19/02/11

A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL(12ao 19 de febreirode2011)

*SPAIN:Despois de autoproclamarse candidato do PP á presidencia da Comunidade Valenciana, o imputado Francisco Camps quixo mostrar o seu millor sorriso e agradecer o "apoio constante" do seu partido.Francisco Camps agradece o "apoio constante" de Rajoy, a quen califica de "amigo".(sic)"Rajoy me llama Paco, no Francisco, y yo a don Mariano Rajoy le llamo presidente, no señor Rajoy".Tan feliz atópase Camps, que se definíu como "el candidato más respaldado de la historia de los candidatos de todas las democracias occidentales".  Dime a quén respaldas e ...
*SPAIN:(A CRISE CONTINÚA):O consello de administración de Caja Madrid, composto por 23 personas (o presidente, tres vicepresidentes, 18 vocais e un secretario) ganou 17,21 millóns de euros en concepto de soldo e outras retribucións en 2010, o que supón un ascenso do 2,56% respecto aos 16,78 millóns de 2009, segundo figura no "Informe de Gobierno Corporativo" da entidade, que tamén incluye a cancelación do programa de compromisos de alta dirección a partir do 31 de decembr de 2010.É decir, a entidade non pagará o bonus de 25 millóns aos seus directivos xa que unha norma europea impide repartir dividendos a unha entidade que recibira axudas por parte do sector público. Tal é el caso de Caja Madrid, que recibíu  4.465 millones de axudas por parte do FROB.
*SPAIN: RUMASA outra vez.O empresario mais bufo do país,tima a 5.000,ten débedas millonarias coa Seguridade Social,e pode deixar na rúa a miles de traballadores.Ainda por riba ameaza con pegarse un tiro. Xa non existen cabaleiros.
*GALIZA:Navalladas contra este país.Mentres o PP daquí,continúa a ser unha sucursal dalí,que só usa Galiza contra ZP,o PSOE-G daquí,mais do mesmo, a sangría que hai xa tempo empobrece Galicia coa colaboración interesada dos partidos estatais,desmontando o sector naval,a agricultura,a gandeiría,a pesca,etc., e en plena privatización e venta do sector financeiro,chega o Decreto do Carbón do Ministerio de Industria,que o Tribunal de Luxemburgo valida. As centrais térmicas de As Pontes e Meirama,que xa non poderán queimar carbón de importación, a ponto de perder 3.000 empregos.
*GALIZA:A máis galego nas aulas, maior comprensión lectora en castelán.
A maior presenza da lingua galega nos colexios entre 2006 e 2009 non prexudicou os resultados en ciencias e matemáticas.Nin estudar en galego dificulta a aprendizaxe en ciencias, nin impide mellorar o nivel de castelán, nin existiu nunca “o dous ao caldeiro” en matemáticas... O que xa resultaba evidente de por sí quedou de novo ratificado tras o último informe Pisa que analiza o nivel educativo do alumnado en Galicia e España.
“Os resultados do Informe Pisa, o estudo de referencia mundial para medir a calidade dos sistemas educativos,demostran que o fomento do galego non vai en detrimento da competencia en español nin do desenvolvemento científico do alumnado”,en contraposición coas teorías defendidas por Galicia Bilingüe e que foron apoiadas por boa parte do PPdeG e da actual Xunta de Galicia.
O decreto do plurilingüismo aplicado polo Goberno galego na educación veta de maneira explícita o galego para materias de ciencias como Matemáticas ou Tecnoloxía, que deben ser impartidas en castelán.
*ITALIA:A xuiza Cristina di Censo admitíu a solicitude de xuicio inmediato para Silvio Berlusconi por abuso de poder y prostitución de menores en el marco del caso Ruby.A data do proceso contra "IL CAVALLIERI"" será o próximo 6 de abril as 9.30 horas en Milán porque, segundo Di Censo, existe a "evidencia da proba" . ¿Canto nos xogamos a que sacarán da chistera unha lei de inmunidade?.
*MUNDO ÁRABE:Tunisia,Exipto,Líbia,Yemen,Marrocos,Bahréin,Kuwait,Omán,Yibuti.O mundo político dos paises árabes cambia.¿O Imperio segue un guión escrito ou non calculou o que sucede no seu patio traseiro?.

