que leccións políticas pode deducir o resto de poboacións europeas da actitude mostrada pola poboación islandesa?...En primeiro lugar, o exemplo da experiencia islandesa ponnos en garda contra esa especie de depresión colectiva por "indefensión aprendida", por parafrasear a Seligman, que padecen as poboacións europeas, e particularmente a española. Durante décadas se nos someteu a unha terapia comunicativa que gravou a lume nas nosas conciencias a idea segundo a cal calquera resposta política ante as agresións contra os nosos dereitos sociais, ou ante as situacións de inxustiza, non serve para nada ou pode ser ata perigosa. Iso colócanos nunha situación de submisión e pasividade permanente que busca na satisfacción dos desexos individuais e no "sálvese quen poida, pero eu o primeiro", a panca que faga cesar o malestar...En segundo lugar, hai outro mito que é un clásico nalgúns círculos da esquerda, pero que tamén forma parte dese "sentido común" xeneral. E é unha variante da vella idea do "canto peor, mellor". Seguindo esta liña de argumentación, revolucións e cambios políticos drásticos como os ocorridos en Tunisia e Exipto non son posibles nin desexables en países "desenvolvidos" como os europeos...A poboación islandesa, de novo, puxo esta cuestión sobre a mesa: un país "desenvolvido", economicamente estable ata fai moi pouco tempo, con cotas paro e pobreza case nulas, e cun alto nivel tecnolóxico e educativo, fixo saltar polo aire o seu sistema político e enfrontouse a banqueiros, organismos internacionais e potencias estranxeiras en canto percibiu que estaba sendo sometido a un trato inxusto...En terceiro lugar, o pobo islandés recórdanos que en política non existen fórmulas universais para realizar cambios socales e sacar adiante proxectos colectivos...En cuarto lugar, quen argumentan que o recurso ao Estado é cousa do pasado e que os mercados son fatalidades que non poden tocarse, so pena de graves consecuencias económicas para a poboación, debéronse atopar en Islandia cun problema teórico difícil de resolver. Un Estado capitalista europeo e "desenvolvido", cedendo á presión popular, nacionalizou a banca do país, póndoa ao servizo do propio Estado e da cidadanía...E para rematar, podemos tamén extraer unha importante lección da diferenza coa que o pobo islandés afrontou, en termos de clase, a situación de crise financeira con respecto a outras poboacións europeas: ante a privatización dos beneficios e a socialización das perdas, Islandia encarou o problema optando polo escarnio e a persecución dos culpables, en lugar da criminalización dos migrantes como chibas expiatorios. Dirase que ésto é porque a porcentaxe de inmigración en Islandia é moito menor que noutras zonas europeas. Quizá.  Pero en calquera caso os islandeses demostraron ter moi claro que as "clases perigosas" non son as que veñen de fóra para traballar na industria, senón as que, falando a súa mesma lingua e compartindo nacionalidade, saquean e venden os recursos de toda a cidadanía .O que nos vén a mostrar a experiencia islandesa é que si se pode. Que as decisións económicas son, en realidade, decisións políticas, non fases no movemento eterno do mecanismo dun reloxo, e que corresponde ao conxunto de cidadáns, e non só a unha parte deles, o tomalas. Móstranos tamén que existen máis opcións que os trillados camiños da aceptación pasiva das recomendacións dos "expertos", que sempre son as mesmas, sempre fracasan e conducen ao desastre. Ensínanos, en definitiva, que a injustica só é inevitable se nos cremos que o é, e que a xenerosidade co débil e a valentía fronte ao poderoso merecen a pena... e ata son rendibles>.
<Enrique Negueruela:"O emprego no contrato incumprido por Feijóo":(O XORNAL:15-05-11):

Emprego (punto 1). Combater o paro como máxima prioridade do Goberno e recuperar a senda de creación de emprego garantindo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes:a senda de creación de emprego emprendida polo seu goberno supuxo unha perda de 87.800 postos de traballo e o seu combate do paro foron 63.800 persoas paradas máis...o cambio de camiño emprendido por Feijóo supuxo a perda do 7,5% dos empregos cando no Estado se perderon o 4,9%.A Consellería de Traballo eliminou todos os programas postos en marcha polo equipo anterior: o Plan Contigo para paliar os efectos da crise; o Plan Aurora de emprego feminino; o Plan muller porque si, etc. Desapareceron os Pactos de Estabilidade e os Pactos Territoriais para que non se elaboraran plans de emprego. Eliminou todos estes programas sen substituílos por ningún outro. Desapareceron as Unidades de Promoción e Desenvolvemento que facían análise e prospección no territorio, aínda que eran un compromiso explícito no programa electoral do PP. A senda do contrato de Feijóo era a ausencia de camiños, era un vagar sen rumbo nin dirección. O resultado foi a meirande destrución de emprego en dous anos de toda a historia de Galicia.
