26/03/11

A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL(do 20-03-11 ao 26-03-11)

*MUNDO: Continúan os bombardeos en Líbia, autorizados polo Consello de Seguridade da ONU. A represión asasina das dictaduras de Yemen, Bahreim e Arabia Saudí tamén. Yemen:50 mortos. En Bahreim:O exercito dos Emiratos Árabes Unidos entra para reprimir as protestas. Son "dictaduras amigas" de occidente, como o fora Gadafi, e os mortos non contan. Os 1.500 masacrados polas bombas israelíes en Gaza, tampouco.
"Dos linajes solos hay en el mundo, como decía una agüela mía, que son el tener y el no tener".(Cervantes).
*ISRAEL:(PÚBLICO:24/03/2011):"Aviones de combate israelíes han atacado en la noche de este miércoles varios objetivos en la franja de Gaza.Hamas ha afirmado que los objetivos atacados han sido túneles cerca de la frontera, un campamento de entrenamiento y un transformador de energía, informa Reuters".
As 26 resolucións da ONU, contrarias a Israel, ignóranas. O apartheid sobre os palestinos, levado adiante polo "democrático"Israel, unha vergonza para o xénero humano.
*GALIZA: O Tribunal Superior de Xusticia de Galicia“declara a legalidade de pleno dereito do decreto eólico” aprobado polo bipartito e derogada polo Executivo de  Feijóo9, por ilegal.
Minte que algo queda.
*SPAIN:Sortu non poderá inscribirse no Rexistro de Partidos.O Fiscal Narváez dixo: Sortu "ha cumplimentado el ropaje formal, pero no es suficiente, porque el hábito no hace al monje".
Cantos hai que que cambiaron de "hábitos" e hoxe dan clases de "monxes".
*SPAIN:(Vizcaya-El Correo):O SEGREDO DE MARIANO RAJOY PARA SAIR DA CRISE:"Oye, ahora viene una etapa complicada. Nadie va a perder su puesto de trabajo, pero vamos a trabajar unas poquitas horas más o vamos a bajarnos un poquito el sueldo. Flexibilidad, eso es fundamental".
Cando dí"vamos", refírese tamén a el e o seu salario?.
*SPAIN:Anuncios de prostitución nos xornais: O "Consejo de Estado" opina no seu dictamen, que as mulleres convértense con estos anuncios nun "objeto de consumo", en "mercadería", e sofren "una desvalorización completa que pugna frontalmente con su dignidad como personas, que es incompatible con los bienes y valores jurídicos reconocidos en la Constitución y en las leyes".Polo tanto"estima plausible prohibir o, al menos, limitar severamente los anuncios de prostitución en la prensa". O director de El Mundo, Pedro J. Ramírez dixo: "es hipócrita decir que las mafias de explotación de personas están detrás de la publicidad de prostitución".O delegado de Vocento, José Manuel Vargas :"Hasta el momento no se ha logrado probar que haya mafias que controlen estos anuncios".
"Amigos: la pela es la pela"(Anónimo).
