24/05/14

PRESENTE E FUTURO

Europarlamentario desde fai dez anos, Francisco Millán Mon (Pontevedra, 1955) ocupa o oitavo lugar na lista que encabeza o exministro do PP Arias Cañete, a quen defende sen concesións: <confío en que la gente no dé importancia a una frase desafortunada, no vote pensando en ella. Porque cualquier buen poeta hace un mal verso>.

O novo presidente da AEB, Jose María Roldán, iniciou o seu reto de limpar a imaxe da banca trala crise cunha mensaxe contundente: <Si los bancos no tienen beneficios, la economía sucumbe, algo que ha quedado demostrado en el pasado reciente>.

Unha veintena de activistas Stop Desahucios de Madrid escrachó a Carme Chacón, ex-ministra de vivenda entre 2007 e 2008 co PSOE, ao comezo do seu mitin da campaña electoral para as eleccións europeas no barrio de Moratalaz, Madrid. Chacón impulsou durante o seu mandato a reforma da lei do "desahucio exprés", axilizando os procesos de desafiuzamentos nos casos de aluguer, intentando crear xulgados especializados e dando prioridade á seguridade dos propietarios fronte aos dereitos dos inquilinos.

<A sociedade galega está afeita a entregar a súa vida aos partidos estatais, a fiar en que sendo sumisos Madrid trataranos algo mellor, e só recorre ao nacionalismo galego cando se ve en situacións desesperadas. Entón sí, sabe que cando todo está para se perder a esquerda nacionalista sairá novamente á rúa ou onde sexa coas forzas que teña e con toda a decisión desesperada. Este país trata aos seus partidos como algunha xente trata aos seus cans atados todo o ano ao palleiro e recorre a el cando se ve desesperado, esa é a cruel verdade. E este país sabe no fondo de si que os galeguistas nunca foron moitos mais son os imprescindíbeis.
Estamos a vivir novamente unha ofensiva do estado tremenda, o nacionalismo galego é cativo frente ao nacionalismo español é certo, mais precisamente iso é o que debe obrigar á sociedade a considerar se non é máis necesario que nunca. Non é preciso ser nacionalista galego para comprender até onde nos levou o camiño do entreguismo e até que punto precisamos ter partidos propios. Máis que nunca, cos dentes arregañados e pé en parede, porque queren acabar co país.> SUSO DE TORO. BOTELLA AO MAR. EL PAÍS.21-05-2014

22/05/14

GOLPISMO INFORMATIVO E A DEMOCRACIA DA "ABEJA MAYA".

A Xunta  Electoral Central acaba de estimar un recurso de UPyD en que esta formación propoñía eliminar os 27 segundos diarios de cobertura de campaña electoral que lle asignara a CRTVG ao BNG, e así invisibilizar as mensaxes do BNG. Co silencio cómplice do PP e do PSOE.

Miguel e Ismael, de 21 e 18 anos, son só dous dos miles de mozos que saíron á rúa o día 22 de marzo para participar nas Marchas pola Dignidade e que ocuparon o centro de Madrid durante aquel día. Pero son as únicas persoas que aínda permanecen en prisión dous meses logo daquela manifestación. O primeiro deles foi detido o mesmo día 22 na parte final da protesta, tras producirse unha serie de enfrontamentos entre policía e manifestantes. Pola súa banda, Ismael foi detido a mañá do 4 de abril no marco da denominada Operación Puma 70, que tivo como consecuencia a detención de 11 persoas e a imputación doutras 9.

A Axencia Tributaria de Catalunya (AEAT) confirma, no último informe que presentou ante o Xulgado de Instrución número 3 de Palma, que foi Iñaki Urdangarin quen actuou "con engano" ante Facenda para defraudar ata un total de 337.138 euros nas cotas do IRPF correspondentes aos anos 2007 e 2008.

O candidato do PP ás europeas, Miguel Arias Cañete, e a súa familia utilizaron polo menos cinco empresas panameñas para facer negocios desde o paraíso fiscal caribeño desde os anos noventa. Cañete estivo directamente ligado á xestión de dúas desas sociedades: Lucite Development Inc e Angelmo International Corporation. E aparece relacionado coas outras tres a través de Havorad BV, firma que é a principal accionista das petroleras nas que é socio o exministro. Cañete dixo que explicaría isto despois do 25 de maio.(Infolibre)

A xuíza instrutora da operación Pokémon, Pilar de Lara, formou unha peza separada sobre a portavoz do PPdeG, Paula Prado:«se infiere la participación» da exconcelleira compostelán en «el pago de una factura inflada» pola representación do espectáculo La Abeja Maya, para beneficiar ao empresario Jesús Fuentes Maceira, implicado tamén en «adjudicaciones presuntamente ilícitas» a favor de GRS e Aquagest. O auto alude, así mesmo, a «influencias» nas que interviría Prado co entón tamén concelleiro Albino Vázquez e Adrián Varela, tamén compañeiro seu no Consistorio, para «beneficiar económicamente a su cónyuge en su actividad de venta de materiales textiles», entre eles aos Concellos de Santiago e Boqueixón,«empleando para ello a terceros intermediarios para no involucrar su nombre como proveedor». En terceiro lugar, o auto refírese á «influencia» da portavoz do PPdeG na contratación de determinadas persoas «afiliadas o próximas ideológicamente» ao seu partido «en empresas concesionarias de obras y servicios del Ayuntamiento de Santiago, «llegando a adaptar para ello los currículos a los puestos de trabajo».

21/05/14

NA BOA DIRECCIÓN

A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, expresou  este martes en Valladolid a súa" sensación de esperanza" porque en España "ya se vive de otra manera, se ve en las calles que hay mucha más alegría que hace unos meses"….Cada día do ano 2013, 106 familias, 106!  perderon a  súa  vivenda habitual (datos do Banco de España). Total : 38.961 familias  quedaron sen  vivenda por non pagar a hipoteca aos bancos.
Rodrigo Rato lib(e)rou  de preferentes  as entidades financeiras, aos grandes fondos de inversión e os tiburóns  financeiros. Deixou sós, aos pequenos clientes de Bankia, aos particulares. Segundo un informe do Banco de España  do 25 de novembro de 2011. O desembolso para os grandes: un pago en metálico de casi 900 millones de euros. O 9 de maio de 2012 a entidade foi rescatada. Casualidades: seis meses despois.
Hai  tres anos o Alcalde Caballero presentou  o  proxecto do megaparque infantil de Castrelos sobre temática pirata e un millón de euros de orzamento. Agora o  goberno municipal autoriza unha indemnización de 30.000 euros á empresa adxudicataria  do fallido proxecto, nun parque declarado ben de interese  cultural. A maiores  do  escándalo pola  adxudicación a unha empresa, agora indemnizada, dirixida entón en Vigo por unha dirixente socialista próxima ao alcalde. O alcalde non da explicacións.
Lilian Tintori,  esposa do opositor venezolán, Leopoldo López, líder de Voluntad Popular,  denuncia que hoxe” en Venezuela hay una dictadura y luchamos por rescatar la democracia. Usan la fuerza contra los jóvenes, contra las mamás que están en la calle protestando. Es muy triste”. Tintori visita España e Francia en solicitude de apoio internacional para a oposición. “Venimos a pedir ayuda a los países donde se respeta la democracia. El venezolano lo único que quiere es conseguir aceite para cocinar, papel toilette, pañales para los bebés, poder caminar”. Benvida a este paraíso demócrata, no que seguramente quere converter o seu país.