Para disolver o cheiro a merda sacas o ventilador e tratas de espallalo. Isto é o que pon en práctica o PP, cada vez que a corrupción asoma nas súas ringleiras. Xa non se trata de que o suposto delincuente CAMPS,diga que é o dirixente mais “respaldado” de todas as democracias occidentais, senón das declaracións dos dirixentes do seu partido, poñendo en dúbida constante, a independencia do poder xudicial e de acusar aos fiscais de levar adiante un ataque político contra o PP.
As probas da suposta corrupción, quedan así espalladas polo ventilador, poñendo un veo de incertezas,e probas prefabricadas.¿Pero foron os xuíces e fiscais os que se fixeron os traxes a medida, os que adxudicaron millóns de euros aos amigos en contratos públicos,os que financiaron ilegalmente ao PP, os que fixeron un santo negocio coa visita do Papa?. Non contentos con isto, e como un xornalista escrebe hoxe, pretenden branquear a través das eleccións todo este tenderete denigrante.
Pero hoxe no Congreso dos Deputados asistimos a un espectáculo que provoca vergoña, o PP e o PSOE tirándose o lixo a cara do outro. De Valencia a Andalucía, pasando pola Comunidade de Madrid. Do GÜRTEL,ao FAISÁN,pasando polos falsos prexubilados do ERE.

Ningún comentario:
Publicar un comentario