*SPAIN:O 30 de setembro de 2005, o PP presentou un recurso de inconstitucionalidade contra a lei que permite o matrimonio entre personas do mesmo sexo, baixo o pretexto de que chocaba coa "institución básica do matrimonio".2.000 días despois, colectivos de gays, lesbianas, transexuais e bisexuais manifestáronse fronte á sede nacional do PP en Génova,  nun acto de protesta denominado '2.000 días de vergüenza'.Casualidades:Os bispos da Provincia Eclesiástica de Madrid, liderados polo cardenal-arzobispo Antonio Mª Rouco Varela, difundiron úns “principios básicos” entre os seus fieis para que os teñan en conta  nas municipais  autonómicas do próximo 22 de maio.As directrices volven xirar arredor do aborto, a oposición ao matrimonio homosexual e contra Educación para la Ciudadanía. 
A independencia política da Iglesia Católica xa demostrada por todos os anos que paseou a Franco baixo palio. O PP tan liberal e amante da liberdade.
*SPAIN:(Público:22/03/2011)."La Audiencia de Barcelona ha obligado al Hospital de Sant Celoni, en Barcelona, a pagar derechos de autor a la entidad Artistas e Intérpretes Sociedad de Gestión (AISGE) por los televisores que tiene instalados en las habitaciones de los pacientes y en algunos espacios comunes del centro".
"Si sabes que esos dolores - físicos o morales - son purificación y merecimiento, bendícelos". (J. Escrivá de Balaguer, Camino, n. 219.)
*SPAIN: Canon dixital: primeiro un xulgado de Alcalá, despois a Audiencia de Barcelona e o Tribunal de Xustiza da UE, agora a Audiencia Nacional: ilegal e inxusto.
A SGAE e o goberno ademais de roubar,  uns chapuzas¡.
*VIGO:( 21 de marzo de 2011).- O BNG acadou o apoio unánime da corporación para declarar ao Concello de Vigo como zona desnuclearizada e na adhesión ao acordo do Parlamento de Galiza de 6 de setembro de 2006, para que a Xunta se dirixa ao goberno do Estado co obxectivo de que Galiza sexa de maneira efectiva territorio desnuclearizado.
Nucleares,non.
*VIGO:(21 de marzo de 2011).PP e PSOE impiden que prospere a proposta do BNG para que Galiza poida negociar as cotas pesqueiras na UE. O pleno celebrado hoxe aprobou, cos votos do BNG e o PSOE, dous puntos da moción defendida polo BNG de apoio á frota pesqueira galega: a demanda de convocatoria urxente dun Consello de Ministros da Unión Europea para aumentar as cotas pesqueiras e instar á Xunta de Galiza a que garanta medidas socioeconómicas dirixidas a tripulantes e armadores da frota pesqueira galega. Pola contra, o rexeitamento do PP e a abstención do PSOE impediron que prosperara a proposta de que Galiza estea presente no proceso negociador das cotas de pesca asignada á frota galega, aspecto que a concelleira nacionalista Iolanda Veloso considerou “fundamental para o futuro do noso sector pesqueiro”.
Porqué  Galiza non pode estar na negociación?.

