27/01/13

5.965.400


5.965.400...parados.
 O PP vende chourizos, milagres, paranoias e volatilizacións.
Milagre: 5.965.400 parados... Grazas a unha reforma laboral sobre a que  Fátima Bañez, ministra do paro, dí que o seu principal obxectivo é "frenar el ritmo de destrucción de empleo y se está logrando, pese a los malos datos".
Paranoias:  Escoitar a  El Rey, coa súa permanente neutralidade bobónica, loubando as profundas reformas de Rajoy.
Chourizos: Ángel Sanchís, Rosendo Naseiro y Luis Bárcenas. Responsables das finanzas de Alianza Popular e o Partido Popular desde 1981 ata 2009. Tres homes feitos a sí mismos e con moita fortuna. Rematará o caso Bárcenas como o caso Naseiro, arquivado por defectos de forma e coas investigacións parlamentarias rexeitadas por maioría absoluta?.Paranoias: Xa non están no PP. O PP ten as máns limpas. Ningún corrupto nas súas ringleiras. Milagosamente volatilizados. Ni zaplanas, ni fabras, ni camps, ni matas, ni baltares, ni albertoviejos,... paranoias.
O ministro Montoro dí que Bárcenas non está na lista de amnistiados polo seu goberno: 29.065 persoas físicas que repatriaron diñeiro ou afloraron fondos ocultos no interior, e 618 persoas xurídicas, empresas ou sociedades. Respetables defraudadores. Bárcenas non existe. Montoro non dí si cobrou sobres. Fala da súa declaración de Facenda, como o PP fala da contabilidade A. Paranoias.
Urdangarin consultaba cada paso ao secretario das infantas, Carlos García Revenga, quen á súa vez ocupaba o cargo de tesorero no Instituto Nóos aínda que de xeito simbólico. Urdangarin expoñía ao secretario das infantas os seus plans para poñer en marcha Nóos: a empresa, non a asociación sen ánimo de lucro que en catro anos obtivo seis millóns dos gobernos balear(PP) e valenciano(PP): pois volatilizado da páxina web da casa real.
Definitivamente Spain pode ser volátil.Dame lume.

Ningún comentario:

Publicar un comentario