28/02/11

FIN DE PARTIDA

-HAMM:”¿Non crees que isto durou demasiado?
CLOV:Si.(Pausa)¿Que?
HAMM:Es..este...asunto.
CLOV:Sempre o pensei.(Pausa)¿Ti,non?.
HAMM:(melancólico):Entón, é un día como outro calquera?.
CLOV:Mentres dure.(Pausa).Toda a vida as mesmas sandeces.-(Samuel Beckett).

Remata o xogo. Despois dos test de resistencia, dun plan de integración operativa, de sanear balances e asinar un pacto laboral, de reducir sucursais, e con todas as bendicións e avais do   Banco de España, Novacaixagalega aborta. Galiza non terá un sistema financeiro propio, nen siquera trala fusión, imprecindible, para o acceso os fondos do FROB.
Minutos despois de que Feijo09 dixera que:"A bancarización é o menos malo dos males", a dirección de NCG, moi rápida, aposta pola mesma vía, co entusiasmo do PSde G..
Venta a baixa, e privatización “habemus”.
Estaba escrito, nun guión establecido na folla de ruta do sistema, que o sacrificio das caixas era imparable, e que ían ser engulidas polos grandes bancos, e vendidas ao mellor ofertante. O apetito do gran capital español, coa desculpa da crise, e ilimitado. Reforma laboral, reforma das pensións e reparto do mercado financeiro.
Nesta partida, con cartas marcadas, xogou Feijo09, mal defensor dos intereses de Galiza, servidor do seu PP estatal, facendo méritos en Madrid e botándolle as culpas aos socialistas, de que non hai outra saída. Todo isto, antes de que o Decreto do Goberno Central, fora debatido no Congreso.
Os “socialistas” daquí seguindo aos dalá. Hoxe dín que apoian unha decisión que xa sempre apoiaran. Só o patético Caballero, fixo un ridículo espantoso, decindo o malos que son os coruñeses, que non a fusión, despois que xa él dixera que sí,e agora que xa advertira que non. 
Por moito que algún xornal fale da derrota de Feijo09, no hai tal. Unha victoria en toda regra, que poñerá na bandexa dos xefes madrileños, mentres aquí esa “derrota” durará un chío, porque os “medios de  formación” non tardarán moito en falar do benefioso que é para os galegos o novo banco. E virán opinadores que largarán o discurso do saneamento imprescindible, sen contar que o propio Banco de España, marcou unhas regras que despois cambiou.
A derrota é para os galegos, espectadores da venda dun patrimonio acumulado desde hai dous séculos cos seus aforros.
De derrota en derrota ata a victoria final, poderemos berrar os que só temos o pensamento en Galiza. Mentres, viaxaremos de novo a Compostela, o próximo 13. Estou certo que estaremos moitos, pero ningún dos que falsamente, para a galería, dín que defenden este país. Toda a vida as mesmas sandeces.

Ningún comentario:

Publicar un comentario