18/02/11

EUSKADI:CCOO A 1ª VICTIMA DA SÚA POLÍTICA.

A semana pasada,houbo eleccións sindicais no Ensino, en Euskadi. Poucos xornais fixéronse eco desta nova e moito menos do resultado.
Despois do vergoñento Acordo Social que asinaron CCOO e UGT,co goberno socialista e o novo convenio laboral que as mesmas centrais pactaron coa socialista Isabel Celaá, os resultados non enganan a ninguén, perdendo CCOO por vez primeira en moitos anos ,a condición de sindicato maioritario, e pasando a cuarta posición:
ano 2011........................................................ano2007
-LAB(sindicato nacionalista):80 delegados...........65
-ELA (sindicato nacionalista):61...........................62
-STEE(sindicato nacionalista):60..........................54
 -CCOO...............................:51...........................67

A vista dos resultados sobran as verbas para explicar a catástrofe de CCOO, e a suba dos sindicatos nacionalistas de Euskadi.

17/02/11

¿FACENDA SOMOS TODOS?

(Artigo de Juanjo Basterra en Rebelión.org)
"El 82% de las empresas del Ibex(1) acude a paraísos fiscales.
Las grandes empresas de la Bolsa española utilizan los paraísos fiscales para reducir el pago de impuestos. Entre todas ellas cuentan con 272 filiales en 27 países ocultos a Hacienda. Nadie lo impide.
El 82% de las empresas que cotizan en el Ibex 35 tiene presencia directa o filiales en los paraísos fiscales. Son 28 sociedades: Repsol YPF, Grupo Santander, BBVA, Ferrovial, Gas Natural, ACS, Abengoa, Abertis, Inditex, Banco Sabadell, Telefónica, Grifols, Banco Popular, Endesa, Acerinox, Iberdrola, Arcelor Mittal, Mapfre, Acciona, Banesto OHL, Sacyr, Criteria, FCC, Gamesa, Red Eléctrica Corporación, Técnicas Reunidas y Telecinco. Entre todas ellas cuentan con 272 filiales con actividades no operativas en 27 países ocultos a Hacienda. Cada vez son más, según el informe del Observatorio de Responsabilidad Social Corporativa, dado que en 2007 la presencia en los paraísos fiscales representaba el 69% del Ibex 35. En el trienio de la crisis económica, precisamente, han aumentado en un casi 19% las empresas que han decidido instalarse en esas zonas opacas a las haciendas.
Los paraísos fiscales más utilizados por esas empresas del Ibex son Países Bajos, con 63 filiales; Delaware, de Estados Unidos, con 41 filiales; Luxemburgo, otras 26 filiales; Islas Caimán, con 25 filiales, Suiza, con 22; Puerto Rico, 14 más; Panamá, 13; y Jersey, otras 12. El Observatorio reconoce que existen empresas que no cotizan, pero que también utilizan los paraísos fiscales para ocultar información de su actividad. Son Caja Madrid, con tres sociedades, una en islas Caimán y dos en Holanda; y La Caixa, con dos empresas: una en Hong Kong y la otra en Holanda».
El informe deja claro las falsas intenciones de los gobiernos de la Unión Europea en contra de esas zonas alejadas del control y el pago de tributos y, en el caso español, desvela que el Banco de España ha puesto en circulación una comunicación retirando la consideración de paraísos fiscales a algunos de esos territorios opacos, lo que ha permitido que algunos bancos como BBVA y Santander anuncien que ya no informarán de los negocios que tienen.
El Observatorio de Responsabilidad Social Corporativa reconoce en este último informe referido a 2009 que «mientras las inversiones de las empresas del Ibex 35 en paraísos fiscales han experimentado un crecimiento vertiginoso, ya que la inversión entre enero y setiembre de 2010 ha sido el doble que en todo 2009, la recaudación por el Impuesto de Sociedades se desplomó un 55% entre 2007 y 2009, pese a que los beneficios empresariales de las grandes empresas en ese mismo período descendieron en un 14%» y recuerda que «las grandes empresas se benefician de deducciones y exenciones, con lo que en la práctica sólo pagan el 10% de media sobre los beneficios en el Impuesto de Sociedades». Ocurre, como denuncia el Observatorio, en esas grandes empresas que «subieron el sueldo en un 15,5% a los consejeros, con una media de 602.000 euros más que en 2008. Es un dato relevante en un contexto en el que existe un control de gastos salariales, se habilitan nuevas formas de despido y las diferencias entre lo que ganan los ejecutivos y administradores de las empresas cotizadas y el sueldo medio de los empleados se acrecienta».
El Banco de España juega a favor de BBVA, Santander y Sabadell
En el informe del Observatorio de Responsabilidad Social Corporativa de 2009 se indica que los bancos «tienen un papel muy relevante, ya que funcionan como facilitadores para que otras empresas y particulares practiquen la elusión de sus servicios». Recuerda que en 2001 el Banco de España publicó ciertas conductas, que completó en 2003, para informar de las actividades en paraísos fiscales y exigió, entre otros elementos, transparencia en las cuentas anuales. «Santander, BBVA y Banco Sabadell afirman seguir los principios», pero como están desapareciendo países del listado de paraísos fiscales sólo por el hecho de firmar acuerdos bilaterales con la OCDE o con el Gobierno español, los tres bancos anuncian que dejarán de informar de su actividad en las Islas Caimán, Antillas Holandesas, Hong-Kong, Man, Jersey."
(1)O índice IBEX 35 (Iberia Index) é o principal índice de referencia da bolsa española elaborado por Bolsas y Mercados Españoles (BME). Está formado polas 35 empresas con mais liquidez que cotizan no Sistema Interconexión Bursátil Electrónico (SIBE) nas catro Bolsas Españolas (Madrid, Barcelona, Bilbao e Valencia).

