O Tribunal Supremo deixa en suspenso os trámites de inscrición no rexistro de partidos políticos de Sortu, partido da esquerda abertzale, que rexeita o uso da violencia e do terrorismo nos seus estatutos.
“PÚBLICO:Con una celeridad inusitada, la Sala del 61 del Tribunal Supremo ha admitido este jueves a trámite la demanda del Gobierno contra Sortu y ha acordado dejar en suspenso los trámites para su inscripción en el registro de partidos políticos del Ministerio del Interior, tal y como prevé la Ley de Partidos. Así lo ha acordado la sala especial del Supremo menos de cinco horas después de que el abogado general del Estado, Joaquín de Fuentes Bardají, registrara en el Alto Tribunal la demanda”.
“EL PAÍS”:La Abogacía del Estado considera que hay pruebas suficientes de que Sortu, el partido impulsado por dirigentes de la ilegalizada Batasuna, finge un rechazo a ETA que no es real y que lo hace solo para poder concurrir a las elecciones del próximo 22 de mayo. "El rechazo estatutario del terrorismo [por parte de Sortu] es cosmético, retórico e instrumental, no real", señala la Abogacía del Estado en la demanda. El nuevo partido, promovido por y desde la Izquierda Abertzale/Batasuna, nace y se presenta con un marcado alejamiento táctico de la violencia, pero sin una sola condena real para el uso del terrorismo como instrumento de acción política. Las mismas personas que hasta hace unos meses jaleaban a los asesinos de ETA en las manifestaciones de la izquierda abertzale manifiestan estar ahora lejos de la violencia y, desde luego, consideran a los terroristas que cumplen condenas firmes de prisión como presos políticos".
Algunhas preguntas:
¿Quén vai promover o novo partido senón a esquerda abertzale?
¿Cantas xeracións terán que pasar para que non existan as mesmas persoas da actual esquerda abertzale nas listas?.
¿Ata cando ter asistido a manifestacións "a jalear", será unha agravante?.
¿Porqué o rexeitamento de todo tipo de violencia, expresado nos estatutos de Sortu é cosmético, retórico e instrumental, non real?.
¿A Constitución Española cando dí que todos temos dereito a un traballo digno, e a unha remuneración suficiente, a vivenda, etc. é real, ou é cosmética e retórica?.
¿Todos somos iguais diante da Lei?.
05/03/11
A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL(do 27-02-11 ao 05-03-11).

*SPAIN:O xornal de Pedro Jota,"EL MUNDO", recibíu o premio Español Ejemplar que lle concedeu a ultra Denaes (Defensa de la Nación Española). Meritos: “El compromiso de este rotativo con la unidad de la nación española, por la defensa de la lengua común y de las libertades individuales”. E tamén por isto: “Las implacables críticas a los nacionalismos separatistas y a los Estatutos de autonomía disgregadores”. Olé¡ Olé¡
*SPAIN(é un paraíso...fiscal): ExxonMobilSpain, filial do xigante do petróleo ExxonMobil tivo 9.907 millones de beneficio neto nos dous últimos anos. O de neto sobra neste caso, pois Exxon utiliza a súa filial para non pagar impostos, valéndose dunha figura legal, a (ETVE) " entidades de tenencia de valores extranxeiros". A maior empresa do mundo, usa a súa filial española só para aforrar impostos. Exxon, ao igual que outras moitas multinacionais, atopou en España o seu particular paraíso fiscal. A xustificación é impedir a dobre tributación internacional é decir, que os beneficios que xenera a empresa nunha filial dun país, non paguen impostos duas veces, primeiro na filial e logo no país de orixe. Pero a inxeniería financeira, consegue o contrario, que non pague en ningún dos dous. En España, multinacionais como Vodafone, Hewlett Packard, American Express, General Mills ou Eli Lilly usan as ETVE para canalizar as súas participacións en empresas extranxeiras. O curioso e que ExxonMobilSpain ten un só empregado, e o seu salario é de 44.000 euros. A Axencia Tributaria dí "a figura das ETVE son un foco de alto risco de fraude". Pers-pi-ca-cia.
