
desaloxaba do goberno galego, a coalición PSdG. e BNG. Na metade da lexislatura, xa podemos evaluar o cambio, que viña precedido do famoso CONTRATO CON GALICIA, que o candidato, e hoxe presidente asinaba con toda pompa.
-Feijo09 prometeu como medida estrela "acabar con el paro en 45 días". Despois de botarlle as culpas de todos os males a ZP, e aos demos do bipartito, deixou pampos a propios e extraños, cando asegurou "no tener casi competencias para luchar contra el paro", cando a Xunta ten esas competencias desde 1997. O caso é que o paro medrou en Galiza no último año mais que no resto de autonomías –un 20,86%, fronte a media nacional que foi do 8,55%, según a última "Encuesta de Población Activa".
Non existen novas dalgún plán para combatir o paro, mais que decir que as cifras daquí, rebaixarían nun millón as do estado. Se a miña tía tivera rodas sería un motocarro.
-Nas listas de espera do Sergas hai 34.343 pacientes, a 31-12-10, que agardaban quirófano, só 2.211 mais que dous anos antes, e pasouse de 70 días a 75'8 de espera.
O de eliminar as horas extras dos médicos, as peonadas, pasou a millor vida, con perdón. Con respecto aos xenéricos, que rebaixan efectivamente a factura farmacéutica, a non negociación previa, e a improvisación cos boticarios e os pacientes, trouxo un novo problema.
-Temos desde outubro un novo imposto, grazas a Lei de Augas, que vai supoñer un aumento do 140%, e que se pague polas fontes e pozos. Da choiva non hai novas.
-A retirada do Concurso Eólico do bipartito, quitándolles os dereitos a 29 empresas e non participando con capital público nas adxudicatarias. A beneficiaria Gas Natural Fenosa. O retraso ten un custo de millóns de euros e miles de postos de traballo.
-A norma do BNG e PSdeG prohibindo edificar na franxa dos 500 metros de costa, foi retirada. A nova Lei do Solo, deixa construir en zonas rurais e protexidas.
-Novacaixagalicia: tralo proceso de fusión, os cambios nas regras do Banco de España, e as condicións do Ministerio de Economía, a piques de bancarizar, privatizar. Segundo Feijo09," el menos malo de los males".
-Coa política lingüística, adeus a todos os consensos históricos, que ainda que non moi eficaces, aseguraban unha mínima protección do galego. Derogación do decreto e aposta polo trilingüismo. Consulta aos pais, cun gasto dun millón de euros, e nove meses despois a enquisa de língua en infantil, desaparecida. O leite convírtese en "a leite", na publicidade institucional.
- Agadic, Baltar, tránsfugas, decreto do carbón, o rosario da miña nai, o Contrato con Galicia...
Enquisa de Sondaxe para"La Voz de Galicia":O PP de G., de 38 a 42 deputados.
Non entendo nada de política. Definitivamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario