05/02/11

A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL:(do29 de xaneiro ao 5 de febreiro)

*INTERNACIONAL: A partir da revolta popular en Exipto,a Internacional Socialista expulsa ao PND,o partido de Hosni Mubarak”porque incumpre os valores da socialdemocracia”.Tres días despois de que Ben Alí,fuxira de Tunisia,tamén expulsou o seu partido o RCD.
¿Quere isto decir que días antes si cumprían eses valores?.
*SPAIN(UNA,GRANDE Y LIBRE):
TEORÍA MADRILEÑA DE LA RECENTRALIZACIÓN.
-Aznar:”tenemos que evitar que la deriva de nuestro modelo autonómico anule las ventajas y oportunidades de ser un país grande en Europa. Porque España no puede competir ni en Europa ni en el mundo con unas comunidades autónomas aspirando a convertirse en mini-estados.Simplemente,no es posible”.
-De Cospedal:(PPFilósofa e PPmatemática):”La racionalidad no es múltiplo de 17.Más no es siempre mejor y mejor es desde luego, menos con más”.
-Portada do xornal ABC:(O dirixe Bieito Rubido que entre o ano 2000 e o 2006 dirixíu “La Voz de Galicia"¿Casualidade ou causalidade?):
*SPAIN:DAVID BISBAL:(Cantante e fino analista político):”Nunca se han visto las pirámides de Egipto tan poco transitadas,ojalá que se acabe pronto la revuelta”.
*SPAIN:O que denominan "Pacto Social",ou sexa a reforma das pensións,pactada entre o governo do Psoe,a patronal,e os sindicatos CCOO e UGT equivalentes a:
TRABALLAR MAIS TEMPO, PARA COBRAR MENOS CANDO TE XUBILES,teñen consecuencias:A dereita europea,Merkel,Sarkozy,etc,felicitan a Zapatero.Aquí o PP "ni quita ni pone" pero... por arte de maxia...
BOTÍN:(Presidente do Banco de Santander):"Las medidas del gobierno son magníficas,ya no hay que hablar de rescates,ni de nada de nada".
Non temos declaracións da"Plataforma-de-españoles-por-la democratización-de-Cuba"(Almodovar,VictoriaAbril,AnaBelén,Boadella,Echanove,CarmenMaura,
MaribelVerdú,etc), que seguen moi preocupados polo que acontece na illa.
Bisbal mellor que non opine.
*SPAIN:(En Veo7TV):María de Corro,votante del PP,pregunta a Mariano Rajoy:¿qué medidas incluiría en su programa para crear empleo y ayudar a los jóvenes desempleados?.Mariano:"Es que me ha pasado una cosa verdaderamente notable, que lo he escrito aquí y no entiendo mi letra"...(despois de titubeos)..."cuanto más sepas,cuanto mejor te formes,cuanto más te preocupes,cuanto más estudies,cuanta más vida tengas,mucho mejor,y muchas más posibilidades".
Paso que non entenda a súa letra,a mín me pasa, as veces,(incluso que non a entendera ainda que a pregunta estivera amañada de antemán e por iso a levara xa escrita),pero ¿non é a palmaria demostración do pouco que a él lle servíu estudiar e formarse,e do pouco que lle preocupa?.¿O de "cuanta más vida tengas" terá que ver con que María de Corro terá que traballar ata os setenta?.
*GALIZA:OURENSE:(ÉTICA,TRANSPARENCIA,IGUALDADE):Cada 2 días do mes de xaneiro a Deputación de Ourense que preside Baltar(PP),contratou a unha persoa afín ao PP.Entre elas :unha técnico en desenvolvemento local a favor dunha deputada do PP.Dous concellais en activo do PP.Membros da executiva provincial do PP.Tres compromisarios no congreso do PP.Hai todavía 28 en lista de espera:4 concelleiros en activo do PP.Seis compromisarios do PP.Para unha praza de auxiliar hai 10 persoas vinculadas ao PP.
Porque o sei e estou totalmente certo, senón podería preguntar:¿haberá en Ourense vida mais alá do PP?¿Todos os listos son solo do PP?¿Ou é que só eles teñen o temario?¿Copiarán nos exames?¿cantas portas e porteiros ten a Deputación de Ourense?¿Porqué os outros non aproban?¿Non estudian ou qué?.
Quen saiba como entrar na Deputación de Ourense,sen ter o carnet do...., faga o favor de chamar.Grazas.(NOTA:é por curiosidade, non quero entrar na Deputación,menudo ambiente¡)

31/01/11

As revoltas árabes


Georges Habash,dirixente palestino dixo:”A liberación de Xerusalén pasa polas capitais árabes”.
Os acontecementos que están a suceder estes día no mundo árabe,con revoltas e manifestacións populares,con ducias de mortos,poñen de manifesto a verdadeira cara,dos governos  dictatoriais e represivos ao servizo dos intereses do Imperio.
Exipto, é despois de Israel, o país que mais axudas recibe dos EEUU:desde 1979,1.470 millóns de euros,dos cales 1.00 millóns para o exército. A Unión Europea aporta 600 millóns.
Exipto é o aliado político e militar de occidente,o seu xendarme na zona.Non é casualidade que o partido de Mubarak, como o de Ben Alí en Tunisia,pertenzan a Internacional Socialista.
Un governo exipcio que exerce o seu poder a través da corrupción,a represión,a tortura e o asasinato.
Mentres as democracias occidentais criminalizan a Irán polo seu programa nuclear,e destrúen  Irak no nome da democracia,permiten que Israel teña armamento nuclear e sexa responsable do xenocidio palestino.A mentira "informativa" dos seus "medios de formación" é constante.
Gardaron silencio,até agora, sobre o que sucede nos estados árabes que son os seus aliados, emitindo informes eloxiosos,por parte das institucións financieiras internacionais,que non poden agochar a pobreza e a miseria na que viven.(Eso sí,todos os días temos os seus demos,Venezuela e Cuba,nas súas portadas).
O ataque criminal por parte de Israel,contra a “flotilla da paz”, nun barco turco,(Turquía é parte da Unión Europea e Israel socio prioritario),non trouxo mais resposta que o silencio.Israel ten bula democrática.
A cúpula do exército exipcio,controlada polos EEUU,(como no Irak,ou Pakistán),é complice total dos intereses imperiais:o control do petróleo,e a defensa do Estado sionista e xenocida de Israel. Co falso pretexto de parar o fundamentalismo islámico, mantense dictaduras amigas, para ter o poder económico e consolidar a existencia de Israel.
Non lles importan nin os monarcas medievais do Golfo Pérsico,nin os seus rexímenes autoritarios,se serven co seu islamismo político fundamentalista, para inhabilitar o mundo árabe contra o xenocidio palestino,manter os intereses económicos na rexión,e favorecer o proxecto sionista de ocupación,na Palestina.
Un islamismo político que é profundamente reaccionario,onde a relixión e a política non teñen separación, onde as situación das mulleres e medieval,e onde non hai unha soa lei retrógrada, promovida en calquera estado musulmán,a que os islamistas se opoñan, pero que serven para manter no poder, as clases dominantes e o Imperio, como en Arabia Saudí ou Pakistán.
Existen lugares no mundo onde o que mais medo causa as mal chamadas democracias occidentais,é a propia democracia.
Agardemos que a resistencia popular dos povos árabes diante das dictaduras,colla o camiño da liberación,contra os auténticos enemigos:o imperialismo,e o sionismo.