*VATICANO:Benedicto XVI, despois dunha análise bíblica e teolóxica, dí que non hai bases para asegurar que os xudeos foron responsables da morte de Xesús de Nazaret. Deixando de lado a rapidez coa que resolven os católicos estas dúbidas que nos atormentan desde hai dous mil anos,¿teremos que agardar outros dous mil, para coñecer a opinión do xenocidio de Israel sobre os palestinos?. E xa para non facernos agardar tanto,¿ sobre as relacións entre a Igrexa Católica e o franquismo?.
*MUNDO VIRTUAL: A "Compañía de Jesús" súmase ao apostolado virtual mediante unha páxina de internet. Os internautas que accedan á páxina Rezandovoy.org disporán a diario dunha proposta de oración en formato audio, de descarga "absolutamente gratuita", cunha duración aproximada de dez minutos.
*GALIZA:O Tribunal Constitucional admitíu a trámite, o recurso do "Ministerio de Sanidad" contra o catálogo de fármacos xenéricos da Xunta, polo que queda en suspenso. A medida do executivo galego, que pretendía aforrar 100 millóns de euros, xa fora contraargumentada polo"Consejo de Estado"ao estimar que o listado "rompía la igualdad de los españoles en el acceso a los medicamentos". ¿Si os galegos somos como os españois no dos medicamentos, porqué non o somos no acceso o AVE, a ter unhas infraestructuras viarias e ferroviarias iguais, as mesmas competencias estatutarias, a un sistema financeiro propio, e a tantas outras cousas que non temos, pero que sí teñen os españois?.
*GALIZA:(Cangas do Morrazo): Segundo o Xulgado nº 2 de Pontevedra, as obras do Porto Deportivo Massó, non son competencia do Concello senón da Autoridade Portuaria de Vigo. Isto foi o que sempre defendeu a alcaldesa Clara Millán do BNG, para non prevaricar. Agardo unha repetición das manifestacións, pero agora en contra da auténtica responsable: Corina Porro, Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo.
01/03/11
FEIJO09 de aniversario.(Ou sarna con gusto non pica)

desaloxaba do goberno galego, a coalición PSdG. e BNG. Na metade da lexislatura, xa podemos evaluar o cambio, que viña precedido do famoso CONTRATO CON GALICIA, que o candidato, e hoxe presidente asinaba con toda pompa.
-Feijo09 prometeu como medida estrela "acabar con el paro en 45 días". Despois de botarlle as culpas de todos os males a ZP, e aos demos do bipartito, deixou pampos a propios e extraños, cando asegurou "no tener casi competencias para luchar contra el paro", cando a Xunta ten esas competencias desde 1997. O caso é que o paro medrou en Galiza no último año mais que no resto de autonomías –un 20,86%, fronte a media nacional que foi do 8,55%, según a última "Encuesta de Población Activa".
Non existen novas dalgún plán para combatir o paro, mais que decir que as cifras daquí, rebaixarían nun millón as do estado. Se a miña tía tivera rodas sería un motocarro.
-Nas listas de espera do Sergas hai 34.343 pacientes, a 31-12-10, que agardaban quirófano, só 2.211 mais que dous anos antes, e pasouse de 70 días a 75'8 de espera.
O de eliminar as horas extras dos médicos, as peonadas, pasou a millor vida, con perdón. Con respecto aos xenéricos, que rebaixan efectivamente a factura farmacéutica, a non negociación previa, e a improvisación cos boticarios e os pacientes, trouxo un novo problema.
-Temos desde outubro un novo imposto, grazas a Lei de Augas, que vai supoñer un aumento do 140%, e que se pague polas fontes e pozos. Da choiva non hai novas.
-A retirada do Concurso Eólico do bipartito, quitándolles os dereitos a 29 empresas e non participando con capital público nas adxudicatarias. A beneficiaria Gas Natural Fenosa. O retraso ten un custo de millóns de euros e miles de postos de traballo.
