18/06/11

A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL(do 11-06-11 ao 18-06-11)

O presidente da Asociación Española de Banca (AEB), Miguel Martín,non está de acordo cos que afirman que o comportamento da banca contribuíu ao aumento do paro en España.A xuízo do presidente da AEB, "a dialéctica" de buscar culpables "non ten ningún sentido práctico", polo que instou a fuxir de "calquera razoamento que consista en saber quen foi o culpable".
*GALIZA(EL PAÍS:12-06-11)<O PP non tardou nin un mes en incumprir a súa promesa electoral de deixar gobernar á lista máis votada nin tivo reparo en pactar con independentes alí onde lle resultaron útiles para completar maiorías. En campaña o líder do partido, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse a non pactar con "independentes que non defenden o interese xeral". É de supor que si o fai o candidato de Sada , Ramón Rodríguez Ares, escindido do PP e histórico alcalde franquista que sumou os seus votos para levantar á alcaldía ao candidato popular en detrimento do Bloque, que obtivo máis votos.>(EL PAÍS:16-06-11)>O PP compensou cunha tenencia de alcaldía ao veterano Ramón Rodríguez Ares por permitirlle facerse co bastón de mando en Sada, a pesar de ser só a terceira forza en votos e edís nas eleccións municipais do 22 de maio.Rodríguez Ares, que foi durante 28 anos rexedor da localidade, ata se expón volver ás filas do PP, das que foi expulsado en 2004 por unha moción de censura con apoio dun tránsfuga. "Somos de la misma familia, somos los mismos, es lo natural">(O XORNAL:13-06-11-MIGUEL PARDO)<Abel López Soto, xa ex alcalde de Sada, pasará á oposición malia liderar a forza máis votada e logo dun acordo a última hora entre o PP e os independentes do PDSP de Ramón Rodríguez Ares, ex rexedor da vila. Os populares gobernarán sendo a terceira forza en votos."O PP sempre defendeu que debía gobernar a lista máis votada e esa xa é a primeira gran mentira porque en Sada foron a terceira, pero non vai ser a última...O PP sempre aplica a lei do funil.Unha cousa é o que se di e outra o que se fai, e iso tamén o vemos con Feijóo, que dixo que en 45 días acababa co paro e Galicia encabeza agora o crecemento do desemprego. En Sada, todas as proclamas do PP naufragan unha tras outra, pero os sadenses están tomando moi boa nota dos seus enganos. Dito todo isto, o BNG nunca criticou nin critica os acordos de goberno e de feito eu xa esperaba que o houbese, pero tanto PP como PDSP encargáronse de negárllelo aos cidadáns de maneira mesquiña...En Sada, sempre que estea Ramón Rodríguez Ares detrás, iso irá unido a pelotazos urbanísticos e escándalos...O pacto hóuboo sempre e non hai máis que mirar a Ponteareas ou outras localidades para comprobar que é unha estratexia do PP. Cando o Partido Popular ten algún problema con algún candidato forman un grupo independente e nas súas siglas preséntase alguén invocando unha renovación que non é tal. Sempre é o mesmo. O de Sada non é nada novo, é a política de sempre do PP, unha estratexia que mantén e apoia o presidente da Xunta. Feijóo mantén a mesma estratexia de Manuel Fraga, a política caciquil que rexe Galicia desde o século XIX, que non é outra que manterse no poder a toda costa e mentir sen escrúpulos. Como, desgraciadamente, a memoria política é a moi curto prazo, despois de catro anos esquécense moitas cousas. Isto é ao que xoga o Partido Popular e, por certo, vaille moi ben así.Feijóo é perfectamente coñecedor do que pasa en Sada e non pode escorrer o vulto. O que vai dicir o señor Feijóo, estou convencido, é aquilo de “y tú más”>.
