26/02/11

A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL(do20ao 26 de febreiro)

*GALIZA:Para desmemoriados:Os pláns para loitar contra o desemprego de Feijoo9, aqueles que figuraron no famoso Contrato con Galicia, co que se presentou as eleccións, non saben e non contestan.FARO DE VIGO(12 de febrero de 2009):Feijóo firma su "contrato" con Galicia con 14 compromisos por los que rendirá cuentas."ABC"(18/02/2009):Alberto Núñez Feijóo se proclamó«aliado de los parados, de los intereses generales de Galicia,de la politica honesta.Núñez Feijóo insistió en que la «máxima prioridad» de su Ejecutivo será el desempleo, contra el que recetó«reformas económicas modernizadoras»para Galicia dentro de una «visión estratégica de país».Agora dí que non ten competencias no emprego.
Cáritas alerta de que xa 580.000 galegos viven por debaixo do limiar da pobreza.
*GALIZA:O PPdeG, vota en contra da iniciativa do BNG, de declarar o ano2011 como Ano Castelao, co argumento de que é"propaganda de ideoloxía nacionalista".¿Pero non dixera Feijo09, que Castelao tiña clarísimo que Galicia é España?.
*LIBIA:A represión de Gadafi,chega a superar os mil mortos.O exército libio utiliza avións para bombardear e ametrallar o pobo.Os"amigos"do dictador,(Aznar,Zapatero,Juan CarlosI, Sarkozi,Berlusconi ou Tony Blair)para os que foi un terrorista,e ao que despois rebautizaron como amigo de occidente,están desaparecidos.
Fidel Castro denuncia un plan da OTAN para invadir Libia.
O célebre argumento de Bush,Aznar e Blair,de que todo é culpa de Al Qaeda,tamén o utiliza Gadafi,para xustificar o xenocidio.Bós mestres.
*GRAN BRETAÑA:"PÚBLICO"(23-02-11):O primeiro ministro británico,David Cameron,en xira polos países árabes en compañía de destacados empresarios do sector do armamento.Forman parte da delegación comercial que acompaña ao político,Ian King,director ejecutivo da empresa de armamento BAE Systems;Víctor Chavez,de Thales UK,Alaistair Bisset,da empresa Qinetiq;tamén Rob Watson,director rexional de Roll-Royce,Doublas Caster,de Ultra Electronics.Unha cuarta parte da delegación, integrada por 36 persoas,pertenece aos sectores aeroespacial e de defensa.A sensibilidade e flema dos conservadores británicos.Ulen sangue e van como corvos.A pela é a pela e a vaquiña polo que vale.
*ESOTERISMO POLITICO:A capacidade predictiva dos economistas do FMI xa quedou demostrada coa actual crise.Sen embargo  os políticos occidentais teñen unha rara capacidade para transformar as súas opinións políticas.Hoxe chaman dictadores árabes aos que hai úns días eran amigos e aliados contra o terrorismo islamista.Polo menos son mais rápidos que a Igrexa Católica que despois de condenar a Galileo por herexía, necesitou 500 anos para rehabilitalo."Eppur si muove!" (Porén, móvese!).
*EUROPA:O Tribunal Penal Internacional de La Haya terá que decidir si abre unha causa contra Benedicto XVI por posibles "crimes contra a Humanidade" tras unha denuncia presentada por dous abogados alemáns.Os letrados, Christian Sailer y Gert-Joachim Hetzel, critican l "estratexia de silencio" do Vaticano diante dos escándalos de abusos sexuais, da súa política contraria ao uso de preservativos contra o VIH/sida e as "coaccións e amenazas" contra os católicos disidentes.O documento denuncia "o mantemento dun réximen mundial totalitario de coacción, que somete aos seus membros mediante amenazas terroríficas e perigosas para a saúde".
*SPAIN:O imputado Francisco Camps é nomeado polo PP candidato.No outono, candidato no banco dos acusados.
*SPAIN:Despois de que o governo rebaixa a velocidade nas autovías a 110 Kms/hora o popular González Póns dí que son medidas soviéticas ás que só están acostumados en Cuba,e que tamén nos poden obrigar a vivir a dúas familias na mesma vivenda.¡Si os soviets levantaran a cabeza!

24/02/11

E CERTO: A CRISE EXISTE.

As cousas claras:A CRISE EXISTE E CONTINUA.Non é unha cuestión de fé,como o de Dios, senón que lendo os xornais xa te queda claro.
"-Gas Natural Fenosa ganó 1.201 millones de euros en 2010, un 0,5 % más que en 2009 según informó este lunes la compañía a la Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV), los ingresos aumentaron un 32 %, hasta los 19.630 millones de euros, y el EBITDA, un 14 %, hasta los 4.477 millones.
-Repsol obtuvo un beneficio neto de 4.693 millones de euros en 2010, cifra que triplica el resultado logrado por la petrolera en 2009, que fue de 1.559 millones de euros, informó la compañía que preside Antonio Brufau a la Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV).
-Iberdrola obtuvo en 2010 un beneficio neto de 2.870 millones de euros, lo que supone un aumento del 1,6% frente a 2009, cuando ganó 2.824 millones, como consecuencia de "los menores resultados atípicos netos de impuestos".
-Los presidentes de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán, y de Repsol, Antonio Brufau, ganaron en torno a siete millones de euros cada uno en 2010, según los informes anuales de gobierno corporativo que ambas compañías han registrado hoy en la Comisión Nacional del Mercado de Valores.
-Telefónica repartirá un dividendo récord de 1,60 euros por acción para el ejercicio 2011, lo que supone un aumento del 14,3% respecto al dividendo de 2010 y una rentabilidad para el accionista de más del 9%, informó hoy la compañía a la Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV).El pago total de Telefónica a sus accionistas rondará los 7.300 millones de euros, una cifra récord para una compañía española.
-Telefónica, El Corte Inglés, Mango, Grupo Barceló, Banco Santander, Repsol, Acciona, La Caixa, BBVA, Inditex, Grupo Planeta, MAPFRE, ACS, Ferrovial, Havas Media Group, Mercadona e Iberdrola, y el Instituto de la Empresa Familiar son las 17 grandes corporaciones españolas que se han constituído en un lobby (grupo de presión) con la intención de aportar nuevas ideas e impulsar la economía. El director general del consejo destacó que este "lobby" aúna a empresas con una facturación equivalente al 35,2 % del Producto Interior Bruto (PIB) español, con presencia en todos los continentes y que dan empleo directo a 1.700.000 personas. También destacó la necesidad de recuperar la "cultura del esfuerzo".
-O gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez:”La economía española se ha salvado de un inminente y absoluto desastre gracias a la nueva normativa de solvencia que el Gobierno ha impuesto a bancos y, sobre todo, a cajas.. El Estado comprará las acciones de las cajas a precio de mercado y las venderá después a la cuantía que considere que le aporta suficiente rentabilidad. Lo razonable es que el precio de venta sea muy superior al de entrada, dado que la caja ya estará saneada. El Banco de España no pondrá, por supuesto, ninguna traba a que compren esas participaciones entidades extranjeras, pero quiere que sea capital "permanente y serio", nada de especuladores que "salen corriendo al día siguiente".
¿ALGUÉN TEN A MAIS MÍNIMA DÚBIDA DE QUE A CRISE EXISTE?.

24-F :Os aniversarios non os eliximos nós.

