01/10/11

A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL(Do 25-09-11 ao 01-10-11) PODER,RECORTES E REGALOS

<Hai alternativas aos recortes:Estanse facendo en España recortes moi substanciais do gasto público social...que representan a maior redución do Estado do benestar español que este sufra nos 33 anos de democracia.Unha alternativa é aumentando os impostos. Así, en lugar de conxelar as pensións (co que se intentan aforrar 1.200 millóns de euros), poderíanse conseguir 2.100 millóns de euros mantendo o Imposto do Patrimonio, ou 2.552 millóns se anularan as rebaixas dos impostos de sucesións, ou 2.500 millóns se revertiran a baixada de impostos das persoas que ingresan máis de 120.000 euros ao ano, recortes dos impostos apoiados-todos eles- polos partidos que agora fan estes recortes de gastos.Ou en lugar dos enormes recortes en sanidade que intentan conseguir un aforro de 6.000 millóns, poderían anular a baixada do Imposto de Sociedades das grandes empresas que facturan máis de 150 millóns de euros ao ano (e que representan só o 0,12% de todas as empresas), recollendo 5.300 millóns de euros.Ou en lugar de recortar os servizos públicos como sanidade, educación e servizos sociais (logrando un total de 25.000 millóns de euros), poderían corrixir a fraude fiscal das grandes fortunas, da banca e das grandes empresas (que representa o 71% de todo a fraude fiscal), recollendo moito máis, é dicir, 44.000 millóns.Ou, en lugar de reducir os servizos de axuda ás persoas con dependencia (intentando aforrar 600 millóns de euros), poderían reducir o subsidio do Estado á Igrexa católica para impartir docencia da relixión católica nas escolas públicas, ou eliminar a produción de novo equipamento militar, como os helicópteros Tigre e outros armamentos.O feito de que se escollese facer os recortes citados sen nin sequera considerar estas alternativas non ten nada que ver (insisto, nada que ver) coas presións dos mercados financeiros. A redución do déficit público podería lograrse revertendo as enormes rebaixas de impostos que beneficiaron primordialmente ás rendas superiores (unha persoa que ingrese máis de 300.000 euros ao ano viu reducir os seus impostos durante o período en que España estivo gobernada por Aznar e por Zapatero un 37%, mentres que a gran maioría da poboación apenas notou esta baixada)...Que estas alternativas non teñan a centralidade política ou a exposición mediática que teñen os recortes débese a que as rendas superiores, a banca e a gran patronal, teñen moito máis poder sobre o Estado español que as clases populares, que son as que están máis afectadas polos recortes.>Vicenç Navarro:rebelión.org
*GALIZA(.elpais.com:30-09-11)Manuel Rivas<Descrición do Reino da Sombra...O caso é que pasamos de ser un país incomunicado a un país encrucillado: xa non sabemos por onde saír. Hai estradas que levan dun lugar a outro, mais a estrada principal de Galicia semella ser esa que leva a ningures. Vivimos o retorno ao dilema fatal: ou emigrar ou ir a ningures...O territorio máis humano, a Terra Nai, é ese onde a realidade se entrelaza co mito. Mais agora todo se confunde. El que soñou coa autonomía galega, que pensaría o doutor Rof Carballo, sabio, ilustrado e humanista, se escoitase o último discurso do conselleiro de Ordenación do Territorio (é dicir, de Protección da Terra Nai)?De aplicarse a todo o territorio e en todos os eidos, a argumentación dada por este membro do Goberno galego para xustificar a legalización das urbanizacións de Barreiros, no litoral da Mariña, chegariamos á conclusión de que a Galicia real é a Galicia non legal. A irregular. A ilegal. Nin o señor Hernández falaba de sobremesa cuns compadres nin eu estou a desordenar o seu discurso. O conselleiro falaba no Parlamento. E o que fixo foi estabelecer unha contraposición inédita no mundo da lóxica e, de paso, no estado de Dereito. Por unha banda, o urbanismo "real". Por outra, o urbanismo "academicista". Non se pensen que é un dilema artístico. Legalizar a desfeita de Barreiros, é dicir, o que perpetrou fóra da legalidade, sería un exemplo de realismo urbanístico. Facer cumprir as normas democráticas e garantir a igualdade ante a lei? Iso é un academicismo. O irreal. O legal.Si, somos o soño dunha sombra. E vivimos na sombra dun soño.>
Un país encrucillado.
*GALIZA:(elpais.com:28-09-11)O PP tomba no Parlamento unha moción contra o copago.A moción dos socialistas que amparaba o BNG pedía exactamente: "O Parlamento de Galicia insta á Xunta a promover e apoiar as actuacións para permitir que o sistema impositivo garanta a prestación dos servizos públicos básicos e promova unha xusta distribución da renda e a riqueza". No segundo punto reclamaba un "rexeitamento do copago na prestación de servizos públicos básicos, en concreto na sanidade e a educación". E para rematar reclamaba eliminar dunha orde aprobada en marzo pola Consellería de Facenda "o modelo de financiamento público-privado e o copago para a prestación de servizos públicos básicos".O Partido Popular votou en contra do texto. A súa maioría de 38 deputados desbaratou a iniciativa...
Adiviña que agachan co voto en contra?
*GALIZA:(publico.es:28-09-11)<O alcalde de Vigo desafía ao PSDEG con Carmela Silva.Os seus estatutos prohiben expresamente ocupar simultaneamente dous cargos públicos de elección directa...a candidatura de Carmela Silva como número un do PSOE ao Congreso por Pontevedra, apoiada polo Comité Provincial en contra dos seus propios estatutos e os do partido en Galicia, que prohiben expresamente ocupar simultaneamente dous cargos públicos de elección directa.Desafiando abertamente as normas do Partido dous Socialistas de Galicia (PSDEG) e o criterio do seu secretario xeral, Manuel Pachi Vázquez, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este martes publicamente que Silva conserve o seu posto como primeira tenente de alcalde e compatibilíceo co seu futuro escano de deputada>.
Cousas do pequeno emperador.
*EUSKAL HERRÍA:(publico.es-25-09-11)Otegi denuncia que "forzas do Estado queren impedir a paz".Otegi enviou esta mensaxe a través dunha carta que foi lida ao termo da multitudinaria manifestación, celebrada onte en Bilbao, en protesta contra a sentenza no caso Bateragune. O fallo da Audiencia Nacional condena a dez anos de cárcere ao dirixente abertzale e a Rafa Díez Usabiaga, e a oito anos a Miren Zabaleta, Sonia Jacinto e Arkaitz Rodríguez por "pertenza a organización terrorista".O dirixente da esquerda abertzale censura que "hai poderosas forzas instaladas nos diferentes ámbitos do Estado que desexan abortar o proceso unilateral impulsado pola esquerda abertzale dentro da súa aposta polas vías exclusivamente políticas"...Miles de persoas escoitaron onte a mensaxe do dirixente da esquerda abertzale logo de percorrer durante unha hora o centro de Bilbao para denunciar o fallo da Audiencia Nacional no caso Bateragune. A resolución do tribunal, coñecida fai unha semana, suscitou o rexeitamento maioritario das forzas políticas e sindicais de Euskadi, convencidas de que representa un obstáculo para o impulso dun proceso que conduza á paz e a normalización política. Non en balde os condenados participaron na elaboración do documento de debate que, ao cabo, levou á militancia da esquerda abertzale a apostar polas vías exclusivamente políticas. Durante o xuízo, o propio Otegi chegou a declarar ante o tribunal que a estratexia militar de ETA "sobra e estorba".A protesta partiu ás 17.25 horas da Casa tras unha gran pancarta co lema "Epaiketarik ez, zigorrik ez, eskubide guztiak guztiontzat" (Non máis xuízos, non máis condenas, todos os dereitos para todas e todos)...A marcha discorreu durante case unha hora entre proclamas a favor da independencia, o final da dispersión dos presos de ETA e a súa amnistía...O recordo aos presos estivo se cabe máis presente tras haberse coñecido a véspera a adhesión do Colectivo de Presos Políticos Vascos (EPPK) ao Acordo de Gernika.