23/03/11

“EL TINGLADO DE CORINA”

A presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro, candidata polo PP nas próximas eleccións municipais, inaugurou o venres 18 de marzo, “El tinglado del puerto”, ”una nueva zona de encuentro con la ciudad, pero también como un espacio de oportunidades “.
A responsable portuaria recordou actuacións recentemente inauguradas como o Paseo dos Peixes en Bouzas o a Porta do Mar, "piezas" que compoñen o puzzle “del Abrir Vigo al Mar”.
Atendendo a tan “popular” nome galego, non tiven mais remedio que buscar no dicionario castelán as posibles acepcións:
1. m.cobertizo.2. m. Tablado armado a la ligera. 3 m. Artificio, enredo, maquinación. 4 m. coloq. Barullo de gentes o cosas.
Non sei con cal quedarme, pero son evocadores todos eles dun refinamento “guardiamarinero”.
Porque efectivamente, alpendre por “cobertizo”, non queda fino, e non sei si moi mariñeiro. O artificio, enredo, maquinación e barullo, agóchase xa hai moitos anos no Porto de Vigo.
A pregunta do millón é porqué os presidentes do Porto de Vigo, en vez de facer o que lles corresponde póñense tolos, e veña a plantar floreiros, fontes intergalácticas, cines submarinos, pistas de patinaxe Vigo-Cangas-Moaña, ou hoteis piramidais. Non creo que algunha rara bacteria do Berbés atáqueos. Abel co “Plan Nouvel”, e Corina co “Plan Tinglao-ao”.
A resposta é moi sinxela: servirse do cargo para chegar a alcaldía e deixarnos sen a nosa Ría. Rima pero en fino.
Detrás de tan fabulosos proxectos está o desprezo mais absoluto pola legalidade e a protección do Porto e da Ría de Vigo.
Desde 1992 o Porto de Vigo non ten un Plan de Usos, o plan de utilización dos espazos portuarios, e desde o 2003 ten sen aprobar o Plan Director de Infraestruturas. Pero ademais como Portos é un ente do Estado, e o nomeamento do presidente correspóndelle á Xunta , xa temos un 2º contrapoder en Vigo. O terceiro ata hai pouco Caixanova, agora xa veremos, e o 4º “el Faro que nos ilumina”. Polo medio a Deputación “con el mazo dando” pelas aos fieis. Nin Ciudadano Kane podería soñar un panorama tan desolador para unha cidade, e tan atractivo para os “trepas” sen escrúpulos.
Os recheos que nos esperan son: En Bouzas: 71.520 m2. , no Porto pesqueiro:26.250 m2, e en Guixar : 79.190 m2.
Segundo ADEGA ( Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
O Proxecto da ampliación do peirao do Areal, no porto de Vigo, equivale a 30 campos coma o de Balaídos, ou a todo o centro da cidade de Vigo.
Mais do 5% do material dragado exparéxese pola ria ata uns 5 km de radio, recoñece o Ministerio do Ambiente. Algúns proxectos promovidos pola Autoridade Portuaria de Vigo foron declarados manifestamente ilegais e ambientalmente moi prexudiciais, incluso xudicialmente, como o macrorecheo de Bouzas, que causou a desaparición dun dos mellores bancos marisqueiros. Como exemplo paradigmático dos cambios que están acontecendo temos a virtual desaparición, a medio prazo, da praia de Samil, que vén perdendo area a ollos vistas durante os últimos anos.
Ademais, no Areal, permítese almacenar ata cinco alturas de contedores de 2,5 metros cada un, polo que a altura total do almacenamento pode acadar os 12,5 metros. ¿Cal é a consecuencia? Que para ver o mar dende Vigo haberá que subir ó monte de O Castro, pois unha vez realizado o proxecto previsto, non será posible acceder á costa dende ningún lugar do centro da cidade.