Austeridade (punto 3). Eliminar e reducir drasticamente os gastos superfluos en publicidade, altos cargos, asesores, automóbiles ou obras nas dependencias de goberno.Nos fondos de emprego sobre os que a Xunta ten capacidade de decisión, fondos propios ou do FSE, o recorte foi do 38%, 70 millóns menos.O recorte do capítulo II, de gastos correntes, foi o 13% e o dos capítulos IV ao VIII, onde están os fondos que se invisten directamente en políticas de emprego, do 52%. A redución drástica non foi en “gastos superfluos” senón en investimento en políticas de emprego. Por certo que a conselleira e os directores xerais teñen coche oficial da mesma gama que os anteriores. Unha parte do persoal de Gabinete, despois de aparecer na declaración de 2009, desaparece das seguintes declaracións pese a continuar na Consellería. Non se reduce, se oculta.Se eliminan e reducen os fondos da Xunta para políticas de emprego: elimina os destinados ao autoemprego (23 millóns), os de formación de parados (3,5 millóns), os de contratación de desempregados por corporacións locais (8,4 millóns); reduce os do Servizo Público de Emprego nun 56%; os de fomento do emprego nun 57%, os destinados ás relacións laborais e a economía social un 36% e a saúde laboral un 34%.Corta onde non o ía facer e mantén o gasto que se comprometeu a recortar. Esta austeridade Feijóo a logra cun incremento da débeda de Galicia de 328 millóns de euros por cada trimestre. A débeda da Xunta de Galicia pasou de supoñer o 6,9% do PIB de Galicia, cando chegou Feijoo ó goberno ó 11,2% do PIB. Este é un logro de Núñez Feijóo, presidente austero e aforrador, mentres Touriño, despilfarrador e manirroto, soamente a diminuíu do 7,4% ao 6,9% do PIB.
Xuventude en primeiro plano (punto 8). Ampliar as oportunidades para que os mozos poidan vivir, estudar e traballar na súa terra, con políticas de vivenda efectivas, abrindo máis opcións de formación, e facilitando a súa entrada no mercado laboral...Pasouse de que estiveran ocupados un de cada tres a case un de cada cinco mozos menores de 25 anos. Este é o resultado do seu contrato coa xuventude...Non aumentaron aquelas nas que a formación pode ir vinculada ó emprego. Este ano non se porán en marcha nin Escolas Obradoiro nin Obradoiros de emprego. Ambas ben definidas, son instrumentos eficaces para a inserción da mocidade, especialmente a que ten menor nivel de estudos.
Rexeneración democrática (punto 14). Nel dicíase: “Gobernar para todos, independentemente das súas preferencias políticas, eliminar prácticas clientelares e aplicar con capacidade de reacción a asunción de responsabilidades nos supostos que correspondan”...A conselleira de Traballo aparece nas gravacións das conversacións da Operación Orquesta porque lle piden que coloque a familiares dos máis directamente implicados.Descoñecemos as actuacións que a conselleira puido facer, pero esas persoas están colocadas onde querían. Pode ocorrer igual que na Deputación de Ourense. O director xeral de Promoción do Emprego está imputado por prevaricación por exercer unha persecución a Unións Agrarias. A directora Xeral de Formación e Colocación dende o quince de maio de 2009 está sentenciada solidariamente por falta de alta na Seguridade Social dunha traballadora. Manter á fronte do emprego a estes tres altos cargos, dos que se pediu reiteradamente o seu cesamento, non parece ter nada que ver coa rexeneración democrática...O PP cree que calquera reparto no que non saian fortemente favorecidos é clientelar. Por iso considera clientelar que co bipartito os fondos de cooperación nos concellos gobernados polo PP foran soamente un 6% mais ca media de Galicia. No seu primeiro reparto supoñen mais do dobre, 614 € cando a media eran 300: iso é un reparto non clientelar.Este contrato, como vimos en materia de emprego, non era nada mais cun artificio electoral, un mais dos que utilizou Feijoo na campaña electoral mais sucia e mentireira que lembro e estiven seguindo todos os procesos electorais dende que se reinstaurou a democracia>.
<CARLOS MARTÍNEZ BUJÁN-”Aberración en Arzúa”(ELPAIS.com:16-05-11):En Galicia a campaña electoral comezou marcada por unha lamentable noticia: o candidato do BNG á alcaldía de Arzúa, Xaquín García Couso, foi definitivamente declarado inelegible, ao non admitir a trámite o Tribunal Constitucional (TC) o seu recurso de amparo. O TC fai uso da facultade que lle outorga o artigo 50 da súa Lei Orgánica (reformado en 2007, co fin de evitar o colapso do Tribunal), sobre a base de entender que o contido do recurso "non xustifica unha decisión sobre o fondo en razón da súa especial transcendencia constitucional".Con todo, a calquera xurista e a calquera demócrata debería preocuparlle que a García Couso aplíqueselle unha norma de tan dubidoso encaixe nun Estado de Dereito, como é a contida no artigo 6-2-b da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral, que considera "inelegibles" a "os condenados por sentenza, aínda que non sexa firme, por delitos de rebelión, de terrorismo, contra a Administración pública ou contra as Institucións do Estado, cando a mesma estableza a pena de inhabilitación". Resulta xa dificilmente aceptable, con carácter xeral, que o Estado obrigue a cumprir unha pena (a inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo) a un cidadán antes de que exista unha sentenza firme, e contra a que cabe aínda un recurso ordinario ante un tribunal superior.  Iso só pode ter explicación nun país como España, no que a situación excepcional xerada polo terrorismo etarra propiciou a creación dunha lexislación de excepción, que se compasa mal cos postulados do Estado constitucional. Agora ben, que se obrigue a cumprir a referida pena de inhabilitación a un candidato dun partido inequivocamente democrático, tras ser condenado por un xulgado do penal, porque desobedeceu unha orde xudicial e "non apurou a execución" da derriba dun edificio, entra de cheo no terreo do verdadeiramente esperpéntico e aberrante. Que pasará se, como sucede en multitude de ocasións, a Audiencia Provincial estima o recurso e anula a condena?
O citado artigo 6-2-b da Lei Electoral é unha norma que se introduciu na reforma realizada pola recente Lei Orgánica 3/2011 cunha finalidade que nada ten que ver co caso de García Couso, dado que xorde (segundo indícase paladinamente no seu preámbulo), como unha secuela da Lei de Partidos Políticos, para ser aplicada exclusivamente a aquelas persoas que non respectan na súa actuación "o método democrático para defender as súas ideas e obxectivos" e, máis concretamente, "para evitar que formacións políticas ilegais ou quen xustifican ou apoian a violencia terrorista poidan utilizar novas vías para, fraudulentamente, concorrer a futuros procesos electorais e obter representación institucional".
Esta é, polo demais, a única explicación que se inclúe no preámbulo para xustificar a modificación dunha serie de preceptos da Lei Electoral, preceptos que aparecen a continuación concretamente comentados polo lexislador. Todos, salvo, curiosamente, o contido no mencionado artigo 6-2-b, a pesar de que é este o que requiría, precisamente, unha cumprida xustificación, dada a restrición de dereitos fundamentais que encerra. E non xa só no que incumbe ao seu orzamento (unha sentenza que aínda non é firme) senón en canto ao seu ámbito de aplicación: que sentido ten incluír os delitos contra a Administración pública á beira dos "delitos de rebelión, terrorismo e contra as Institucións do Estado"?.
Con independencia de que tan estrafalaria enumeración demostra que o lexislador da Lei 3/2011 nin sequera tomouse a molestia de ler o Código Penal (e parece que o TC tampouco), o certo é que se, entre as numerosas infraccións que se inclúen no noso Código baixo as rúbricas xerais de "delitos contra a Constitución" e "contra a orde pública", a Lei 3/2011 só menciona os delitos de rebelión, terrorismo e contra as Institucións do Estado, hai que colegir que estes son os que o lexislador considera máis graves e máis vinculados ao fin perseguido. Xa que logo, iso obriga a entender (utilizando o argumento a fortiori, a maiore ad minus) que a mención dos delitos contra a Administración pública (a de todos, ademais) vulnera o principio de proporcionalidade, polo que debería ser declarada anticonstitucional ou, cando menos, ser obxecto dunha interpretación restritiva que excluíse os casos en que (como o de Arzúa) o delito presuntamente cometido non se cualifica como grave no Código Penal e nada ten que ver co fin pretendido pola Lei 3/2011>.