Non máis xuízos, non máis condenas, todos os dereitos para todas e todos¡
*SPAIN:(publico.es:28-09-11)<Estrasburgo volve amparar a liberdade de expresión de Otegi.O Estado deberá indemnizar ao líder da esquerda abertzale con 20.000 euros...o tribunal declarou que España vulnerara o dereito á liberdade de expresión de Otegi, por ser condenado a un ano de prisión polos tribunais españois por un delito de inxurias ao rei...A condena baseouse en que Otegi que en 2003 era parlamentario de Sozialista Abertzaleak fixo unhas declaracións nas que se referiu ao rei como o "responsable dos torturadores", durante unha visita que Juan Carlos I realizou a Bizkaia en 2003.Os responsables do diario Egunkaria que logo foron absoltos pola Audiencia Nacional acababan de denunciar torturas durante a súa detención>.
Non máis xuízos, non máis condenas, todos os dereitos para todas e todos¡
*SPAIN:(publico.es:27-09-11)Aznar insiste en dinamitar o actual modelo autonómico.Nunha entrevista concedida ao diario francés Le Figaro, o expresidente do Goberno volveu a insistir na idea da reforma do Estado Autonómico:"hai que acabar coa construción de 17 'mini-Estados'. É imposible de soster. Temos que establecer regras e límites constitucionais.Non é posible ter un Estado central cuxo poder é marxinal".Ademais, Aznar afirma que se o Partido Popular gana as próximas eleccións xerais o 20 de novembro, deberá acometer reformas estruturais, "que afecten ao sistema fiscal, ao mercado de traballo, a produtividade e os salarios"."Sen esquecer máis privatizacións no sector público e arranxar as finanzas públicas, en especial no nivel das comunidades autónomas".
Atila en Spain.
*SPAIN:(publico.es:30-09-11)<La recapitalización de la banca le cuesta al Estado 7.551 millones><El Estado nacionaliza con 4.751 millones tres cajas ahogadas por el ladrillo>
Recapitalizar: nacionalizar para despois regalar.
Ou sexa:O Estado(no nome de todos) regala( o que é de todos) sin condicións, aos bancos privados 7.551 millóns, e para o resto(case todos)recortes: nóminas, pensións, xubilación, educación, sanidade. O estado do seu benestar.
*SPAIN:(farodevigo.es:29-09-11)<CAM despide a súa ex directora xeneral por falsear as contas e dar beneficios ficticios.O Banco de España acusa a Amorós de pactar para si unha pensión vitalicia de 369.407 euros.Os interventores do Banco de España e xestores do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) despediron onte á directora xeral de Caixa Mediterráneo (CAM), María Dolores Amorós, como sanción disciplinaria -e, xa que logo, sen dereito a indemnización- ao considerar que Amorós,que estaba xa suspendida das súas funcións desde agosto, «actuou en beneficio propio ao calcular a súa propia pensión vitalicia» (pretendía cobrar unha renda permanente de 369.497 euros), así como por «falsear as contas para ocultar a debilidade financeira da entidade» e por realizar unha «deficiente xestión».CAM declarara que estaba en beneficios no primeiro trimestre deste ano (ata o 30 de marzo) pero a entrada do FROB aflorou unhas perdas de 1.136 millóns nos seis meses que van de xaneiro a xuño.
Despedida e nada mais?