Os listos da "lista mais votada",sempre que sexa a súa, e como exemplo:
*GALIZA(LA VOZ:12/6/2011)<O apoio que o concelleiro do BNG, Carlos Otero, deu á candidatura do socialista Manuel Vázquez, espertou a indignación dos simpatizantes do PP. Insultos, ameazas e ata algún intento de agresión provocaron que o nacionalista tivese que saír escoltado por axentes da policía.E cando levantou a man para apoiar ao actual rexedor, a situación estalou. Por unha banda, os simpatizantes socialistas comezaron a aplaudir e puxéronse de pé para felicitar ao seu alcalde. Polo outro, os partidarios do PP comezaron a apupar e a insultar. «Vendécheste ao mellor postor» e «vendido» foi o máis suave que se puido escoitar. Tivo que intervir a policía porque algún ata ameazaba con agredir a Otero...Un grupo de dez persoas seguiu a Otero case ata a porta da súa casa gritando todo tipo de improperios.Os simpatizantes populares non se crían que se quedaron sen a alcaldía a pesar de ser a lista máis votada. «É que nos merecíanos gobernar», explicaba un simpatizante. «Só están aí para coller os cartos», engadía outro.>
De coller os cartos saben moito:Operación Orquestra,Campeón,Gürtel,Brugal...
*GALIZA(O XORNAL:13/06/11)< Negreira fai desaparecer a Concellería de Normalización.O alcalde da Coruña, o popular Carlos Negreira, mantivo onte –en domingo e só un día despois da toma de posesión– a primeira reunión co seu equipo de Goberno para perfilar o seu organigrama. No encontro confirmouse que o novo rexedor eliminará a Concellería de Normalización Lingüística. O popular vestiu de “austeridade” a reorganización ao defender que só terá cinco áreas de goberno, pero por baixo destas hai trece subáreas, unha para cada concelleiro do grupo popular>.
Desmantelan o país.
*GALIZA(galicia-hoxe.com.13-06-11)<Ana Bringas López:"Nacín en Asturias e vivín alí case 30 anos. Son doutora en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Uviéu. No ano 1995 establecinme en Galiza. Traballei primeiro na Universidade de Santiago de Compostela e no 1997 cheguei a Vigo, onde son profesora titular de literatura en lingua inglesa na Facultade de Filoloxía e Tradución..."se vivísemos nunha sociedade normalizada, a lingua propia había de ser a lingua común en todos os ámbitos da vida: na educación, na cultura, no comercio, na administración... Infelizmente, semella que as cousas andan por vieiros ben distintos nestes tempos...Ese "trilingüismo cordial" que preconiza a Xunta entre galego, castelán e inglés, e que quere importar agora a Generalitat valenciana, pon ben de manifesto o que diciamos ao comezo desta conversa sobre a situación (pos)colonial de Galicia. Situar o inglés ao mesmo nivel ca a lingua propia é unha manifestación máis do autoodio e o que agocha é un interese manipulador por desviar recursos imprescindíbeis para a supervivencia do galego a medio prazo. Se xa agora a escola é un axente desgaleguizador, con esta política o galego vai desaparecer do ensino e da vida cotiá dos cativos en moi breve prazo...Unhas das moitas cousas que me aportou aprender galego foi a posibilidade de acceder ao portugués. Descubrir que co galego me podía entender con persoas de fala portuguesa de tantos lugares do planeta fíxome aínda máis difícil comprender por que tanta xente en Galicia renuncia voluntariamente á súa lingua e, o que é peor, priva dela ás súas fillas e fillos pechándolles as portas dun mundo moito máis amplo.>
Fan país.
*GALIZA(O XORNAL:14-06-11)<O bispado suspende un sacerdote do PSOE pero mantivo un do PP.O PSOE recorda que xa houbo curas que foron edís do PP e considera o feito unha “represalia política".O bispado non suspende a Fernández Blanco por ningún asunto turbio ou por un escándalo, suspéndeo “pola súa implicación política nas pasadas eleccións municipais, figurando na lista do partido político do PSOE para o Concello da Gudiña e logo de tomar posesión como concelleiro de dito concello o pasado día 11 do presente mes de xuño”...“Esta situación manterase até que don Antonio Fernández Blanco acredite fehacentemente, a xuízo do Bispo diocesán, ter renunciado a calquera cargo, compromiso ou actividade política, e estar en actitude de actuar en comuñón coa Igrexa católica”.>
A  non implicación política da igrexa.
*GALIZA-SPAIN:(LA VOZ:14-06-11)<O presidente do BBVA, Francisco González, expresouse onte con agresividade e esixiu que as caixas máis débiles sexan identificadas e vendidas ao mellor ofertante...No mercado sospéitase que o seu banco podería ter interese en facerse coa caixa galega, e nese contexto o primeiro executivo do BBVA dixo sobre a operación de Castellanoo: «NCG necesita 2.622 millones de euros. Si el señor Castellano los tiene, encantado; y si tiene management [capacidade de xestión], encantado también».O presidente do BBVA, un dos banqueiros máis críticos coas caixas, instou onte en Santander a "finalizar rápidamente el proceso de saneamiento de estas entidades, identificar las débiles y subastarlas en condiciones de mercado, asegurando la entrada de gestión y capital privados solventes".>
Os piratas teñen presa para a abordaxe.