Na miña vida teño algunhas datas polas que celebrar aniversarios. A primeira, a que elixida polos meus pais,tivo como resultante que eu aparecese neste mundo. Evidentemente sen contar coa miña opinión.
Outras dúas son os nacementos das miñas fillas,e aínda que supoño que tiven que ver , é innegable que o azar tamén xoga.
E tamén a de cando coñecín a miña compañeira, e a isto hai que sumarlle ao azar, outras compoñentes, que non vou explicar aquí,faltaría mais.
Polo medio queda un accidente de coche,do que saín con vida.
E tamén un 24 de febreiro de 1981,continuación, como marca o calendario dun 23-F.
A tardiña do 23,quedáramos Antón e eu,para ensaiar un texto teatral,”Emigrados”,(que mira ti,estamos montando agora para celebrar eses 30 anos de teatro galego).
Na cafetería, na tv., poñían as imaxes dun tal Tejero, que a tiros invadía o Congreso, e as nosas vidas, mentres os tanques de Miláns del Bosch, tomaban Valencia.
Non ensaiamos,e fomos a miña casa, onde falamos toda a noite do futuro, e dese presente,que outra vez, resucitaba a ditadura franquista. Non era posible ter que recuperar a vietnamita,os panfletos, o medo, as detencións,os “sociales”, as noites de pintadas, as citas de seguridade, as reunións clandestinas e as hostias a tutiplén.
Non era posible. Portugal xa tiña democracia,(veñen os recordos de cando vin en Lisboa os tanques de Otelo baixando pola Avenida da Liberdade e as apertas coa xente).Non era posible ter que sufrir unha vez mais semellante castigo. 
Por iso celebro o 24 F,porque esa mañá de hai trinta anos, a dereita española,o fascismo español, fracasou nun intento mais, de someternos”manu militari”.
Despois  veu o que algúns chaman “o exemplo da transición política en España”.
Pero o exemplo o deron os que deixando atrás, mortos ,asasinados ,fusilados, torturados, ou aos que simplemente nos roubaron a mocidade, fixeron o intento de pasar páxina, de reconciliación, e coller aquel papeliño onde poñía “amnistía”, e  dalo por bo.
Nunca se nos ocorreu, pedir documentos de demócratas, a tantos que se converteran de repente a democracia, nin documentos de non ter delitos de sangue, nin de colaborar co franquismo,nin de tantas atrocidades que vivimos. A pesar de telos que soportar a todas horas na tv.
Iso si, agardo que nun xesto de caridade cristiá, a igrexa española pida perdón por tantos paseillos que lle fixeron ao ditador baixo palio, e outras miudezas.
Pero hoxe vivo cunha dúbida permanente.
Si en Euskadi queren iniciar un proceso de paz¿ Quen lles outorga o dereito a decidir si alguén tivo ou non relacións anteriores co terrorismo e non pode borrar nunca o pasado?¿Porqué non son capaces de facer o que xa se fixo? ¿Quen outorga ese carné?¿Canto tempo e que penitencia teñen que pasar, e quen a pon?.
Vou tomar uns viños para celebrar o 24 F, a pesar de que a dereita deste país non aprendeu nada... destas cousas, claro está.

23/02/11

UN CONTO ISLANDÉS(con moito silencio).

(Música de  película de terror) (UNHA VOZ GRAVE):
"A finais de 2008, os efectos da crise na economía islandesa son devastadores. Se nacionaliza  o Landsbanki, principal banco do país.
O goberno británico conxela todos os activos da súa subsidiaria IceSave, con 300.000 clientes británicos e 910 millóns de euros invertidos por administracións locais e entidades públicas do Reino Unido.
Ao Landsbanki  séguenlle os outros dous bancos principais, o Kaupthing e o  Glitnir.
Os seus principais clientes están no Reino Unido, Holanda e EEUU.
O conxunto das débedas bancarias de Islandia equivalen a varias veces o seu PIB.
A króna, moeda oficial de Islandia fúndese e a bolsa suspende a súa actividade perdendo 76%. Islandia está na bancarrota.
O goberno obtén do Fondo Monetario Internacional (FMI) 2.100 millóns de dólares,e outros 2.500 millóns dos países nórdicos.
As protestas cidadáns fronte ao parlamento en Reykjavik aumentan.
O 23 de xaneiro de 2009  convócanse eleccións anticipadas e tres días despois, as “caceroladas” xa son multitudinarias e provocan a dimisión do Primeiro Ministro, o conservador Geir H. Haarden, e de todo o goberno en bloque.
É o primeiro goberno que cae vítima da crise mundial.
O 25 de abril hai eleccións xerais das que sae un goberno de coalición formado pola Alianza Social-demócrata e o Movemento de Esquerda Verde, encabezado pola nova Primeira Ministra Jóhanna Sigurðardóttir.
Ao longo del 2009 continúa a pésima situación económica do país e o año pecha cunha caída do PIB del 7%.
Mediante unha lei amplamente discutida no parlamento se propón a devolución da débeda a Gran Bretaña e Holanda mediante o pago de 3.500 millóns de euros, que pagarán todas as familias islandesas mensualmente durante os próximos 15 años ao 5,5% de interese.
A xente bótase a rúa e solicita someter a lei a referendo.
En xaneiro de 2010 o Presidente, Ólafur Ragnar Grímsson,  négase a ratificala e anuncia que haberá consulta popular.
En marzo celébrase o referendo e o NON ao pago da débeda, arrasa cun 93% dos votos.
(MÚSICA DE FESTA)
A revolución islandesa consegue una gran vitoria de forma pacífica.
O FMI conxela as axudas económicas a Islandia a espera de que se resolva a devolución da súa débeda.
O goberno  inicia unha investigación para dirimir xuridicamente as responsabilidades da crise.
Comezan as detencións de varios banqueiros e altos executivos.
A INTERPOL dita una orden internacional de arresto contra o ex-Presidente del Kaupthing, Sigurdur Einarsson.
Neste contexto de crise,elíxese unha asemblea constituínte o pasado mes de novembro para redactar unha nova constitución que recolla as leccións aprendidas da crise.
Para elo, acódese directamente ao pobo soberano.
Elíxense 25 cidadáns sen filiación política dos 522 presentados ás candidaturas, para o cal só  é necesario ser maior de idade e ter o apoio de 30 persoas.
A asemblea constitucional comezará o seu traballo en febreiro de 2011 e presentará un proxecto de carta magna a partir das recomendacións das distintas asembleas que se celebrarán por todo el país.
Deberá ser aprobada polo actual Parlamento e polo que se constituirá tralas próximas eleccións lexislativas.
E para rematar, outra medida “revolucionaria” do parlamento islandés: la Iniciativa Islandesa Moderna para Medios de Comunicación, un proxecto de lei que pretende crear un marco xurídico destinado á protección da liberdade de información e de expresión.
Preténdese facer do país un refuxio seguro para o xornalismo de investigación e a liberdade de información onde se protexan fontes, xornalistas e proveedores de Internet que aloxen información xornalística.

(MÚSICA DE SUSPENSE).
(NOTA:PARA QUENES ATOPEN ALGUNHA COINCIDENCIA CON SPAIN,HABERÁ UN SORTEO CUNHA VIAXE A ISLANDIA)

22/02/11

Gadaffi e os seus amigos:unha orla de sangue.

Setembro de 2003, José María Aznar foi o primeiro líder europeo en visitar a Gadaffi no seu país. Todo o historial do coronel libio non foi ningún obstáculo para que Aznar, unha das voces mais reputadas do neoliberalismo internacional, desfixésese en eloxios respecto ao tirano.O presentou como un mandatario comprometido coa loita antiterrorista e as “reformas económicas”. Aznar mostrábase moi contento polas garantías que Gadafi ofrecía aos “inversores” para os que xa traballaba. Tony Blair actuando como representante en favor do banco para o que traballa, JP Morgan fixo o mesmo. Non é nada complicado atopar amistades similares con Berlusconi, Bush e outros reputados “defensores da liberdade” en Occidente.
Agora contarán que non sabían nada. O petróleo fai estraños compañeiros de cama.





"El Público":22-02-2011:
“El Ejército libio vuelve a atacar a la población por aire”
“Según recoge la agencia italiana ANSA, la Corte Penal Internacional cree que los muertos en los últimos cinco días podrían superar los 600 (según la agencia EFE sólo 300 en Bengasi). Además, la cadena Al Arabiya asegura que el Tribunal estaría "buscando pruebas para procesar a Gadafi". “
“Mientras tanto, la ONU ha reclamado esta mañana una investigación independiente sobre la represión en Libia. Las denuncias llegan de la misma persona que denunció los abusos de Mubarak y Ben Ali, la alta comisionada de derechos humanos, Navi Pillay”.
“Una declaración que llega después de la condena de los ministros de Exteriores de la Unión Europea tras su reunión ayer en Bruselas. Pero que sigue sin poner en jaque al régimen”.

21/02/11

CAMIÑO DA MEMORIA.

Houbo esta semana pasada en Vigo,dous actos que mais alá da súa importancia,poñen de manifesto as persoas que para unha cidade como Vigo son imprescindibles,non soamente pola súa creatividade,senón polo seu compromiso cidadán,do cal non estamos moi sobrados.
O primeiro tivo lugar na Casa Galega da Cultura,que acolleu no seu salón ateigado de xente,a proxección da curtametraxe”Camiño da memoria”,realizado por mozos e mozas de Vigo,Valentina Alonso,Alberte Mera e Lucía Calvo,da equipa audiovisual”Ollo de vidro”.Un traballo premiado no certame “Amal Express”,e no que contan a historia de Obdulia,unha muller que co Alzheimer enriba,vai pintando de branco,algunhas pedras do camiño que a leva ata o cemiterio civil de Pereiró,"el de los rojos",onde repousa o seu marido.Ademais dunha historia orixinal,na presentación os rapaces de vintepoucos anos comentaron as súas ideas e proxectos.Foi todo un relatorio de intencións, sobre a creación audiovisual neste país,sobre o paro e a falta de saídas laborais para a mocidade,e dos seus afáns de continuar no futuro.
A ninguén lle chamou a atención que toda a presentación fora en galego,e todos os seus pensamentos foran para Galiza.Incluso houbo,ao remate,e isto é unha novidade,un par de xogadores da canteira do Celta,que os agasallaron cunha camiseta da equipa,asinada por toda a plantilla.Os celtistas non estamos afeitos a estes exemplos de conexión coa cidade.
O segundo acto foi no Centro Social NCG,onde asistín a estrea do filme“Novo Vigo Vello”,de Eduardo Rolland,con Luís Tosar e Antón Reixa levando a pantalla a reconquista do Casco Vello,que se desenvolve desde hai poucos anos por parte do grupo nacionalista vigués.Outra maneira de revivir a memoria e facela realidade presente.
Un acto oficial onde deixando á marxe a película,as autoridades fixeron as presentacións institucionais.Alcalde,Tenente de Alcalde,director,produtor e actor, comentaron con normalidade en galego, as súas impresións.
Na mesma mesa a Delegada Territorial da Xunta,Lucía Molares do PP,pechou o acto. Ao comezo,o seu galego xa patinou nas dúas primeiras frases, cun “hallar” e outras lindezas.
Pero de xeito automático,o seu procesador cerebral,mudou ao español,onde por descontado,síntese cómoda.
¿Teñen unha incapacidade intelectual para aprender idiomas, incluíndo o propio?.
 ¿Teñen incrustado un chip  no seu cerebro que lles impide falar galego.?
¿É unha prohibición para os do PP de G.?.
¿Qué dano lles fai falar galego?
¿É unha representante da Xunta ou dunha estrana Junta?.
¿Onde queda o respecto polo público asistente?.
¿Porqué non teñen presente a Constitución da que tanto falan pero esquecen o artigo 3º onde fala das línguas oficiais?.
¿Porqué si para eles Galicia é bilingüe,son monolíngües casteláns?
Ten que chegar o día en que os ouvintes, en sinal de protesta, deixando de lado a boa educación, démoslles as costas reais,xa que non podemos lanzar un zapato,como fan os árabes, en sinal de desprezo absoluto.
(Coa excepción do Xornal que deu a nova en galego,os xornais,do día seguinte,o fixeron todos en castelán.Eles tamén están a marxe do país e da cidade). 


20/02/11

PACHI: aí,aí.

O secretario xeral do PSdG Manuel Pachi Vázquez, diante das  acusacións de evasión de impostos nas obras da súa casa, que o PP lanzou contra él ao longo da semana no inicio real da campaña cara ás municipais e que sitúan as obras da súa vivenda fóra da legalidade, apoiouse nunha pregunta sobre o ex delegado territorial de Medio Ambiente en Pontevedra, Evaristo Juncal, a quen se ten atribuído a venda de empresas a destacados contrabandistas de droga, para asegurar que “Feijóo e o narcotráfico andan aí, aí”.
Cunha mecánica sensiblemente semellante á da campaña autonómica de hai dous anos, onde dirixidos por Alfonso Rueda, actual Conselleiro da Presidencia, todos os dirixentes do PP, e xornais galegos especialmente "La Voz de Galicia", atacaron a membros do bipartito, non pola súa actividade política, senón por cantas barbaridades podían sair das súas bocas. Desde o Presidente Feijoo9, coas súas insinuacións sobre o "señorito de Allariz" e si tiña mais cartos que él, ata acusacións de malos tratos por parte de Baltar, e fotos nun iate, sería moi longo recordar as contínuas acusacións sobre a vida persoal, dos que naquel momento ocupaban cargos na Xunta, ou sobre os supostos"negocios" para os amigos.
Superadas con moito as liñas da ética política, non é de extrañar que volva a suceder o mesmo, e que agora o PSdG entre no xogo, porque si alguén tiña a mínima ilusión sobre o progresismo dos socialistas(ainda que nas súas ringleiras militen xentes de boa fé), a súa política económica e social, botan por terra toda esperanza.
Certo é, que tampouco hai que confiar moito na xustiza, xa que pode deixar impune e sen cargos ao mesmo que acusou de "malos tratos", publicamente rexeitados e denunciados nun xulgado pola excompañeira do citado, dada a falsedade total.
Hai na tv. unha serie sobre unha axencia de publicidade nos anos 60, que tiña un lema:"Non importa o que sexas,o que importa é, cómo o vendas".
Esta idea, é a que poñen en practica, e a que temos que darlle a volta. Xa sabemos que a esquerda  sempre é hipercrítica, en canto a determinadas acusacións, e moi permeable a elas. En troques a dereita é capaz de vender e asumir calquera cousa,vai na xenética.
Non sei si o citado Evaristo Juncal, ten temas pendentes coa xustiza, pero as perversas insinuacións de Pachi sobre Feijoo9, ou pasan polo xuzgado ou conlevan a súa dimisión.
E mira que hai argumentos anticorrupción: desde que o ex-secretario de organización do PPde G, Pablo Crespo, está na cadea polo Gürtel, que segundo "Hacienda" houbo contratos coa trama, que agocharon ao fisco 2'7 millóns de euros para a presunta financiación ilegal do PP, pasando polo caudillo Baltar, que ten a súa Deputacion como a segunda empresa de Ourense en número de traballadores. Dos 485 concelleiros que ten o PPde G na provincia, 400 están empregados pola Deputación, e para tres portas ten 33 porteiros e bedeles. E non falemos dos tránsfugas, das mocións de censura, así ata o infinito.
Importa cómo sexas, importa cómo sintes e cómo pensas. A dignidade e a ética, en oposición absoluta a quenes teñen os resultados políticos como unha venda  onde todo vale .  .