*MUNDO:(elpais.com:28-09-11)Israel aproba construír 1.100 vivendas en zonas ocupadas de Xerusalén.As vivendas serán levantadas máis aló da "Liña verde", a fronteira recoñecida internacionalmente de Cisxordania desde 1967.O comité rexional de planificación de Xerusalén aprobou hoxe a construción de 1.100 novas vivendas para israelís en Gilo, un barrio na zona oriental da cidade que, segundo a ONU e a lexislación internacional, é territorio ocupado. Tanto Estados Unidos como a Unión Europea e a Autoridade Palestina  deploran o anuncio, interpretable como unha primeira represalia pola petición de recoñecemento como Estado exposta polos palestinos ante a ONU.O Departamento de Estado estadounidense, en Wáshington, criticou á súa vez a construción como "contraproducente para o reinicio das negociacións directas" e indicou que "a continua expansión [dos asentamentos] é corrosiva non só para os esforzos pola paz e para a solución dos dous Estados, senón para o propio futuro de Israel".Un grupo de deputados da coalición de Netanyahu, entre eles o presidente do seu propio partido, Likud, e o presidente do partido relixioso Shas, propuxeron que Israel anexione todas as súas colonias en territorio palestino e cre un Gran Israel. Nunha carta a Netanyahu, recomendaron utilizar "a crise como oportunidade" para a anexión, que segundo eles debería combinarse coa retención dos impostos recadados por Israel nos territorios ocupados.Nunha entrevista á revista Time, o primeiro ministro turco, Recep Tayyip Erdogan, manifestou que o conflito israelo-palestino estaría resolto anos atrás se a ONU impuxese sancións a Israel. "A día de hoxe, o Consello de Seguridade da ONU aprobou máis de 89 resolucións referentes a Israel, pero nunca foron executadas", dixo Erdogan.
Israel:desprezo e limpeza étnica.
*MUNDO(elpais.com:28-09-11/Francisco Peregil,enviado especial)"Non vin guerra máis sucia que esta", queixábase o libio de orixe palestina Sami Alderramán. "Os rebeldes combaten desde as once da mañá ás sete da tarde. Pero o peor son os bombardeos da OTAN, que adoitan ocorrer pola noite a partir das once. E disparan contra calquera edificio. Fai dous días non pararon de tirar bombas durante seis horas. Vin morrer nenos, mulleres, homes... coma se fosen animais. Eu collín á miña familia e metina nun soto, e en canto puidemos saímos dalí. Non hai luz, apenas hai alimentos... Nos últimos seis meses poida que morreran en Sirte unhas tres mil persoas".
Outra guerra cruel e irracional.
*BÁRBAROS¡
Alessio Rastani,axente de Bolsa independente que traballa na City de Londres,entrevistaBBC: <Á maioría dos especuladores non nos preocupa como arranxar esta situación. O noso traballo é gañar diñeiro con isto.Teño que confesar que me vou á cama cada noite soñando cunha nova recesión. Por que? Hai moita xente que non o recorda pero a depresión dos anos 30 non foi soamente o crash dos mercados. Había xente preparada para gañar diñeiro con ese derrube. Cando o euro afúndese, cando o mercado afúndese, se sabes o que tes que facer podes gañar unha chea de diñeiro. Isto é unha oportunidade..."Os líderes políticos non gobernan o mundo. Goldman Sachs goberna o mundo">.
-Goldman Sachs foi un dos grandes bancos de Wall Street que se beneficiaron do plan de rescate financeiro valorado en 700.000 millóns de dólares que aprobou a finais de 2009 o Goberno de Estados Unidos para evitar o colapso do sector financeiro tras o colapso de Lehamn Brothers-.
700.000millóns¡¡¡
Conde Roa(Alcalde de Santiago): "Eres un parásito y un mamón".Ás portas do teatro, visiblemente airado e con dirixentes políticos, xornalistas e numerosos veciños como testemuñas, o alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, ameazou e insultou ao iluminador da obra O barbeiro de Sevilla ao que chamou "mamón e parásito", despúés de acusalo de vivir do diñeiro público.O rexedor popular reaccionou así despois de que, como recreación moderna da obra e xa no último acto, os actores exhibisen carteis con consignas dos indignados, nos que figuraban lendas como "No hay pan para tanto chorizo", "Que la calle nunca calle".Algunhas testemuñas buscan a orixe da discusión nun malentendido cando o director de escena pediu un aplauso, xa finalizada a obra e con todo o reparto en escena, para o iluminador, sentado cerca do alcalde de Santiago. Segundo persoas que acompañaban a Conde Roa, o rexedor podería entender eses acenos como a evidencia de que as pancartas dirixíanse contra el.
Gerardo,isto pasa por non ir o teatro nunca.
PREGUNTA:
Como é posible que as contas, debidamente auditadas, supervisadas polo Banco de España e –suponse- pola Consellería de Facenda, previa á fusión de Novacaixagalicia... convirtan 1.714 millóns de euros en 181 millóns e que unha caixa con activos por valor de 75.000 millóns teña un valor de 181?

