
*SPAIN:O xornal de Pedro Jota,"EL MUNDO", recibíu o premio Español Ejemplar que lle concedeu a ultra Denaes (Defensa de la Nación Española). Meritos: “El compromiso de este rotativo con la unidad de la nación española, por la defensa de la lengua común y de las libertades individuales”. E tamén por isto: “Las implacables críticas a los nacionalismos separatistas y a los Estatutos de autonomía disgregadores”. Olé¡ Olé¡
*SPAIN(é un paraíso...fiscal): ExxonMobilSpain, filial do xigante do petróleo ExxonMobil tivo 9.907 millones de beneficio neto nos dous últimos anos. O de neto sobra neste caso, pois Exxon utiliza a súa filial para non pagar impostos, valéndose dunha figura legal, a (ETVE) " entidades de tenencia de valores extranxeiros". A maior empresa do mundo, usa a súa filial española só para aforrar impostos. Exxon, ao igual que outras moitas multinacionais, atopou en España o seu particular paraíso fiscal. A xustificación é impedir a dobre tributación internacional é decir, que os beneficios que xenera a empresa nunha filial dun país, non paguen impostos duas veces, primeiro na filial e logo no país de orixe. Pero a inxeniería financeira, consegue o contrario, que non pague en ningún dos dous. En España, multinacionais como Vodafone, Hewlett Packard, American Express, General Mills ou Eli Lilly usan as ETVE para canalizar as súas participacións en empresas extranxeiras. O curioso e que ExxonMobilSpain ten un só empregado, e o seu salario é de 44.000 euros. A Axencia Tributaria dí "a figura das ETVE son un foco de alto risco de fraude". Pers-pi-ca-cia.
*VATICANO:Benedicto XVI, despois dunha análise bíblica e teolóxica, dí que non hai bases para asegurar que os xudeos foron responsables da morte de Xesús de Nazaret. Deixando de lado a rapidez coa que resolven os católicos estas dúbidas que nos atormentan desde hai dous mil anos,¿teremos que agardar outros dous mil, para coñecer a opinión do xenocidio de Israel sobre os palestinos?. E xa para non facernos agardar tanto,¿ sobre as relacións entre a Igrexa Católica e o franquismo?.
*MUNDO VIRTUAL: A "Compañía de Jesús" súmase ao apostolado virtual mediante unha páxina de internet. Os internautas que accedan á páxina Rezandovoy.org disporán a diario dunha proposta de oración en formato audio, de descarga "absolutamente gratuita", cunha duración aproximada de dez minutos.
*GALIZA:O Tribunal Constitucional admitíu a trámite, o recurso do "Ministerio de Sanidad" contra o catálogo de fármacos xenéricos da Xunta, polo que queda en suspenso. A medida do executivo galego, que pretendía aforrar 100 millóns de euros, xa fora contraargumentada polo"Consejo de Estado"ao estimar que o listado "rompía la igualdad de los españoles en el acceso a los medicamentos". ¿Si os galegos somos como os españois no dos medicamentos, porqué non o somos no acceso o AVE, a ter unhas infraestructuras viarias e ferroviarias iguais, as mesmas competencias estatutarias, a un sistema financeiro propio, e a tantas outras cousas que non temos, pero que sí teñen os españois?.
*GALIZA:(Cangas do Morrazo): Segundo o Xulgado nº 2 de Pontevedra, as obras do Porto Deportivo Massó, non son competencia do Concello senón da Autoridade Portuaria de Vigo. Isto foi o que sempre defendeu a alcaldesa Clara Millán do BNG, para non prevaricar. Agardo unha repetición das manifestacións, pero agora en contra da auténtica responsable: Corina Porro, Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario