27/04/13

Como Dios manda, Mariano!.


10 de xaneiro de 2011. Mariano Rajoy dixo:" voy a hacer las cosas como Dios manda".
Detrás de tan católica frase, os bancos e as grandes corporacións privadas mandan.
Un ano antes o 10 de xaneiro de 2010 prometeu: "Cuando gobierne bajará el paro", e nas portadas dos xornais que o apoiaban, prometía que chegaría a crear 3.500.000 postos de traballo. Gañou as eleccións xerais en novembro de 2011.
Despois de 16 meses de Goberno do PP, o paro, que atoparon no 22,8%, pechará 2013, segundo cálculos do Exécutivo, no 27,1%. E para o 2015, nunha nova cita electoral, si antes non somos capaces de botalos, no 25,8%.
Hoxe hai 6.202.700 personas no paro, das cales 1,9 millóns de familias teñen todos os seus membros no paro (un 10,3% mais que no  último ano) e un millón de mozos menores de 25 anos sin traballo o 57.22%. Como Dios manda, Mariano!.
E cun país endebedado para varias xeracións que pagarán os intereses aos mesmos bancos que rescatamos da ruina.
Pola contra e grazas os moi competentes proxectos desta dereita retrógrada, pretenden 
subir, de novo, a idade da xubilación e cobrar unha pensión menor. Ou o que é o mesmo: Morre, para que así non a cobres. Calquera pode entender que a sostenibilidade do sistema non depende de si nos xubilamos aos 67 ou aos 75, senón de que haxa traballadores cotizantes que garantan as pensións dos maiores, como sucedeu e sucede.
Para os poucos mozos que atopan traballo, un salario de miseria de becarios, e o resto exiliados forzosos.
Esperanza Aguirre mantén que é «motivo de optimismo» que «por primera vez» en la historia de España muchos jóvenes cualificados están trabajando en el extranjero.> A inmoralidade desta facha optimista merece cadea por estúpida.
Mentres tanto, proclaman que o problema é reducir o déficit público, rachan o sistema de protección social, os servizos públicos( sanidade, educación, xustiza, etc.), e recortan os dereitos e liberdades, sin importarlles que para sair da catástrofe, é imprescindible a creación de emprego, e que a súa Reforma Laboral non serve para crear emprego senón para destruilo e abaratalo.
E teñen ideas estupendas como a Delegada do Goberno en Catalunya, María de los Llanos de Luna: “Es importante que haya pijos y ricos, que son los que gastan". Por iso suben os salarios dos directivos e dos grandes empresarios, mentras baixan os salarios dos trabajadores. Exemplos dos que gastan, e decir pijos e ricos:
O presidente da eléctrica Endesa, Borja Prado. En 2012, coa información remitida á Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV) gañou 2,24 millóns de euros, un 15% mais que en 2011.
O presidente de Repsol, Antonio Brufau, cobrou no pasado exercicio un total de 7,6 millóns de euros. Ingresou 4,9 millóns como salario fixo (deles 1,83 millones en especie), ademais outros 2,74 millón de euros por aportacións a seguros e pláns de pensións.
O presidente de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán, cobrou prácticamente o mesmo que no ano anterior (6,27 millóns de euros, deles 3,25 como retribución variable), pero cun engadido: 305.000 accións como parte do bono estratéxico 2008-2010, cunha valoración de 1,15 millóns.
O xornal EL PAÍS elaborou unha lista dos mellor pagados do Ibex.
En 2012, os 15 directivos con maiores salarios sumaron 127 millóns. En primeiro lugar, o ex número dous de Telefónica, Julio Linares (33,3 millóns. Joaquín Ayuso (Ferrovial, 10,35 millóns), Ángel Cano (conselleiro delegado do BBVA, 22, 7 millóns) e Pablo Isla (Inditex, 9,41 millóns).
Dacordo cos datos de Eurostat, Spain é o segundo país mais desigual da UE, ao comparar a renda dispoñible polo 20% mais rico coa do 20% mais pobre. Só Lituania mostra unha situación peor.
Como veña algún dios os vai sacar a patadas do país.

25/04/13

GOLPE DE ESTADO: 6.202.700. CATÁSTROFE E EMERXENCIA


No día de hoxe a convocatoria  ASEDIA EL CONGRESO está sendo calificada polos representantes do Partido Popular como atentado contra a democracia e de pretender un golpe de Estado. As forzas da mal chamada orde pública son as que teñen rodeado o Congreso dos Diputados.
No mesmo día de hoxe 6.202.700 persoas están no paro, o 27'16 % da poboación. Spain ten 1'9 millóns de fogares con todos os seus membros en paro. A tasa de paro entre as mulleres chega ao 53'39% e entre os mozos e mozas o 57'2%.
O goberno de Rajoy, un goberno elexido para cumprir o seu programa e grazas as súas promesas, incumpre todas as regras da democracia.
O goberno do PP de Mariano Rajoy destruíu 1.000.000 de empregos, grazas a súa Reforma Laboral. Subíu os impostos, ten seriamente amenazado o sistema público de pensións, subíu a idade de xubilación, pretende privatizar o sistema sanitario público ademais do repago, un ensino público recortado e con subas inxentes das matrículas, impón taxas xudiciales para impedir o acceso de todos á xustiza, recorta os dereitos das mulleres, envía ao exilio económico a miles de mozas e mozos, pretende limitar o dereito de expresión e de prensa, consinte a estafa das preferentes bancarias, deixa sin vivenda a miles de familias, machaca aos autónomos e pequenos comerciantes. etc.
Pola contra criminalizan a todo aquel que sexa opositor: os do PAH son filoetarras ou violentos, os das preferentes son antidemocráticos, todos os que non nos poñemos de xeonllos somos violentos antisistema. E hai que decirllo: non somos do seu sistema.
Un partido corrupto, con financiación ilegal durante moitos anos, grazas as aportacións de empresas e empresarios privados, contrabandistas ou calquera que permita sobresoldos de vergoña ou contas en Suiza.
Sei que a traxectoria do PP ten socios. Faltaría mais. Un PSOE "progre" en cousas sociais, pero alineado da mesma forma xunto aos poderes económicos, e cun denominador común: as privatizacións e a corrupción conseguinte.
Defensores tamén os dous dunha monarquía podre e corrupta,  imposta polo dictador.
Entre as máns dos dous grandes do bipartidismo Spain camiña cara o precipicio e a catástrofe social.
Entre os dous están conseguindo o único no que teñen intereses: rescatar á banca e ás grandes corporacións económicas, ainda que todo un país, as persoas, sexa masacrado.
Como masacre económica e social é a que desangra Galiza.
Hoxe 25 de Abril de 2013, é un día de emerxencia económica e política. Asistimos a un golpe de estado, baixo as luvas da súa pseudodemocracia, continuadora do franquismo.