23/01/11

A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL(17 ao23 de xaneiro)

*TUNISIA:Os "medios de formación" e moitos políticos occidentais descobren coa fuxida do presidente Ben Alí,tralas manisfestacións populares que deixan mais de cen mortos,que é un dictador.Ata o momento era o seu aliado e o partido RCD pertencía a Internacional Socialista.¿Cantos mais haberá?¿Porqué Castro e Chávez seguirán a ser os seus enemigos e Ben Alí era o seu fiel amigo?.
*HAITÍ:Volve a Haití, Duvalier,Baby Doco antigo dictador acusado de xenocidio e crimes contra a humanidade,fillo de Papá Doc,creador dos Tontóns Macute,escuadróns da morte.Vivía ata o momento na Costa Azul francesa,protexido e gastando os millóns rapiñados.¿Quénes o protexen?.
*EUSKADI:En liberdade despois de 7 anos 7,de cadea e demais lindezas,vinte nacionalistas, alcaldes e concelleiros de Udalbitza,acusados de terrorismo.(Made in Spain).A Audiencia Nacional decreta a súa inocencia.¿Quénes son os culpables?¿Quénes restituirán os danos ocasionados?.
*SPAIN: O goberno do PSOE ten un plán para privatizar as Caixas.O PP tamén.O Banco de España idem.Os bancos privados reciben un regalo mais por creala crise e o paro.Desfanse da competencia e pasan a ser donos dos cartos de todo.O corralito para eles.
*SPAIN:A norma que aprobou o Senado de utilización das língoas do Estado,é rexeitada na práctica,polas senadoras do PP ,Mª Jesús Sáinz e Mª Dolores Pán,decindo que aman Galicia, pero negándose a falar galego.Feijóo tamén.Logo citarán a Castelao.A senadora do PNV,Miren Leinitzbarrutia,falou en galego para decirlles que era unha mágoa que non usasen a língoa de Rosalía.Vergoña perpetua.
*SPAIN:O PP galego rexeita que os cargos públicos e institucionais,teñan que publicar no DOG,a relación dos seus béns.É o que eles chaman transparencia.
*SPAIN:O presidente da SGAE(Sociedad de Autores de España)o moi trasparente Tedi Bautista,don Eduardo agora,dí que gaña 250.000 euros.É o mais listo de case todos os autores.Sabina,Bosé a ministra Sinde e demais amigos,encantados.
*UNIVERSAL: Dou grazas a AELG(Asociación de Escritores en Língoa Galega" por darlle o premio como Escritor Galego Universal ao poeta asturián Antonio Gamoneda,"pola súa altísima poesía e o seu compromiso ético".
"Sobre excrementos de rebaños,subo y me acuesto bajo los robles musicales.
Cruzan palomas entre mi cuerpo y el crepúsculo,cesa el viento y las sombras son húmedas.
Hierba de soledad,palomas negras:he llegado,por fín;éste no es mi lugar,pero he llegado.
(Antonio Gamoneda,"EL LIBRO DEL FRÍO")

Ningún comentario:

Publicar un comentario