
Outras dúas son os nacementos das miñas fillas,e aínda que supoño que tiven que ver , é innegable que o azar tamén xoga.
E tamén a de cando coñecín a miña compañeira, e a isto hai que sumarlle ao azar, outras compoñentes, que non vou explicar aquí,faltaría mais.
Polo medio queda un accidente de coche,do que saín con vida.
E tamén un 24 de febreiro de 1981,continuación, como marca o calendario dun 23-F.
A tardiña do 23,quedáramos Antón e eu,para ensaiar un texto teatral,”Emigrados”,(que mira ti,estamos montando agora para celebrar eses 30 anos de teatro galego).
Na cafetería, na tv., poñían as imaxes dun tal Tejero, que a tiros invadía o Congreso, e as nosas vidas, mentres os tanques de Miláns del Bosch, tomaban Valencia.
Non ensaiamos,e fomos a miña casa, onde falamos toda a noite do futuro, e dese presente,que outra vez, resucitaba a ditadura franquista. Non era posible ter que recuperar a vietnamita,os panfletos, o medo, as detencións,os “sociales”, as noites de pintadas, as citas de seguridade, as reunións clandestinas e as hostias a tutiplén.
Non era posible. Portugal xa tiña democracia,(veñen os recordos de cando vin en Lisboa os tanques de Otelo baixando pola Avenida da Liberdade e as apertas coa xente).Non era posible ter que sufrir unha vez mais semellante castigo.
Por iso celebro o 24 F,porque esa mañá de hai trinta anos, a dereita española,o fascismo español, fracasou nun intento mais, de someternos”manu militari”.
Despois veu o que algúns chaman “o exemplo da transición política en España”.
Pero o exemplo o deron os que deixando atrás, mortos ,asasinados ,fusilados, torturados, ou aos que simplemente nos roubaron a mocidade, fixeron o intento de pasar páxina, de reconciliación, e coller aquel papeliño onde poñía “amnistía”, e dalo por bo.
Nunca se nos ocorreu, pedir documentos de demócratas, a tantos que se converteran de repente a democracia, nin documentos de non ter delitos de sangue, nin de colaborar co franquismo,nin de tantas atrocidades que vivimos. A pesar de telos que soportar a todas horas na tv.
Iso si, agardo que nun xesto de caridade cristiá, a igrexa española pida perdón por tantos paseillos que lle fixeron ao ditador baixo palio, e outras miudezas.
Pero hoxe vivo cunha dúbida permanente.
Si en Euskadi queren iniciar un proceso de paz¿ Quen lles outorga o dereito a decidir si alguén tivo ou non relacións anteriores co terrorismo e non pode borrar nunca o pasado?¿Porqué non son capaces de facer o que xa se fixo? ¿Quen outorga ese carné?¿Canto tempo e que penitencia teñen que pasar, e quen a pon?.
Vou tomar uns viños para celebrar o 24 F, a pesar de que a dereita deste país non aprendeu nada... destas cousas, claro está.
Ningún comentario:
Publicar un comentario