31/01/11

As revoltas árabes


Georges Habash,dirixente palestino dixo:”A liberación de Xerusalén pasa polas capitais árabes”.
Os acontecementos que están a suceder estes día no mundo árabe,con revoltas e manifestacións populares,con ducias de mortos,poñen de manifesto a verdadeira cara,dos governos  dictatoriais e represivos ao servizo dos intereses do Imperio.
Exipto, é despois de Israel, o país que mais axudas recibe dos EEUU:desde 1979,1.470 millóns de euros,dos cales 1.00 millóns para o exército. A Unión Europea aporta 600 millóns.
Exipto é o aliado político e militar de occidente,o seu xendarme na zona.Non é casualidade que o partido de Mubarak, como o de Ben Alí en Tunisia,pertenzan a Internacional Socialista.
Un governo exipcio que exerce o seu poder a través da corrupción,a represión,a tortura e o asasinato.
Mentres as democracias occidentais criminalizan a Irán polo seu programa nuclear,e destrúen  Irak no nome da democracia,permiten que Israel teña armamento nuclear e sexa responsable do xenocidio palestino.A mentira "informativa" dos seus "medios de formación" é constante.
Gardaron silencio,até agora, sobre o que sucede nos estados árabes que son os seus aliados, emitindo informes eloxiosos,por parte das institucións financieiras internacionais,que non poden agochar a pobreza e a miseria na que viven.(Eso sí,todos os días temos os seus demos,Venezuela e Cuba,nas súas portadas).
O ataque criminal por parte de Israel,contra a “flotilla da paz”, nun barco turco,(Turquía é parte da Unión Europea e Israel socio prioritario),non trouxo mais resposta que o silencio.Israel ten bula democrática.
A cúpula do exército exipcio,controlada polos EEUU,(como no Irak,ou Pakistán),é complice total dos intereses imperiais:o control do petróleo,e a defensa do Estado sionista e xenocida de Israel. Co falso pretexto de parar o fundamentalismo islámico, mantense dictaduras amigas, para ter o poder económico e consolidar a existencia de Israel.
Non lles importan nin os monarcas medievais do Golfo Pérsico,nin os seus rexímenes autoritarios,se serven co seu islamismo político fundamentalista, para inhabilitar o mundo árabe contra o xenocidio palestino,manter os intereses económicos na rexión,e favorecer o proxecto sionista de ocupación,na Palestina.
Un islamismo político que é profundamente reaccionario,onde a relixión e a política non teñen separación, onde as situación das mulleres e medieval,e onde non hai unha soa lei retrógrada, promovida en calquera estado musulmán,a que os islamistas se opoñan, pero que serven para manter no poder, as clases dominantes e o Imperio, como en Arabia Saudí ou Pakistán.
Existen lugares no mundo onde o que mais medo causa as mal chamadas democracias occidentais,é a propia democracia.
Agardemos que a resistencia popular dos povos árabes diante das dictaduras,colla o camiño da liberación,contra os auténticos enemigos:o imperialismo,e o sionismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario