*MUNDO:O dictador de Túnez Ben Alí,e o seu partido pertencían a Internacional Socialista.O presidente de Exipto, Mubarak, tamén.
*SPAIN:CCOO e UGT,"pactan" co governo do PSOE a reforma das pensións.PP,os empresarios CEOE,CIU,e a maioría dos "medios de formación",falan de "pacto histórico".A CIG e o BNG levan adiante unha Folga Xeral contra contra a reforma.
A pesar de convocar a Folga, Izquierda Unida,(G.Llamazares)dí que apoian os sindicatos,porque é mellor un acordo que unha imposición.
Cando se poña en marcha este acordo:
Para xubilarse aos 65 anos:ter cotizados 38'5 anos:edad media de comenzo:26'5.
Para ter a pensión máxima aos 67:cotizados:37:edad media comenzo:30 anos.
Período de cómputo:os últimos 25 anos(o que reduce a pensión media)
En Galiza, xa que a media salarial é un 20% mais baixa que no Estado,as pensións e prestacións tamén.
*ITALIA:A Fiscalía de Milán,presenta dous cargos contra o Primeiro Ministro Berlusconi,por prostitución de menores e abuso de poder,segundo o Sumario Ruby(chamado así pola moza que se prostituíu unha ducia de veces na casa de Berlusconi).As festas,que custaron un mínimo de 2'5 millóns de euros,foron calificadas polo citado,como”de un talante elegante,digno e relaxado”.O sumario cita que “hai 15 ou 20 meretrices mais:italianas,magrebies,eslavas e das favelas,que ían a cama por 7.000 euros e as que non, por 2.000”.O Vaticano,e os movementos laicos”Comunión e liberación” e o “Opus Dei” están tan asustados ,que non saben como resolver o problema pola “brutta figura” feita polo seu fiel aliado.
O governador lombardo(do partido “Comunión e Liberación”)dixo:”Quen está libre de pecado que tire a primeira pedra”.
O teólogo afín o Opus Dei,Vittorio Messori,asiduo o programa Porta Aberta,dixo nunha entrevista feita polo vaticanista Andrea Tornielli,que”e mellor un putero que fai boas leis,que un notable católicísimo que promulga leis contrarias a igrexa”.
Berlusconi tamén acusou a fiscalía de”usar técnicas propias de redadas policiais contra a mafia,contra mozas que sóio son culpabeis de ser as miñas convidadas a cear”.
*SPAIN:O Governo do PSOE,cambia as regras que hai poucos meses impuxo as Caixas.A privatización ou venta das mesmas,pode deixar a Galiza sen sector financieiro propio.Os 50.000 millóns de euros,os aforros dos galegos,en perigo de subasta.A banca privada,oFMI,e o Banco de España,celebran a medida.Casualidade:O Estatuto de Autonomía dalle competencias exclusivas a Xunta de Galicia no control das caixas.Cando sexan bancos non terá ningunha.O BNG dí que é un atraco a mán armada.
*SPAIN:O caso dos traductores no Senado:Contan que poñelo en marcha,é moi caro(300.000 euros),podían contar tamén,que nestes últimos catro anos a publicidade do Metro de Madrid,custou 51 millóns de euros.O que o PP chamou reforma lingüística xa costou 14 veces mais:A fín das Galescolas e a súa conversión en Galiñas Azuis,as enquisas, a aplicación do Decreto,cambio de libros etc. xa costou 5 millóns de euros.Todo isto para "asegurar a competencia dos estudantes no idioma propio de Galicia".
*GALIZA:A maneira do PP de entender a loita contra o transfuguismo:O Presidente da Deputación de Pontevedra,Louzán,(PP) e o seu home de confianza Chema Figueroa(PP),premian aos tránsfugas e colaboradores,poñéndoos nas listas das municipais:
-Mos:Nidia Arévalo,volta ao PP,despois de que co trásfuga nº2 do Psoe ,Gerardo Alonso,fixera unha moción de censura para desaloxar o governo nacionalista.
-O Porriño:O "independente"Nelson Santos,estará nas listas do PP,despois da moción contra o nacionalista,Raúl Francés.
-Gondomar:mais do mesmo.
*GALIZA:Péchouse o 2010 e Galiza liderou a destrución de emprego en España.O Xacobeo e Feijoo09, a velas vir.
A pregunta da semana:¿Que significará a portada do xornal LA RAZÓN do 24-01-11, na que sae a toda páxina unha foto de Rajoi e Aznar, baixo o lema"EMPIEZA LA RECONQUISTA"?.
Ningún comentario:
Publicar un comentario