
O novo presidente da AEB, Jose
María Roldán, iniciou o seu reto de limpar a imaxe da banca trala crise cunha
mensaxe contundente: <Si los bancos no tienen beneficios, la economía
sucumbe, algo que ha quedado demostrado en el pasado reciente>.
Unha veintena de activistas
Stop Desahucios de Madrid escrachó a Carme Chacón, ex-ministra de vivenda entre
2007 e 2008 co PSOE, ao comezo do seu mitin da campaña electoral para as
eleccións europeas no barrio de Moratalaz, Madrid. Chacón impulsou durante o
seu mandato a reforma da lei do "desahucio exprés", axilizando os
procesos de desafiuzamentos nos casos de aluguer, intentando crear xulgados
especializados e dando prioridade á seguridade dos propietarios fronte aos
dereitos dos inquilinos.
<A sociedade galega está afeita a entregar a súa vida aos
partidos estatais, a fiar en que sendo sumisos Madrid trataranos algo mellor, e
só recorre ao nacionalismo galego cando se ve en situacións desesperadas. Entón
sí, sabe que cando todo está para se perder a esquerda nacionalista sairá
novamente á rúa ou onde sexa coas forzas que teña e con toda a decisión
desesperada. Este país trata aos seus partidos como algunha xente trata aos
seus cans atados todo o ano ao palleiro e recorre a el cando se ve desesperado,
esa é a cruel verdade. E este país sabe no fondo de si que os galeguistas nunca
foron moitos mais son os imprescindíbeis.
Estamos a vivir novamente unha ofensiva do
estado tremenda, o nacionalismo galego é cativo frente ao nacionalismo español
é certo, mais precisamente iso é o que debe obrigar á sociedade a considerar se
non é máis necesario que nunca. Non é preciso ser nacionalista galego para
comprender até onde nos levou o camiño do entreguismo e até que punto
precisamos ter partidos propios. Máis que nunca, cos dentes arregañados e pé en
parede, porque queren acabar co país.> SUSO DE TORO. BOTELLA AO MAR. EL
PAÍS.21-05-2014
Ningún comentario:
Publicar un comentario