EUSKADI(O XORNAL:12/06/2011)<Bildu gobernará en Donostia e en máis de cen consistorios vascos...O primeiro edil de Bildu estreouse no seu cargo cun bertso e, durante o seu discurso, reclamou "o cesamento de toda expresión de violencia", aínda que sen citar expresamente a ETA. "Estamos inmersos nun novo tempo, no tempo do cambio".Izaguirre cre o reto principal será "lograr unha situación democrática". Por iso, considerou que deben desaparecer "dunha vez para sempre e sen condicións todas as expresións de violencia" así como as "ameazas, presións, persecucións, detencións e torturas".Tamén pediu que o Goberno español acabe coa ilegalización da esquerda abertzale e legalice a Sortu porque este sector da sociedade é "imprescindible para a solución e o futuro deste pobo". Tamén consideou dar unha "solución definitiva  a situación dos presos do mesmo xeito que ás vítimas. Izagirre sinalou que o Consistorio donostiarra será "un axente deprimeiro nivel para a normalización política"e destacou que o proxecto de Bildu é "popular"e busca "o benestar da cidadanía e superar a crise económica".>
TODAS as expresións de violencia.
*SPAIN(EL PLURAL:14-06-11)<Os datos 'cantan': 16 alcaldes de IU deben o seu posto ao PP, e 61 do PP a IU.Anguita defende a pinza de IU co PP e acende o ventilador contra o PSOE.José Bono dixo este sábado que  Izquierda Unida vai quedar reducida a "todo o máis sectario do Partido Comunista" e, ademais, sen disciplina porque "o caso que lle fan a Cayo Lara, é o mesmo que fan no meu pobo á Cipriana nos monicreques".>(EL PAÍS:13-06-11)<O PSOE asegura que foron 60 os Concellos de 282 posibles nos que se produciu coincidencia de voto entre IUe PP. En 45 deles elixíronse alcaldes do PP, grazas ao voto ou a abstención dos de IU.Noutros 15 foron elixidos alcaldes da coalición de esquerdas grazas ao PP.Esa situación provocou un novo terremoto en IU,en vésperas de que se decante en Estremadura por un Goberno do PP ou do PSOE.Llamazares pediu o domingo aos seus "non pechar filas ante os incumprimentos aínda que sexan minoría". E engade: "Desculpas polos casos de voto ao PP, rectificar ambos e abrir expedientes”.>
Gaña o PP.
*SPAIN(EL PAÍS:12-06-11)<REPORTAXE:CASO BRUGAL:As últimas revelacións do 'caso Brugal' ratifican o control que exerce o promotor Enrique Ortiz sobre Alacante: fala frecuentemente coa alcaldesa, dá instrucións aos funcionarios, organiza reunións cos altos cargos... e a todos procura agasallos.Nos últimos cinco anos, os cidadáns de Alacante contemplan estupefactos como se suceden os escándalos na súa provincia. O caso Brugal, que empezou como un desquite entre empresarios pola concesión dunhas contratas de lixos, converteuse nun sumario con máis de 30.000 folios. O levantamento do segredo deste sumario, o pasado 3 de xuño, confirma as salpicaduras a promotores inmobiliarios, políticos e empresarios que levan anos no negocio dos residuos. Os xuíces imputaron a 26 persoas, e a Fiscalía Anticorrupción de Alacante acusou a outras 80 persoas. A maioría dos imputados son cargos públicos do PP, pero nin Mariano Rajoy, presidente dos populares, nin Francisco Camps, presidente da Generalitat valenciana, abriron a boca sobre este escándalo.Ao contrario, dous dos principais implicados, Sonia Castedo e Luís Díaz Alperi, alcaldesa e exalcalde, respectivamente, de Alacante, tomaron posesión dos seus escanos