
O goberno británico conxela todos os activos da súa subsidiaria IceSave, con 300.000 clientes británicos e 910 millóns de euros invertidos por administracións locais e entidades públicas do Reino Unido.
Ao Landsbanki séguenlle os outros dous bancos principais, o Kaupthing e o Glitnir.
Os seus principais clientes están no Reino Unido, Holanda e EEUU.
O conxunto das débedas bancarias de Islandia equivalen a varias veces o seu PIB.
A króna, moeda oficial de Islandia fúndese e a bolsa suspende a súa actividade perdendo 76%. Islandia está na bancarrota.
O goberno obtén do Fondo Monetario Internacional (FMI) 2.100 millóns de dólares,e outros 2.500 millóns dos países nórdicos.
As protestas cidadáns fronte ao parlamento en Reykjavik aumentan.
O 23 de xaneiro de 2009 convócanse eleccións anticipadas e tres días despois, as “caceroladas” xa son multitudinarias e provocan a dimisión do Primeiro Ministro, o conservador Geir H. Haarden, e de todo o goberno en bloque.
É o primeiro goberno que cae vítima da crise mundial.
O 25 de abril hai eleccións xerais das que sae un goberno de coalición formado pola Alianza Social-demócrata e o Movemento de Esquerda Verde, encabezado pola nova Primeira Ministra Jóhanna Sigurðardóttir.
Ao longo del 2009 continúa a pésima situación económica do país e o año pecha cunha caída do PIB del 7%.
Mediante unha lei amplamente discutida no parlamento se propón a devolución da débeda a Gran Bretaña e Holanda mediante o pago de 3.500 millóns de euros, que pagarán todas as familias islandesas mensualmente durante os próximos 15 años ao 5,5% de interese.
A xente bótase a rúa e solicita someter a lei a referendo.
En xaneiro de 2010 o Presidente, Ólafur Ragnar Grímsson, négase a ratificala e anuncia que haberá consulta popular.
En marzo celébrase o referendo e o NON ao pago da débeda, arrasa cun 93% dos votos.

A revolución islandesa consegue una gran vitoria de forma pacífica.
O FMI conxela as axudas económicas a Islandia a espera de que se resolva a devolución da súa débeda.
O goberno inicia unha investigación para dirimir xuridicamente as responsabilidades da crise.
Comezan as detencións de varios banqueiros e altos executivos.
A INTERPOL dita una orden internacional de arresto contra o ex-Presidente del Kaupthing, Sigurdur Einarsson.
Neste contexto de crise,elíxese unha asemblea constituínte o pasado mes de novembro para redactar unha nova constitución que recolla as leccións aprendidas da crise.
Para elo, acódese directamente ao pobo soberano.
Elíxense 25 cidadáns sen filiación política dos 522 presentados ás candidaturas, para o cal só é necesario ser maior de idade e ter o apoio de 30 persoas.
A asemblea constitucional comezará o seu traballo en febreiro de 2011 e presentará un proxecto de carta magna a partir das recomendacións das distintas asembleas que se celebrarán por todo el país.
Deberá ser aprobada polo actual Parlamento e polo que se constituirá tralas próximas eleccións lexislativas.
E para rematar, outra medida “revolucionaria” do parlamento islandés: la Iniciativa Islandesa Moderna para Medios de Comunicación, un proxecto de lei que pretende crear un marco xurídico destinado á protección da liberdade de información e de expresión.
Preténdese facer do país un refuxio seguro para o xornalismo de investigación e a liberdade de información onde se protexan fontes, xornalistas e proveedores de Internet que aloxen información xornalística.
(MÚSICA DE SUSPENSE).
(NOTA:PARA QUENES ATOPEN ALGUNHA COINCIDENCIA CON SPAIN,HABERÁ UN SORTEO CUNHA VIAXE A ISLANDIA)
Ningún comentario:
Publicar un comentario