Un efecto sobre o que teñen chamado a atención expertos da Universidade, do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e do Instituto Español de Oceanografía, radicados na cidade de Vigo, é a remoción e dragado de aproximadamente 35.000 m3 de lamas. O Informe 2000 do Observatorio Medioambiental da Ría de Vigo (Fundación ProVigo, 2001) recoñece as concentracións elevadas de contaminantes presentes nestas lamas (organoclorados, hidrocarburos, metais pesados, etc.) propias, por outro lado, de zonas de elevado tráfico marítimo. O informe do Ministerio do Ambiente recoñece que o dragado implicaría a posta
en suspensión e o esparexemento pola ría de, como mínimo, o 5% do material dragado, ata uns 5 km de radio de expansión. O efecto sobre a fauna mariña é moi grave.
A discusión en torno a unha obra de tanta envergadura xira en torno á súa necesidade. Dende a Autoridade Portuaria adúcese como obxectivo a busca de liña de atraque para buques de gran calado. Esta
xustificación non se mantén, pois en realidade perderíase un 38% de liña de atraque con respecto á situación actual do peirao transversal, que quedaría devorado polo futuro aterramento. O novo peirao disporá de dúas vertentes, unha de 710 metros e outra de 250. Estes 960 metros suporán unha perda de máis de 600 metros de liña de atraque respecto ós 1.550 metros de lonxitude aproximada actual. A maiores, a necesidade de calado para o atraque de grandes buques que aparece no proxecto, atópase dispoñible en estruturas portuarias actuais do porto de Vigo e que non están sendo utilizadas para tal fin. O impacto ambiental e social sería moito menor se se adecuasen instalacións existentes, pois coa ampliación do peirao do Berbés, onde está situada a lonxa, acádase ata 20 metros de calado e ten 750 metros de liña
de atraque. Só requiriría acondicionar o dique exterior. Pode que a verdadeira razón do proxecto sexa a de gañar superficie para unha zona de manobra e almacenamento”.
Aquí temos a resposta. O poñemos bonito hoxe,”flipan”, votan, e mañá, de Vigo a Cangas pola Ría en bici
que o deporte é bo para a saúde, e o marisco produce gota.
Corina Porro sobre os proxectos de Abel Caballero:”Peligrosos y puede peligrar el puerto y el comercio”.
Abel Caballero sobre os de Corina: «Se está aliando con los sectores más retrógrados, que se creen que el puerto es de ellos, para que la ciudad no pueda disfrutar del mar».
A Ría de Vigo, é un tesouro que ten a nosa cidade. O Porto de Vigo é outro tesouro, grazas ao que se ergueu a maior cidade de Galiza, pola súa actividade comercial, pesqueira, turística e de ocio.
Estas son as obrigas principais dos presidentes da Autoridade Portuaria. O outro é usar de trampolín un ben precioso dos cidadáns, ignorar os instrumentos legais imprescindibles para facer o que lles peta, e facer estética hoxe, sen pensar no futuro da Ría e de Vigo.
(Cando xa tiña estas liñas preparadas sae nun xornal a seguinte nova):vigo / la voz de galicia (23/3/2011).“La secretaria de Estado del Cambio Climático, Teresa Rivera, reconoció ayer en una respuesta parlamentaria a la diputada del BNG Olaia Fernández Davila que la segunda fase del proyecto de ampliación de muelle del Areal del puerto de Vigo requiere un estudio de impacto ambiental, un requisito que hasta la fecha no se había producido, según admitieron el propio ministerio y la parlamentaria nacionalista. . Davila celebró «o cambio de postura» de Medio Ambiente, aunque ha urgido a que se aceleren los trámites porque las obras «xa están en marcha». En este sentido, la diputada anunció que en las próximas horas presentará iniciativas para que Fomento y Medio Ambiente confirmen que se ha notificado la realización de este estudio a la Autoridad Portuaria de Vigo, que inició las obras de las segunda fase hace unos días. La Autoridad Portuaria, por su parte, afirmó no disponer de la notificación de la que habla la diputada del BNG, en base a la documentación que dice tener la secretaria de Estado de Cambio Climático”. 

