
Miguel
e Ismael, de 21 e 18 anos, son só dous dos miles de mozos que saíron á rúa o
día 22 de marzo para participar nas Marchas pola Dignidade e que ocuparon o
centro de Madrid durante aquel día. Pero son as únicas persoas que aínda
permanecen en prisión dous meses logo daquela manifestación. O primeiro deles
foi detido o mesmo día 22 na parte final da protesta, tras producirse unha
serie de enfrontamentos entre policía e manifestantes. Pola súa banda, Ismael
foi detido a mañá do 4 de abril no marco da denominada Operación Puma 70, que
tivo como consecuencia a detención de 11 persoas e a imputación doutras 9.
A
Axencia Tributaria de Catalunya (AEAT) confirma, no último informe que presentou
ante o Xulgado de Instrución número 3 de Palma, que foi Iñaki Urdangarin quen
actuou "con engano" ante Facenda para defraudar ata un total de
337.138 euros nas cotas do IRPF correspondentes aos anos 2007 e 2008.
O
candidato do PP ás europeas, Miguel Arias Cañete, e a súa familia utilizaron
polo menos cinco empresas panameñas para facer negocios desde o paraíso fiscal
caribeño desde os anos noventa. Cañete estivo directamente ligado á xestión de
dúas desas sociedades: Lucite Development Inc e Angelmo International
Corporation. E aparece relacionado coas outras tres a través de Havorad BV,
firma que é a principal accionista das petroleras nas que é socio o exministro.
Cañete dixo que explicaría isto despois do 25 de maio.(Infolibre)
Ningún comentario:
Publicar un comentario