no Parlamento autonómico o pasado xoves. Agora están aforados, e o seu futuro pasa polo Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana. Un terceiro imputado, o aínda presidente da Deputación provincial de Alacante, José Joaquín Ripoll, conta con moitas posibilidades de seguir no cargo...As conversacións mantidas entre os personaxes desta trama saíron á luz ao coñecerse as transcricións das gravacións efectuadas pola policía, por orde do xuíz. Unhas conversacións nas que queda clara a complicidade existente entre o maior promotor inmobiliario de Alacante, Enrique Ortiz; a alcaldesa da cidade, Sonia Castedo, e o exalcalde Luís Díaz Alperi, ambos do PP...Enrique Ortiz, promotor inmobiliario que controla directa ou indirectamente o 70% do chan urbanizable de Alacante; máximo accionista do Hércules CF; presidente do grupo Cívica, que xestiona diversas contratas municipais que van desde a recollida de lixos ata a limpeza viaria...Nas gravacións policiais hai máis de 1.700 referencias a Sonia Castedo nas que expresións como" cho ten que confirmar Sonia", "foi o que nos dixo Sonia", "a Sonia vai ser o crack da Comunidade", "Enrique diríanos se pode cadrar ou non pode cadrar en función do que diga Sonia", "vou falar con Sonia e co que sexa chámote", "e se tes que falar con Sonia, vas a falar con Sonia".O 22 de maio, Sonia Castedo logrou o mellor resultado na historia de Alacante para o PP, pasando de 15 a 18 concelleiros. Sumou 15.000 votos máis. O caso Brugal seguro que lle afectou á súa imaxe, pero non lle pasou ningunha factura nas urnas.>
Sonia Castedo:" estamos convertendo en anormal o que sempre foi normal".(Roubar?).
*MUNDO:(Rebelión.org:12-06-11)<Israel mobilízase para evitar que a ONU recoñeza o Estado palestino.O Ministerio de Asuntos Exteriores israelí lanzou unha campaña diplomática para impedir o que en Israel se define como o "tsunami diplomático", a declaración unilateral dun Estado palestino na ONU, o próximo setembro.Un plan secreto de acción foi enviado desde Xerusalén a todas as embaixadas de Israel no mundo para boicotear a iniciativa da Autoridade Nacional Palestina. O plan inclúe unha gran presión sobre os líderes políticos e sociais e sobre os medios de comunicación, no que se anima aos estados que tenden a votar non e inténtase sementar as dúbidas entre os países que anunciaron que dirán si a Palestina.A principal mensaxe é que se se adopta esa decisión equivale a destruír as posibilidades reais de volver negociar un tratado de paz baseado na fórmula dous estados para dous pobos>.
Boicot Israel¡
*MUNDO:(PÚBLICO:15-06-11)<Siria masacra ao seu pobo ante a indiferenza internacional...Siria non ten petróleo, pero desempeña un papel estratéxico no conflito de Oriente Próximo; Bashar al Asad é un férreo ditador, pero ten bos amigos, como o presidente francés, Nicolas Sarkozy. Quizá só isto explique por que a comunidade internacional, que considera agora a Muamar Gadafi como o máis terribles dos criminais de guerra, non consiga falar cunha soa voz para condenar o réxime de Damasco. Mentres a ONU intenta adoptar unha resolución contra Siria e a OTAN bombardea Libia, Al Asad converte ao seu país, cada día máis, nunha cela de tortura para o seu propio pobo...As cifras de mortos a mans do Exército sirio só son unhas estimacións -calcúlase polo menos 1.289 civís mortos-.>
A hipocresía internacional.
