23/01/11

O QUE PESCA CORINA PORRO

Non teño lido nestes días,nos xornais locais,ningún comentario arredor da emisión en directo do programa"EL GATO AL AGUA" de Intereconomía,desde a Estación Marítima do Porto de Vigo.Só un pequeno comentario na Folla Parroquial,na que se comentaba que despois do programa,Corina e os seus convidados foran cear ao"Mosquito".¡Excelente información!.
Non me preocupa que dito programa sexa ultramontano e de extrema dereita.En nome da liberdade de expresión xa se sabe o que temos que aturar.
O preocupante é a utilización dos fondos da Autoridade Portuaria para semellantes eventos.Pobre Porto de Vigo e pobres empresas e traballadores do mesmo.Coas súas pelas facendo estes fastos.E como sempre dando unha imaxe da Galiza tópica de sempre,esa que lles gusta tanto os de Madrid e que Corina, a candidata do PP local, ponlles en bandexa.Xa houbo tunas tamén, co gran nivel cultural que aditan ter.
A procedencia guardamarinesca de Cori,ao servizo desta pandilla de impresentables,arrodeados de pijos.
Eso sí do pouco que soportei a través de Youtube:o mantenedor presentou a Mario Conde,que segundo dixo é " un gallego que ejerce de tal y  en los fines de semana viene a Galicia". E Cori,levada por tanto cheiro a peles e perfumes,criticou a ZP por non vir ao Xacobeo" que creo tanta riqueza y empleo" e tamén falou "de la esquizofrenia en que vivimos" moi posta en términos científicos para impresionar a tan culto auditorio.
A utilización partidista e partidaria das instalacións portuarias e dos seus cartos deberan merecer algún tirón de orellas dos medios locais,pero xa se sabe que xente tan formada e informada non pensan desta maneira.
¿Que pasaría si o grupo municipal nacionalista do concello fixera o mesmo? Pois nada, porque para empezar existe unha ética diferente que faría imposible tales feitos.
Mentres tanto hoxe mesmo e na folla parroquial,eso sí nun recuncho pequeno,do tamaño da materia gris,(e cun pouco menos de peso), do que ali intenta escribir,asisto con gargalladas ao seguinte:
"Cartelones para tapar la ruina, que es lo importante
 En la Ribera de O Berbés, santo y seña de la ciudad, tan importante antaño como abandonadita ahora, parece que la cosa mejora.
SantiDosio se han puesto manos a la obra, debe ser porque mayo y las urnas asoman ya la patita y han repuesto los cartelones que a modo de tramoya ocultan las fachadas ruinosas.
Es decir, todo está tan mal y abandonado como antes, pero mediotapao, que es lo que importa."
(Javier Mosquera"ELPATIO DE CACHAMUIÑA").
Os efectos perniciosos que ten ser un amargado social,fan que este indivíduo confunda ata os tempos nos que vive.
Non sei pero si Cachamuiña levantara a testa os corria a gorrazos,ata fora das Cíes.A unha por tirar as pelas de todos e ao outro por non saber escribir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario