
5.965.400...parados.
O PP vende chourizos, milagres, paranoias e volatilizacións.
Milagre: 5.965.400 parados... Grazas a unha reforma laboral
sobre a que Fátima Bañez, ministra do
paro, dí que o seu principal obxectivo é "frenar el ritmo de destrucción
de empleo y se está logrando, pese a los malos datos".
Paranoias: Escoitar a
El Rey, coa súa permanente neutralidade bobónica, loubando as profundas reformas de Rajoy.
Chourizos:
Ángel Sanchís, Rosendo Naseiro y Luis Bárcenas. Responsables das finanzas de Alianza
Popular e o Partido Popular desde 1981 ata 2009. Tres homes feitos a sí mismos
e con moita fortuna. Rematará o caso Bárcenas como o caso Naseiro, arquivado
por defectos de forma e coas investigacións parlamentarias rexeitadas por
maioría absoluta?.Paranoias:
Xa non están no PP. O PP ten as máns limpas. Ningún corrupto nas súas
ringleiras. Milagosamente volatilizados. Ni zaplanas, ni fabras, ni camps, ni
matas, ni baltares, ni albertoviejos,... paranoias.
O
ministro Montoro dí que Bárcenas non está na lista de amnistiados polo seu
goberno: 29.065
persoas físicas que repatriaron diñeiro ou afloraron fondos ocultos no
interior, e 618 persoas xurídicas, empresas ou sociedades. Respetables
defraudadores. Bárcenas non existe. Montoro
non dí si cobrou sobres. Fala da súa declaración de Facenda, como o PP fala da
contabilidade A. Paranoias.
Urdangarin
consultaba cada paso ao secretario das infantas, Carlos García Revenga, quen á
súa vez ocupaba o cargo de tesorero no Instituto Nóos aínda que de xeito
simbólico. Urdangarin expoñía ao secretario das infantas os seus plans para
poñer en marcha Nóos: a empresa, non a asociación sen ánimo de lucro que en
catro anos obtivo seis millóns dos gobernos balear(PP) e valenciano(PP): pois
volatilizado da páxina web da casa real.
Definitivamente
Spain pode ser volátil.Dame lume.