30/09/11

DÚAS MANEIRAS DE CONTAR A MESMA NOVA(Teñan coidado aí fóra¡)

Un exemplo de como os xornalistas e os xornais interpretan a realidade:
<(elpais.com:P. CARBAJO - Vigo - 30/09/2011:Dirigente de UGT agredido en la terraza de un bar de Vigo.Emilio Bahamonde López, secretario general de la Federación de Transportes, Comunicaciones y Mar de UGT-Galicia, fue agredido el miércoles por la tarde por un grupo de ocho o nueve individuos, algunos de ellos vinculados con la CIG, cuando se encontraba en la terraza del bar Varillas de Vigo en compañía de otro dirigente de su sindicato, Cándido Rodríguez Graña. Bahamonde, que tuvo que ser atendido de diversas lesiones en el Hospital Povisa, denunció los hechos ayer en la comisaría de policía de Vigo.Los dos sindicalistas estaban en la terraza del citado bar, sobre las seis y media de la tarde, cuando -relata la denuncia- aparecieron en el lugar ocho o nueve individuos que identificaron como conductores de Vitrasa, la empresa concesionaria del transporte urbano de Vigo. Algunos de ellos están "vinculados" a CIG, según la denuncia. El grupo ocupó una mesa próxima y en voz alta empezaron a aludir a UGT con frases como "Véndense, UGT merda, véndense á empresa". Cándido Rodríguez conocía a uno de ellos, de apellido Mingotes, por haber estado afiliado a UGT, y a él se dirigió: "Oye, Mingotes, vale ya, ¿no?". A lo que este respondió: "Vale, tranquilo", y se calmó el ambiente.Pero otro del grupo, del que el denunciante solo conoce su nombre de pila, David, continuó con las frases despectivas hacia UGT y cada vez más alterado, hasta acabar dirigiéndose a Bahamonde diciendo: "UGT, fillo de puta, vendido", a lo que el otro respondió: "Tu puta madre". Y ahí estalló la trifulca.
A patadas.David se levantó y propinó un puñetazo a Bahamonde en la boca y la nariz. El sindicalista, que seguía sentado, se amarró al agresor y ambos rodaron por el suelo, arrastrando en la caída a Rodríguez Graña, que se encontraba sentado al lado. Con Bahamonte aún en el suelo, David y otros dos o tres miembros del grupo se liaron a patadas con él: en la cabeza, la espalda, el cuello y los brazos. Otros, mientras, sujetaban a Rodríguez Graña para impedir que le prestara ayuda.Bahamonte logró zafarse a patadas de David e, incorporados ambos -sangrando los dos por cortes que se hicieron en las manos con los cristales de vasos rotos y otras heridas-, Mingotes los separó. Pero los otros estaban bravos: "Te vamos a matar, hijo de puta, cabrón, sabemos dónde vives, te vamos a joder", se despidieron.>
<(lavoz.es.juanma fuentes. vigo / 30/9/2011)Un conductor de Vitrasa, herido grave en un altercado con un dirigente de UGT.Ambos se acusan de agresión en el suceso ocurrido en un bar de Cabral.Una tranquila velada tras una comida por parte de un grupo de conductores de Vitrasa terminó en la tarde del pasado miércoles en un grave altercado en el que intervinieron dos dirigentes de UGT Galicia del sector de transportes. Como consecuencia dos personas sufren heridas que en caso del trabajador de Vitrasa son de especial gravedad con cortes en la cara y cuello que precisaron más de 80 puntos de sutura, según la mujer del afectado. También sufre heridas el dirigente de UGT, aunque su alcance no ha podido ser confirmado por no haber querido aportar a La Voz el parte de lesiones que entregó a la policía.El sustrato de este incidente tiene origen sindical. El conductor herido es un afiliado a la CIG, sindicato que en Vitrasa mantiene un enfrentamiento con UGT. Precisamente la discusión se originó cuando el grupo de conductores afearon a los dirigentes ugetistas su comportamiento en esta empresa, según ellos en tono de broma.A partir de este punto las versiones difieren radicalmente y tendrá que ser un juez quien zanje el cruce de denuncias. Lo incuestionable es que David Piñeiro Rodríguez, de 37 años y con quince de antigüedad en Vitrasa, sufre fractura del brazo derecho y de un hueso del pie izquierdo, lo que le mantiene inmovilizado en su domicilio ya que ni siquiera puede utilizar muletas al tratarse de miembros de ambos lados.Sin embargo, las lesiones más graves las tiene en la cara y cuello, donde le han tenido que aplicar más de 80 puntos de sutura por corte de cristales.Por su parte, Emilio Bahamonde López, secretario de Transportes de UGT Galicia, sufre también daños pero no ha querido hablar con este periódico, facilitar el parte médico ni ser fotografiado. Según su abogado, «presenta policontusiones en el cuerpo, sobre todo en nariz, cabeza, espalda y piernas, y cortes en la cara y en la mano».Violencia gratuita contra ebriedad.La lectura de ambas denuncias hace pensar que en realidad ocurrieron dos incidentes diferentes. Lo único incontestable es que Piñeiro estuvo hasta las dos de la mañana en el Hospital Xeral para que le cosieran la cara y que Bahamonde fue atendido en Povisa. El primero asegura haber sido agredido sin aviso previo tras unas chanzas de su grupo dirigidas a los cargos de UGT en su condición de liberados sindicales, algo que reconocen, mientras desde este lado se jura que hubo una agresión de un grupo numeroso contra ellos dos.En su denuncia, el conductor de Vitrasa asegura que Bahamonde «sin más cogió una copa que tenía a su lado y con ella le golpeó en el cuello con fuerza», por lo que quedó en estado de shock y que a partir de ese momento no recuerda lo que ocurrió.Bahamonde, por el contrario, asegura que David le propinó un puñetazo tras una serie de insultos a su sindicato. Asegura que tras caer los dos al suelo «recibe golpes y patadas de dos o tres individuos» y que David se hirió con los cristales que había rotos en el suelo. Otros del grupo, afirma, sujetaron a su acompañante mientras se desarrollaban los hechos. Por último, aporta el dato de que «no existe ningún tipo de conflicto entre la organización [UGT] y los conductores de Vitrasa, pero que estos estaban ebrios».En la tarde de ayer David Piñeiro se recuperaba de lo ocurrido en su domicilio, acompañado de su familia, varios compañeros, incluidos algunos que estaban con él cuando ocurrió este incidente, y el expresidente del comité de empresa de Vitrasa, Enrique Bravo (CIG). Todo hace indicar que tendrá que soportar una pesada convalecencia aunque su mayor preocupación son los cortes en la cara y cuello.Su mujer, Anabel, relata que después de todo podría haber tenido suerte «ya que los médicos temían que pudiera tener afectado algún nervio de la cara que le provocar una parálisis facial». La Voz intentó conocer directamente el estado y la versión de Emilio Bahamonde, pero su abogado lo descartó completamente>.
E isto sobre feitos que sucederon en Vigo. Non quero imaxinar o que transmiten desde Irak, Libia, Cuba, Venezuela ou Laponia.
Teñan coidado aí fóra¡

27/09/11

Xenocidas e unilaterais

Sesenta e catro anos despois de que a ONU a través da resolución 181 que en 1947 decidira a partición en dous Estados do entonces Mandato Británico en Palestina e pola que aos xudeos se lles adxudicou o 56% do territorio, aos árabes o 43%, e Xerusalén  declarada entidade especial administrada pola ONU, só existe unilateralmente, Israel.
Sesenta e catro anos despois, a unilateralidade da ONU, dos EEUU, de Israel e dos seus cómplices, non existe Palestina, como Estado independente e soberán. A ONU incumpre a súa resolución, sendo a máxima responsable desta situación inxusta e do éxodo palestino.
Sesenta e catro anos despois, o suposto Estado Palestino sería moito mais pequeno que o asignado en 1947, porque en 1967, Israel  ocupou militarmente Xerusalén Este, Cisxordania e Gaza, e desde esa data os palestinos non teñen  nin un solo metro independente e soberán no seu fogar histórico, tendo que aceptar que ao pobo palestino se lle asigne o 22% da Palestina histórica.
Sesenta e catro anos despois Israel e os seus cómplices, unilateralmente, intentan que o mundo olvide que Israel basea a súa legalidade e lexitimidade internacionais na resolución 181 dese mesmo organismo, dilatar no tempo a existencia dos palestinos, para continuar co xenocidio a súa desaparición total como pobo, as políticas de apartheid, e ocupación ilegal do territorio.
Sesenta e catro anos despois, o voceiro para Galicia do Estado fascista de Israel, o Sr.Pedro G.-Valadés afirma:<Israel non se opón en absoluto á creación do estado palestino>, <Israel...desexa a paz>,<un paso unilateral como este vai en contra de todos os acordos asinados até a data entre o Estado de Israel e os palestinos e poden levar a toda a rexión a unha situación incendiaria>,<Recoñecer nestes intres ao estado palestino, cando de feito hai un goberno de unidade Fatah-Hamás, é tamén un xeito de lexitimar a Hamás, unha organización terrorista>,<a cuestión realmente non é que Israel ou a ONU recoñezan ao estado palestino, senón que os palestinos e os países árabes recoñezan ao estado de Israel>.
O mundo o revés¡.
Ten razón o Sr. Pedro G.-Valadés cando sinala que"A historia demostra teimuda que o único xeito de alcanzar unha paz xusta e duradeira é a das negociacións ou ben a eliminación do contrario". Negociacións houbo a ducias e desde a primeira resolución a 181 todas falsas e incumpridas. Israel dilata as negociacións, incumpre as resolucións internacionais sesenta e catro anos, e opta pola vía da eliminación dos palestinos, polo apartheid, polo xenocidio.
Tamén pola vía das ocupacións ilegais do territorio. As colonias israelíes son ilegais segundo o Dereito Internacional Humanitario que rexe para o territorio palestino.O IV Convenio de Xenebra (art. 49) prohíbe ao poder ocupante trasladar parte da súa poboación ao territorio ocupado. Reiteradas resolucións da ONU afirman desde 1967 que as colonias son o principal obstáculo para a paz.
Por que Israel e os seus voceiros non queren un Estado Palestino e chaman unilaterais, terroristas ou acusan tamén a histórica solicitud palestina como "unha inminente ameaza para a paz no Oriente Próximo"?:
-Ser un Estado permitiría a Palestina, demandar a Israel ante a Corte Internacional de Xusticia, que só pode tratar asuntos presentados por un Estado contra outro, pero que en 2004 emitíu unha “opinión consultiva” sobre o Muro( Barreira de Separación que Israel empezou a construir en 2002, co 85% dentro de territorio palestino), categóricamente favorable a Palestina e condenatoria de Israel.
-Israel xa non podería afirmar que Palestina é “un territorio en disputa”, tería que definir as súas fronteiras definitivas (algo que casualmente ten pendente)e aceptar o que hoxe nega : que o territorio da Palestina histórica debe ser compartido por dous pobos cos seus respectivos Estados(resolución 181 da ONU).
-Poñería a ONU diante  da complexa situación dun Estado membro ocupando o territorio doutro Estado membro (ainda que non fora pleno).
-Non hai Estado sin recuperación e control pleno do territorio, sin soberanía nas fronteiras e sin liberdade de movemento entre os tres grandes bloques territoriais, hoxe totalmente desconectados entre sí: Gaza, Cisxordania e Xerusalén Este.
-O dereito á autodeterminación non pode exercerse  nun Estado reducido e fragmentado nos 500 "bantustanes"-reservas tribales de habitantes non blancos en Sudáfrica e África do Sudoeste polas políticas segregacionistas impostas durante a época do apartheid- que pon en práctica a ocupación sionista.
-Israel tería que retirar as 250 colonias ilegais que hoxe ocupan o 42% de Cisxordania, e derrubar o Muro.