Pois veña mais "parques infantiles e mais floreiros.  

22/03/11

QUEN TEN DEREITO AOS DEREITOS HUMANOS?



Cando escoitamos hoxe no Congreso dos Deputados:"La Responsabilidad de Proteger consiste en que si un Estado no cumple con la responsabilidad de proteger a sus ciudadanos, la comunidad internacional debe intervenir para asumirla"Zapatero, ou"la defensa de la libertad y los derechos humanos. Estamos ante una decisión de la comunidad internacional que condena, con razón, un clima de permanente violación de los derechos humanos, violencia contra la población civil, detenciones arbitrarias y otras" dixo Rajoy, asistimos ao discurso da dobre moral coa que occidente mide as víctimas.
A resolución do Consello de Seguridade da ONU, para intervir en Libia, co pretexto de defender os dereitos humanos e protexer os civís é unha mostra mais da hipocresía do occidente imperialista. Despois da destrución de Irak e Afganistán, tócalle agora a Libia. Debe ser que os libios teñen mais dereitos que os saharahuis ou palestinos. Cando asistimos horrorizados á masacre de Gaza, ao xenocidio constante do pobo palestino, dos saharauis, cando innumerabeis resolucións da ONU foron paseadas polo arco do trunfo xudeo, ou marroquí, só queda pensar que no nome dos dereitos humanos, escóndese a rapiña dun país que ten o 40% das reservas de petroleo e gas do Oriente Próximo e que a rapidez para a "humanitaria intervención", é porque o dictador Gadafi podía gañar a guerra, e temían as súas represalias: petroleo e gas, de novo.
En Palestina atópase o Estado de Israel. Terceira potencia atómica do mundo, base militar sionazi,  subvencionada cos cartos e armamento dos EEUU. Os constantes crimes contra a humanidade e o apartheid do "democrático" Israel, atentan contra todos os dereitos humanos. En 1973, a Asamblea Xeral de Nacións Unidas definíu o crimen de apartheid como “actos inhumanos cometidos co  propósito de establecer e manter a dominación dun grupo racial de persoas sobre calquera outro grupo racial de persoas e de oprimilo sistemáticamente”. O arzobispo Desmond Tutu escribiu:“ Apesaroume moi fondamente a miña visita a Terra Santa; recordoume moito o que nos pasou a nós, o pobo negro de Sudáfrica”.
Israel é o único país que nunca presentou os límites das súas fronteiras, tal como o esixe Nacións Unidas para incorporar a un país membro pola resolución 242. Leva 26 resolucións incumpridas.
 Desde o levantamento do Muro en Cisjordania declarado ilegal pola Corte Internacional de Xustiza de La Haya, á confiscación ilegal de terras e recursos acuíferos, o asesinato selectivo, ás torturas e desaparicións de palestinos, o bloqueo de Gaza, a limpeza étnica, a negación dos dereitos dos refuxiados palestinos e as leis discriminatorias e ameazas crecentes de expulsión contra 1.2 millóns de palestinos que teñen cidadanía israelí.... é imposible a enumeración de todas as atrocidades. O Consello de Seguridade da ONU, xunto cos seus aliados Zapatero, Pepe Blanco, Trini, Bono, Rajoy,  de Cospedal, etc., tan interesados polos dereitos humanos, e pola legalidade das resolucións da ONU, podían ter unha semana  de balde como a seguinte (propoño unha colecta popular),  en Palestina:
Unha semana calquera en Palestina:
"Fuente: Centro de Derechos Humanos Palestino (PCHR)
Resumen(10 de Marzo de 2011 – 16 de Marzo de 2011):FIO:(FORZAS ISRAELÍES DE OCUPACIÓN)
• Dos civiles palestinos, fueron asesinados durante un ataque aéreo de las FIO en la Franja de Gaza
• Dos trabajadores resultaron heridos en el mismo ataque.
• Tres edificios ubicados en el lugar del ataque resultaron destruidos.
• Colonos israelíes intensificaron los ataques a civiles y propiedades palestinas en Cisjordania.
• PCHR documentó 40 ataques realizados por colonos israelíes en Cisjordania.
• Colonos judíos quemaron 4 coches y un tractor, y dañaron 7 coches.
• Un número de civiles palestinos sufrieron por la inhalación de gas lacrimógeno lanzado por las FIO mientras escoltaban a colonos israelíes.
• Las FIO desarraigó 400 árboles de olivos en el pueblo de Beit Dajan, al este de Nablus.
• Las FIO continuó disparando a trabajadores, agricultores y pescadores palestinos en zonas fronterizas de la Franja de Gaza.
• Un pescador palestino resultó herido.
• Las FIO continuó utilizando la fuerza contra manifestaciones pacíficas en Cisjordania.
• Un número de manifestantes sufrieron por la inhalación de gas lacrimógeno.
• Las FIO arrestaron a dos defensores de los Derechos Humanos Internacionales.
• Las FIO condujo 47 incursiones en comunidades palestinas en Cisjordania.
• Las FIO detuvieron a 66 civiles palestinos, incluyendo seis niños.
• 52 de los detenidos son del pueblo de 'Awarta, al sudeste de Nablus.
• Israel ha seguido imponiendo un sitio total dentro de los Territorios Palestinos Ocupados y ha aislado a la Franja de Gaza del mundo exterior.
• Soldados israelíes instalados en puestos de control (checkpoints), detuvieron a un civil palestino."
O CONSELLO DE SEGURIDADE DAS NACIÓNS UNIDAS VAI ACORDAR INTERVIR CONTRA  ISRAEL, MARROCOS, BAHREÍM, E OS PAISES QUE NON RESPECTAN OS 
 DEREITOS HUMANOS.?
“¿Palestinos? ¿qué palestinos?” (Golda Meir, foi Primeira Ministra de Israel)
Boicot aos produtos Israelís
Podes identificalos polo código de barras...
NON MERQUES PRODUTOS MANCHADOS DE SANGUE!