16/02/11

O VENTILADOR

Para disolver o cheiro a merda sacas o ventilador e tratas de espallalo. Isto é o que pon en práctica o PP, cada vez que a corrupción asoma nas súas ringleiras. Xa non se trata de que o suposto delincuente CAMPS,diga que é o dirixente mais “respaldado” de todas as democracias occidentais, senón das declaracións dos dirixentes do seu partido, poñendo en dúbida constante, a independencia do poder xudicial e de acusar aos fiscais de levar adiante un ataque político contra o PP.
As probas da suposta corrupción, quedan así espalladas polo ventilador, poñendo un veo de incertezas,e probas prefabricadas.
¿Pero foron os xuíces e fiscais os que se fixeron os traxes a medida, os que adxudicaron millóns de euros aos amigos en contratos públicos,os que financiaron ilegalmente ao PP, os que fixeron un santo negocio coa visita do Papa?. Non contentos con isto, e como un xornalista escrebe hoxe, pretenden branquear a través das eleccións todo este tenderete denigrante.
Pero hoxe no Congreso dos Deputados asistimos a un espectáculo que provoca vergoña, o PP e o PSOE tirándose o lixo a cara do outro. De Valencia a Andalucía, pasando pola Comunidade de Madrid. Do GÜRTEL,ao FAISÁN,pasando polos falsos prexubilados do ERE.
Mentres tanto os que adican a súa vida a actividade política,por ideoloxía e por principios,poñendo incluso cartos dos seus bolsos, teñen que soportar a horrorosa sensación de estar encadrados no que algúns chaman “clase política”. E efectivamente, aínda hai clases: Non todos son iguais.

15/02/11

O GALEGO ,GALICIA (BILINGÜE)BÍFIDA,e "GRAN HERMANO".

