O
Concello de Vigo di que a Cruz do Castro non é un símbolo da
ditadura e non a eliminará:

«A
Cruz do Monte do Castro é iso, unha cruz. Non é un símbolo dá
Ditadura, é un símbolo relixioso, basicamente cristián, que o
Pleno do Concello de Vigo, por unanimidade, na súa condición de
máxima representación dos cidadáns, ten considerado desde ou ano
1981 como unha imaxe que, co desexo de que non existan vencedores nin
vencidos e non volva outra guerra fratricida mostre a andaina dun
país cara á democracia, á liberdade e á paz. E cara á grandeza
dunha convivencia constitucional». É a resposta do Concello de
Vigo, asinada polo secretario municipal, á Asociación Viguesa pola
Memoria do 36, tras
a sentenza dun xulgado obrigando
ao Concello a contestar a esta asociación.
A
Cruz do Castro foi inaugurada polo ditador Francisco Franco en
setembro de 1961 con obxecto de recordar aos «caídos por Deus e por
España». Todo este conxunto escultórico estivo durante moito tempo
infestado de alusións ao bando franquista, o que se sublevou contra
a Constitución de 1931.