A Asamblea Xeral da ONU o 22-11-74,  reafirmou os dereitos inalienabeis do pobo palestino, que incluían a autodeterminación, a independencia e a soberanía nacionais, o dereito a regresar os seus fogares e a recuperar os  seus bens. Estos dereitos  reafírmanse cada año, tal e como foron enunciados en 1974.
En 1975, la Asamblea Xeral estableceu o Comité de Dereitos dos Palestinos, e en 1976, o Comité fixo dous tipos de recomendacións:un, sobre o dereito dos palestinos a regresar os seus fogares e recuperar os seus bens e outro relativo á autodeterminación, á independencia nacional e á soberanía. O Consello de Seguridade non puido adoptar unha decisión a causa do veto de EEUU, igual que ocurriría en sucesivas ocasións. A Asamblea Xeral respaldou as recomendacións do Comité tanto en 1976 como nos anos seguentes. Na resolución 43/177, de 15 de decembro de 1988, a Asamblea Xeral da ONU coñeceu a proclamación do Estado de Palestina e afirmou a necesidade de que se permitiera ao pobo palestino exercer a súa soberanía sobre o seu propio territorio ocupado desde 1967.
Onde está a unilateralidade.? Ou non é o veto unilateral?
Recollo o seguinte artigo,O discurso de Obama sobre Palestina¡Míster President!, publicado por rebelión.org de Marc H. Ellis(profesor universitario de Estudos Estadounidenses e Xudeos e director do Centro para Estudos Estadounidenses e Xudeos na  Universidade Baylor University en Waco, Texas).
(Recomendo ao Sr. PedroG.-Valadés e amigos cambien presidente polo seu nome).
<A pesar de todo, teño unha pregunta básica. E formúlolla como xudeu... cre realmente as súas propias palabras sobre o recoñecemento do Estado palestino? Estou fascinado, señor presidente. A súa discusión sobre o recoñecemento do Estado palestino xira sobre todo ao redor do Estado de Israel, a historia xudía e o Holocausto. Por que?... Sermonea, desde a perspectiva xudía, sobre por que Israel é importante para os xudeus. Recita o que case se converteu en rutina na miña comunidade. Ten razón cando fala de séculos de exilio e persecución, a devastación do Holocausto e o retorno á nosa antiga patria.
E logo vólvese cara aos palestinos. Escoito con expectación. Pero, señor presidente, déixame desilusionado. Parece que na súa interpretación histórica, os xudeus, o Holocausto e a historia xudía simplemente caen sobre os palestinos. Ou máis ben, existe a historia xudía, e logo están os palestinos, que tamén merecen un Estado. O feito de que os xudeus haxan dislocado aos palestinos e tomado a súa terra parécelle algo trivial. De feito, vostede nunca o menciona. Vostede non utiliza o termo"limpeza étnica", o que sucedeu aos palestinos ao crearse o Estado de Israel. ...Si, os xudeus levan ao lombo séculos de exilio e persecución. Os xudeus europeos sufriron a masacre de seis millóns. Seino como xudeu. Crecín con eses recordos. Pero, señor presidente, como neno que aprendeu a nosa historia, nunca imaxinei que os xudeus utilizarían eses séculos de exilio e persecución, os nosos seis millóns de mortos, como un instrumento brutal contra outro pobo. Nunca. Nin na miña máis desatinada imaxinación. ¡Non!
Ao escoitarlle pensei en como terminan as cousas. Como terminou a historia xudía, en limpeza étnica e ocupación.
Pero, señor presidente, isto tamén pode ser o noso comezo. Ese comezo só terá lugar cando xudeus e palestinos digan xuntos a verdade. E, si, tal vez algún día, fágao o presidente de EE.UU.>
 E tamén algún día, diga a verdade o Sr.Pedro G.-Valadés, e os seus amigos.
*Con horror e espanto vexo un comentario en GC, ao artigo do Sr.Pedro G.-Valadés que dí:<O nacionalismo galego e a defensa de Israel non están reñidos>.
 O nacionalismo galego está contra o xenocidio, a masacre, o apartheid, e contra todos os crimes perpetrados polo fascismo. Loitamos polos dereitos dos pobos a vivir e non polo xenocidio que Israel hoxe representa.