Anda,estes días,a rede alporizada por un vídeo no que sae unha concursante galega de GH,falando sobre o idioma galego.Deixando a un lado,a incapacidade cultural dos participantes no "bodrio",as"opinións" da concursante,poñen de manifesto a iñorancia supina e a falta de autoestima que son imprescindibles para sentir o país no que naces e vives.“lo primero que te produce oír una persona joven hablar gallego es negativo”. “No es muy habitual que la gente joven hable gallego, bueno, en Lugo sí, pero es un gallego bruto y feo (...), el gallego que está todavía más metido en gente ignorante”,durante unha conversa cunha compañeira, chegou a asegurar que todos os seus libros de texto na escola “eran en gallego” (sic) pero que ela facía “trampa” e comprábaos en castelán. Ademais, asegurou que “muy poquita gente habla gallego; lo hablan los nacionalistas, más los exaltados, los que lo hablan por cojones."
Opinións como estas,son as que a dereita mais reaccionaria como Galicia Bífida,apoiados polo PP,instalan na xente, ata sentir vergoña do seu idioma.Non axudan moito os medios de comunicación,que maioritariamente están en español,nin o cine,nin as radios,nin os grupos musicais,nin a publicidade,etc..A realidade demostra, a falsedade dos que falan da suposta opresión a que está sometido o español, cando é o galego o que a sofre diariamente.
Un xornal de Vigo,trae hoxe a seguinte nova:"Un juéz obliga al Concello de Vigo a usar el castellano con la empresa concesionaria ELOYMAR-TRANVÍAS.Pero desestima las alegaciones de la empresa en cuanto a que el desconocimiento del gallego provocara la ineficacia de la notificación administrativa".Deixando tamén de lado,as argucias legais,para o sr. xuíz, o galego debe ser tan incomprensible como o chinés,e non digamos para a citada empresa.A Constitución Española no artigo 3 nos pontos 2 e 3,deixa moi claro a oficialidade das línguas e a protección e respeto que merecen.
Como remate e por si alguén ten dúbidas ao respecto:
O XORNAL DE GALICIA(15-02-11)A máis galego nas aulas, maior comprensión lectora en castelán.
A maior presenza da lingua galega nos colexios entre 2006 e 2009 non prexudicou os resultados en ciencias e matemáticas.Nin estudar en galego dificulta a aprendizaxe en ciencias, nin impide mellorar o nivel de castelán, nin existiu nunca “o dous ao caldeiro” en matemáticas... O que xa resultaba evidente de por si quedou de novo ratificado tras o último informe Pisa que analizaba o nivel educativo do alumnado en Galicia e España. Agora, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Cgendl) realiza unha análise deste documento na que non só se desmontan moitas das teorías defendidas por Galicia Bilingüe e parte do PPdeG, senón que demostra que os alumnos galegos melloraron o seu rendemento alí onde en teoría o ían baixar.A Cgendl céntrase en analizar os resultados de entre 2006 e 2009, xusto durante o goberno do bipartito e cando o galego aumentou a súa presenza nas aulas. Segundo os datos, a educación en Galicia nesa etapa sitúase a un nivel similar á da OCDE ou incluso por riba en competencia científica, mentres que se sitúa por riba da media de España nas tres competencias estudadas.A evolución dos resultados acadados polos rapaces durante o goberno bipartito non varía moito, pero a comprensión lectora auménta en sete puntos, en matemáticas o descenso é de cinco e en ciencias o incremento é dun punto.
“A introdución da lingua galega como lingua vehicular no ensino en diferentes materias impulsada polo Decreto 124/2007 non empeorou a adquisición de competencia lectora nin científica do alumnado”, destacan os equipos de normalización –denominados só de dinamización desde a chegada do PP ao poder–, que sinalan que os resultados son mellores xusto nas materias onde a lingua propia é habitual “desde hai anos” (Coñecemento do Medio ou Bioloxía e Xeoloxía).
“O aumento da presenza do galego como lingua vehicular do ensino axudou a mellorar a comprensión lectora en español e non repercutiu negativamente sobre os resultados en matemáticas, materia que daquela era impartida en galego”, insiste a Cgendl, que destaca tamén o maior dominio do castelán que se dá na maioría de autonomías bilingües do Estado.
Os resultados do Informe Pisa, o estudo de referencia mundial para medir a calidade dos sistemas educativos,demostran que o fomento do galego non vai en detrimento da competencia en español nin do desenvolvemento científico do alumnado”, aclara a Cgendl, en contraposición coas teorías defendidas por Galicia Bilingüe e que foron apoiadas por boa parte do PPdeG e da actual Xunta de Galicia.
O polémico decreto do plurilingüismo aplicado polo Goberno galego na educación veta de maneira explícita o galego para materias de ciencias como Matemáticas ou Tecnoloxía, que deben ser impartidas en castelán. De feito, uns 3.000 profesores asinaron un manifesto asegurando que seguirían impartindo as súas materias na lingua propia, independentemente do que lles marcase a norma. Ademais, a Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia (Enciga) e Agapema (Asociación de Ensinantes de Matemáticas), tamén expresaron o seu rexeitamento á medida."