-A norma do BNG e PSdeG prohibindo edificar na franxa dos 500 metros de costa, foi retirada. A nova Lei do Solo, deixa construir en zonas rurais e protexidas.
-Novacaixagalicia: tralo proceso de fusión, os cambios nas regras do Banco de España, e as condicións do Ministerio de Economía, a piques de bancarizar, privatizar. Segundo Feijo09," el menos malo de los males".
-Coa política lingüística, adeus a todos os consensos históricos, que ainda que non moi eficaces, aseguraban unha mínima protección do galego. Derogación do decreto e aposta polo trilingüismo. Consulta aos pais, cun gasto dun millón de euros, e nove meses despois a enquisa de língua en infantil, desaparecida. O leite convírtese en "a leite", na publicidade institucional.
- Agadic, Baltar, tránsfugas, decreto do carbón, o rosario da miña nai, o Contrato con Galicia...
Enquisa de Sondaxe para"La Voz de Galicia":O PP de G., de 38 a 42 deputados.
Non entendo nada de política. Definitivamente.
28/02/11
FIN DE PARTIDA
-HAMM:”¿Non crees que isto durou demasiado?
CLOV:Si.(Pausa)¿Que?
HAMM:Es..este...asunto.
CLOV:Sempre o pensei.(Pausa)¿Ti,non?.
HAMM:(melancólico):Entón, é un día como outro calquera?.
CLOV:Mentres dure.(Pausa).Toda a vida as mesmas sandeces.-(Samuel Beckett).
Remata o xogo. Despois dos test de resistencia, dun plan de integración operativa, de sanear balances e asinar un pacto laboral, de reducir sucursais, e con todas as bendicións e avais do Banco de España, Novacaixagalega aborta. Galiza non terá un sistema financeiro propio, nen siquera trala fusión, imprecindible, para o acceso os fondos do FROB.
Minutos despois de que Feijo09 dixera que:"A bancarización é o menos malo dos males", a dirección de NCG, moi rápida, aposta pola mesma vía, co entusiasmo do PSde G..
Venta a baixa, e privatización “habemus”.
Estaba escrito, nun guión establecido na folla de ruta do sistema, que o sacrificio das caixas era imparable, e que ían ser engulidas polos grandes bancos, e vendidas ao mellor ofertante. O apetito do gran capital español, coa desculpa da crise, e ilimitado. Reforma laboral, reforma das pensións e reparto do mercado financeiro.
Nesta partida, con cartas marcadas, xogou Feijo09, mal defensor dos intereses de Galiza, servidor do seu PP estatal, facendo méritos en Madrid e botándolle as culpas aos socialistas, de que non hai outra saída. Todo isto, antes de que o Decreto do Goberno Central, fora debatido no Congreso.
Os “socialistas” daquí seguindo aos dalá. Hoxe dín que apoian unha decisión que xa sempre apoiaran. Só o patético Caballero, fixo un ridículo espantoso, decindo o malos que son os coruñeses, que non a fusión, despois que xa él dixera que sí,e agora que xa advertira que non.
Por moito que algún xornal fale da derrota de Feijo09, no hai tal. Unha victoria en toda regra, que poñerá na bandexa dos xefes madrileños, mentres aquí esa “derrota” durará un chío, porque os “medios de formación” non tardarán moito en falar do benefioso que é para os galegos o novo banco. E virán opinadores que largarán o discurso do saneamento imprescindible, sen contar que o propio Banco de España, marcou unhas regras que despois cambiou.
A derrota é para os galegos, espectadores da venda dun patrimonio acumulado desde hai dous séculos cos seus aforros.

De derrota en derrota ata a victoria final, poderemos berrar os que só temos o pensamento en Galiza. Mentres, viaxaremos de novo a Compostela, o próximo 13. Estou certo que estaremos moitos, pero ningún dos que falsamente, para a galería, dín que defenden este país. Toda a vida as mesmas sandeces.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)