21/03/11

AGROMAR DA MEMORIA

 "Fiestra á liberdade",  é o monumento que no barrio do Calvario (Vigo),érguese xa, en “homenaxe a todas as persoas que deron a súa vida en defensa da liberdade. Neste lugar levantáronse as barricadas que en xullo do 1936 tentaron rexeitar a sublevación militar contra a República”.
Co lema “Agromar da Memoria”, o tributo rendeuse no barrio do Calvario, na rúa Urzáiz, en fronte do mercado. Alí quedou instalado o monolito que recorda a historia e alí se leron verbas para honrar os seus protagonistas.
Coa escultura de Francisco Pazos, a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 e a Concellería de Cultura, do BNG, renderon homenaxe aos centos de homes e mulleres que loitaron contra os golpistas, e aos que morreron na defensa da legalidade constitucional.
Este pasado sábado, 20 de Marzo, fíxose xustiza, aos que" simplemente crían que a súa ideoloxía servía para construir. Recordar os nomes e honrar a súa memoria, como exercicio de xustiza, que non de vinganza”, manifestaron o teniente de alcalde, Santiago Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesús López: "un réxime como o de Franco debería ser unánimemente condenado". Ambos os dous reafirmaron a necesidade de "retirar a cruz do monte do Castro e traballar para recuperar a memoria histórica".
A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 puxo como exemplo do bo facer dentro do Concello de Vigo a actitude do grupo nacionalista, xa que a escultura foi pagada co orzamento da concellería. Con todo, a gran reivindicación do grupo de cara ao Goberno local que encabeza o socialista Abel Caballero é a retirada da Cruz dos Caídos situada no alto de dito monte..
O 14 de setembro de 1961, os xornais anunciaban a visita de Francisco Franco a Vigo, para inaugurar o monumento aos caídos: «Un monumento dedicado a quienes ofrendaron su vida en la heroica tarea de hacerla Una, Grande y Libre»". O alcalde de Vigo, Salvador de Ponte y Conde de la Peña, pedíalle a cidadanía que aproveitase«esta gran ocasión para ofrendarle nuestro merecido entusiasmo... cubriendo de ovaciones el paso del héroe de la Cruzada, que llevará hoy a las Cíes, grandioso umbral de Europa, reflejos de imágenes que jamás temblaron sobre las aguas de nuestro mar del cancionero con tanto ardor, bajo el palio del alto cielo en un no lejano horizonte de maravillosas esperanzas....».
Despois da retirada do frontispicio da Casa das Artes, a desaparición da citada Cruz é unha obriga para calquer demócrata. O tenente de alcalde manifestou o seu compromiso de seguir apoiando a recuperación da Memoria Histórica e asegurou que se o BNG ten maioría no goberno municipal derrubará a Cruz do Castro.
Desgraciadamente non todos os partidos políticos, sobre todo aqueles que hoxe esixen carnet de demócrata, están polo cumprimento da Lei da Memoria Histórica e a desaparición da simboloxía franquista. As súas ausencias o demostran.

20/03/11

EN RECORDO DE GABRIEL CELAYA

Gabriel Celaya (Hernani, Guipúzcoa, 1911-1991),poeta. Toda unha vida adicada á poesía, ao compromiso  coa liberdade e a ética. Antifranquista. Un recordo tamén para a muller que compartiu a súa vida ,Amparo Gastón, (Amparitxu), velos xuntos era unha delicia.
"La poesía es un arma cargada de futuro":

Cuando ya nada se espera personalmente exaltante,
mas se palpita y se sigue más acá de la conciencia,
fieramente existiendo, ciegamente afirmado,
como un pulso que golpea las tinieblas,

cuando se miran de frente
los vertiginosos ojos claros de la muerte,
se dicen las verdades:
las bárbaras, terribles, amorosas crueldades.

Se dicen los poemas
que ensanchan los pulmones de cuantos, asfixiados,
piden ser, piden ritmo,
piden ley para aquello que sienten excesivo.

Con la velocidad del instinto,
con el rayo del prodigio,
como mágica evidencia, lo real se nos convierte
en lo idéntico a sí mismo.

Poesía para el pobre, poesía necesaria
como el pan de cada día,
como el aire que exigimos trece veces por minuto,
para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica.

Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.

Maldigo la poesía concebida como un lujo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse.

Hago mías las faltas. Siento en mí a cuantos sufren
y canto respirando.
Canto, y canto, y cantando más allá de mis penas
personales, me ensancho.

Quisiera daros vida, provocar nuevos actos,
y calculo por eso con técnica qué puedo.
Me siento un ingeniero del verso y un obrero
que trabaja con otros a España en sus aceros.

Tal es mi poesía: poesía-herramienta
a la vez que latido de lo unánime y ciego.
Tal es, arma cargada de futuro expansivo
con que te apunto al pecho.

No es una poesía gota a gota pensada.
No es un bello producto. No es un fruto perfecto.
Es algo como el aire que todos respiramos
y es el canto que espacia cuanto dentro llevamos.

Son palabras que todos repetimos sintiendo
como nuestras, y vuelan. Son más que lo mentado.
Son lo más necesario: lo que no tiene nombre.
Son gritos en el cielo, y en la tierra son actos.