20/02/11

PACHI: aí,aí.

O secretario xeral do PSdG Manuel Pachi Vázquez, diante das  acusacións de evasión de impostos nas obras da súa casa, que o PP lanzou contra él ao longo da semana no inicio real da campaña cara ás municipais e que sitúan as obras da súa vivenda fóra da legalidade, apoiouse nunha pregunta sobre o ex delegado territorial de Medio Ambiente en Pontevedra, Evaristo Juncal, a quen se ten atribuído a venda de empresas a destacados contrabandistas de droga, para asegurar que “Feijóo e o narcotráfico andan aí, aí”.
Cunha mecánica sensiblemente semellante á da campaña autonómica de hai dous anos, onde dirixidos por Alfonso Rueda, actual Conselleiro da Presidencia, todos os dirixentes do PP, e xornais galegos especialmente "La Voz de Galicia", atacaron a membros do bipartito, non pola súa actividade política, senón por cantas barbaridades podían sair das súas bocas. Desde o Presidente Feijoo9, coas súas insinuacións sobre o "señorito de Allariz" e si tiña mais cartos que él, ata acusacións de malos tratos por parte de Baltar, e fotos nun iate, sería moi longo recordar as contínuas acusacións sobre a vida persoal, dos que naquel momento ocupaban cargos na Xunta, ou sobre os supostos"negocios" para os amigos.
Superadas con moito as liñas da ética política, non é de extrañar que volva a suceder o mesmo, e que agora o PSdG entre no xogo, porque si alguén tiña a mínima ilusión sobre o progresismo dos socialistas(ainda que nas súas ringleiras militen xentes de boa fé), a súa política económica e social, botan por terra toda esperanza.
Certo é, que tampouco hai que confiar moito na xustiza, xa que pode deixar impune e sen cargos ao mesmo que acusou de "malos tratos", publicamente rexeitados e denunciados nun xulgado pola excompañeira do citado, dada a falsedade total.
Hai na tv. unha serie sobre unha axencia de publicidade nos anos 60, que tiña un lema:"Non importa o que sexas,o que importa é, cómo o vendas".
Esta idea, é a que poñen en practica, e a que temos que darlle a volta. Xa sabemos que a esquerda  sempre é hipercrítica, en canto a determinadas acusacións, e moi permeable a elas. En troques a dereita é capaz de vender e asumir calquera cousa,vai na xenética.
Non sei si o citado Evaristo Juncal, ten temas pendentes coa xustiza, pero as perversas insinuacións de Pachi sobre Feijoo9, ou pasan polo xuzgado ou conlevan a súa dimisión.
E mira que hai argumentos anticorrupción: desde que o ex-secretario de organización do PPde G, Pablo Crespo, está na cadea polo Gürtel, que segundo "Hacienda" houbo contratos coa trama, que agocharon ao fisco 2'7 millóns de euros para a presunta financiación ilegal do PP, pasando polo caudillo Baltar, que ten a súa Deputacion como a segunda empresa de Ourense en número de traballadores. Dos 485 concelleiros que ten o PPde G na provincia, 400 están empregados pola Deputación, e para tres portas ten 33 porteiros e bedeles. E non falemos dos tránsfugas, das mocións de censura, así ata o infinito.
Importa cómo sexas, importa cómo sintes e cómo pensas. A dignidade e a ética, en oposición absoluta a quenes teñen os resultados políticos como unha venda  onde todo vale .  . 

Ningún comentario:

Publicar un comentario