"Fiestra á liberdade", é o monumento que no barrio do Calvario (Vigo),érguese xa, en “homenaxe a todas as persoas que deron a súa vida en defensa da liberdade. Neste lugar levantáronse as barricadas que en xullo do 1936 tentaron rexeitar a sublevación militar contra a República”.
Co lema “Agromar da Memoria”, o tributo rendeuse no barrio do Calvario, na rúa Urzáiz, en fronte do mercado. Alí quedou instalado o monolito que recorda a historia e alí se leron verbas para honrar os seus protagonistas.
Coa escultura de Francisco Pazos, a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 e a Concellería de Cultura, do BNG, renderon homenaxe aos centos de homes e mulleres que loitaron contra os golpistas, e aos que morreron na defensa da legalidade constitucional.
Este pasado sábado, 20 de Marzo, fíxose xustiza, aos que" simplemente crían que a súa ideoloxía servía para construir. Recordar os nomes e honrar a súa memoria, como exercicio de xustiza, que non de vinganza”, manifestaron o teniente de alcalde, Santiago Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesús López: "un réxime como o de Franco debería ser unánimemente condenado". Ambos os dous reafirmaron a necesidade de "retirar a cruz do monte do Castro e traballar para recuperar a memoria histórica".
A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 puxo como exemplo do bo facer dentro do Concello de Vigo a actitude do grupo nacionalista, xa que a escultura foi pagada co orzamento da concellería. Con todo, a gran reivindicación do grupo de cara ao Goberno local que encabeza o socialista Abel Caballero é a retirada da Cruz dos Caídos situada no alto de dito monte..
O 14 de setembro de 1961, os xornais anunciaban a visita de Francisco Franco a Vigo, para inaugurar o monumento aos caídos: «Un monumento dedicado a quienes ofrendaron su vida en la heroica tarea de hacerla Una, Grande y Libre»". O alcalde de Vigo, Salvador de Ponte y Conde de la Peña, pedíalle a cidadanía que aproveitase«esta gran ocasión para ofrendarle nuestro merecido entusiasmo... cubriendo de ovaciones el paso del héroe de la Cruzada, que llevará hoy a las Cíes, grandioso umbral de Europa, reflejos de imágenes que jamás temblaron sobre las aguas de nuestro mar del cancionero con tanto ardor, bajo el palio del alto cielo en un no lejano horizonte de maravillosas esperanzas....».
Despois da retirada do frontispicio da Casa das Artes, a desaparición da citada Cruz é unha obriga para calquer demócrata. O tenente de alcalde manifestou o seu compromiso de seguir apoiando a recuperación da Memoria Histórica e asegurou que se o BNG ten maioría no goberno municipal derrubará a Cruz do Castro.
Desgraciadamente non todos os partidos políticos, sobre todo aqueles que hoxe esixen carnet de demócrata, están polo cumprimento da Lei da Memoria Histórica e a desaparición da simboloxía franquista. As súas ausencias o demostran.
Ningún comentario:
Publicar un comentario