CONCURSO "A SEMANA FANTÁSTICA" :Leer con atención as dúas novas seguintes:
*GALIZA(LA VOZ:12-06-11)<Roberto L. Blanco Valdés:"Mantener a la vista de esa realidad, que no es fruto de ninguna imposición sino del ejercicio de la autonomía individual en una sociedad libre, un modelo de RTVG monolingüe, tal y como acaba de aceptar el PP por las presiones del PSOE en la negociación sobre la nueva ley reguladora de los medios públicos gallegos, constituye un grave error y una injusticia flagrante con una parte del país: la que, con todo su derecho, habla en castellano y paga sus impuestos, pero no puede ver ni oír en la radio y la televisión que se financian con ellos ningún programa realizado en su propia lengua.Tal situación es no solo injusta e incoherente con la sociología de Galicia, sino además inútil por completo para la consecución del fin -la defensa del gallego- que, con ella, supuestamente se persigue. Pues lo que tendrían que explicar los que temen a la libertad como a la lumbre es por qué después de tantos años de promoción e impulso del gallego en todos los niveles oficiales (eso que llaman normalización lingüística) su número de hablantes viene disminuyendo de forma permanente.Destacados defensores de ese modelo de normalización intentaron, bajando a la realidad, explicarlo hace unos meses, pero los guardianes de la ortodoxia impositora enseguida los acusaron de ser enemigos del gallego y del país. Algunos que hablamos gallego desde niños estamos ya acostumbrados, por defender la libertad, a sufrir tales infundios".>
"(O XORNAL.Iago Martínez: 12/06/2011).<Xavier Queipo quixo ser breve o sábado en San Simón ao recoller o Premio Xerais de Novela por Extramunde.Limitouse a agradecer a decisión do xurado, gabar a calidade dos finalistas e a literatura galega e pedirlle un favor ao conselleiro de Cultura, que o escoitaba dende as primeiras filas do auditorio...encargoulle a Roberto Varela que lle trasladase unha mensaxe da súa parte ao Goberno de Feijóo: que nos deixe vivir en galego. A ovación foi menos breve."Varela forma parte dun goberno que está a masacrar conscientemente o galego, pero non creo que sexa o inimigo...Todo aquel que nace en Galicia é galego, pero hai quen exerce e quen non exerce. Non hai máis que mirar para o que temos no goberno da Xunta...Nunca me sinto inferior cando estou con autores de sistemas literarios cun idioma maioritario, pero tampouco podemos esquecer que o galego é unha lingua minorizada en Galicia. Unha lingua que, debendo ser maioritaria, como indica o noso Estatuto de Autonomía, está a ser atacada pola xente que ten medo, pola dereita. Ser de dereitas consiste niso, en ter medo...Medo a que cambie unha coma no libro sagrado, no sistema de referencias no que eles se sinten seguros. O máis revolucionario en Galicia é escribir en galego, e por iso o fago.">
Sinala en cinco segundos cal dos dous non ten medo, é galego e exerce.
PAROLE¡PAROLE¡
Ana Bringas López:"se vivísemos nunha sociedade normalizada, a lingua propia había de ser a lingua común en todos os ámbitos da vida: na educación, na cultura, no comercio, na administración... "
BÁRBAROS:
-Rosa Díez(sobre Bildu):"Es bastante parecido a la llegada del nazismo a la Alemania nazi".
-Libertad Digital(Editorial):"La traición de seis miembros del Tribunal Constitucional ­–es decir, del Gobierno– a la Nación se ha consumado este sábado con la toma de posesión de los concejales de Bildu, la marca blanca de ETA...Ese momento ha llegado:con los criminales copando las instituciones, España necesita más que nunca una Oposición de verdad que se enfrente al desmantelamiento de su Estado de Derecho. La marea azul que recubre todo nuestro territorio no puede olvidarse de lo que está pasando en el País Vasco".
-Cristina Losada:La coacción, el boicot y la algarada han sido instrumentos habituales del trabajo político municipal del terror. Y no sólo. Allí donde el fanatismo nacionalista cría alevines se ha recurrido a esa forma de violencia."

16/06/11

TEÑAN COIDADO AÍ FORA¡(16-06-11)

Xa sei que entre os indignados do 15-M hai de todo. Ata o momento tiñan o meu respecto. Xa sei que as actitudes violentas poden ser inducidas por elementos externos, infiltrados, e que os medios de formación van utilizar as imaxes de persecución, acoso, insulto e vexacións que aconteceron en Barcelona para tirar pola borda as simpatías do movimento 15-M.
Desde dito movimento saen voces decindo: Non todos somos iguais e non estamos dacordo con iso.
Pero as imaxes dos compañeiros Carme Adán e Carlos Aymerich, insultados por  "políticos e corruptos" en Santiago de Compostela, poñen outra perspectiva no asunto.
Amigos do 15 -M, igual que entre vos hai de todo , tamén entre os políticos. Os hai imputados e corruptos, e os hai conscentes, traballadores, dignos e honestos.
A vosa xusta indignación, convirte os insultos aos meus compañeiros, en indignación xusta, por contemplar como os que levan loitando moitos anos polos dereitos de todos aparecen no mesmo saco que os que se serven da política para o seu medre persoal.
O dixemos hai tempo: non todos os políticos son iguais, non todos os partidos son iguais. As imaxes de Santiago son puro fanatismo apolítico.
A dereita fascista está gañando. A confusión e o enfrontamento entre os que queremos cambiar este sistema inxusto esta servido.
Teñan coidado aí fora¡