A presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro, candidata polo PP nas próximas eleccións municipais, inaugurou o venres 18 de marzo, “El tinglado del puerto”, ”una nueva zona de encuentro con la ciudad, pero también como un espacio de oportunidades “.
A responsable portuaria recordou actuacións recentemente inauguradas como o Paseo dos Peixes en Bouzas o a Porta do Mar, "piezas" que compoñen o puzzle “del Abrir Vigo al Mar”.
Atendendo a tan “popular” nome galego, non tiven mais remedio que buscar no dicionario castelán as posibles acepcións:
1. m.cobertizo.2. m. Tablado armado a la ligera. 3 m. Artificio, enredo, maquinación. 4 m. coloq. Barullo de gentes o cosas.
Porque efectivamente, alpendre por “cobertizo”, non queda fino, e non sei si moi mariñeiro. O artificio, enredo, maquinación e barullo, agóchase xa hai moitos anos no Porto de Vigo.
A pregunta do millón é porqué os presidentes do Porto de Vigo, en vez de facer o que lles corresponde póñense tolos, e veña a plantar floreiros, fontes intergalácticas, cines submarinos, pistas de patinaxe Vigo-Cangas-Moaña, ou hoteis piramidais. Non creo que algunha rara bacteria do Berbés atáqueos. Abel co “Plan Nouvel”, e Corina co “Plan Tinglao-ao”.A resposta é moi sinxela: servirse do cargo para chegar a alcaldía e deixarnos sen a nosa Ría. Rima pero en fino.
Detrás de tan fabulosos proxectos está o desprezo mais absoluto pola legalidade e a protección do Porto e da Ría de Vigo.
Desde 1992 o Porto de Vigo non ten un Plan de Usos, o plan de utilización dos espazos portuarios, e desde o 2003 ten sen aprobar o Plan Director de Infraestruturas. Pero ademais como Portos é un ente do Estado, e o nomeamento do presidente correspóndelle á Xunta , xa temos un 2º contrapoder en Vigo. O terceiro ata hai pouco Caixanova, agora xa veremos, e o 4º “el Faro que nos ilumina”. Polo medio a Deputación “con el mazo dando” pelas aos fieis. Nin Ciudadano Kane podería soñar un panorama tan desolador para unha cidade, e tan atractivo para os “trepas” sen escrúpulos.
Os recheos que nos esperan son: En Bouzas: 71.520 m2. , no Porto pesqueiro:26.250 m2, e en Guixar : 79.190 m2.
Segundo ADEGA ( Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
“O Proxecto da ampliación do peirao do Areal, no porto de Vigo, equivale a 30 campos coma o de Balaídos, ou a todo o centro da cidade de Vigo.
Mais do 5% do material dragado exparéxese pola ria ata uns 5 km de radio, recoñece o Ministerio do Ambiente. Algúns proxectos promovidos pola Autoridade Portuaria de Vigo foron declarados manifestamente ilegais e ambientalmente moi prexudiciais, incluso xudicialmente, como o macrorecheo de Bouzas, que causou a desaparición dun dos mellores bancos marisqueiros. Como exemplo paradigmático dos cambios que están acontecendo temos a virtual desaparición, a medio prazo, da praia de Samil, que vén perdendo area a ollos vistas durante os últimos anos.
Ademais, no Areal, permítese almacenar ata cinco alturas de contedores de 2,5 metros cada un, polo que a altura total do almacenamento pode acadar os 12,5 metros. ¿Cal é a consecuencia? Que para ver o mar dende Vigo haberá que subir ó monte de O Castro, pois unha vez realizado o proxecto previsto, non será posible acceder á costa dende ningún lugar do centro da cidade.
Un efecto sobre o que teñen chamado a atención expertos da Universidade, do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e do Instituto Español de Oceanografía, radicados na cidade de Vigo, é a remoción e dragado de aproximadamente 35.000 m3 de lamas. O Informe 2000 do Observatorio Medioambiental da Ría de Vigo (Fundación ProVigo, 2001) recoñece as concentracións elevadas de contaminantes presentes nestas lamas (organoclorados, hidrocarburos, metais pesados, etc.) propias, por outro lado, de zonas de elevado tráfico marítimo. O informe do Ministerio do Ambiente recoñece que o dragado implicaría a posta
en suspensión e o esparexemento pola ría de, como mínimo, o 5% do material dragado, ata uns 5 km de radio de expansión. O efecto sobre a fauna mariña é moi grave.
A discusión en torno a unha obra de tanta envergadura xira en torno á súa necesidade. Dende a Autoridade Portuaria adúcese como obxectivo a busca de liña de atraque para buques de gran calado. Esta
xustificación non se mantén, pois en realidade perderíase un 38% de liña de atraque con respecto á situación actual do peirao transversal, que quedaría devorado polo futuro aterramento. O novo peirao disporá de dúas vertentes, unha de 710 metros e outra de 250. Estes 960 metros suporán unha perda de máis de 600 metros de liña de atraque respecto ós 1.550 metros de lonxitude aproximada actual. A maiores, a necesidade de calado para o atraque de grandes buques que aparece no proxecto, atópase dispoñible en estruturas portuarias actuais do porto de Vigo e que non están sendo utilizadas para tal fin. O impacto ambiental e social sería moito menor se se adecuasen instalacións existentes, pois coa ampliación do peirao do Berbés, onde está situada a lonxa, acádase ata 20 metros de calado e ten 750 metros de liña
de atraque. Só requiriría acondicionar o dique exterior. Pode que a verdadeira razón do proxecto sexa a de gañar superficie para unha zona de manobra e almacenamento”.
Aquí temos a resposta. O poñemos bonito hoxe,”flipan”, votan, e mañá, de Vigo a Cangas pola Ría en bici
que o deporte é bo para a saúde, e o marisco produce gota.
Corina Porro sobre os proxectos de Abel Caballero:”Peligrosos y puede peligrar el puerto y el comercio”.
Abel Caballero sobre os de Corina: «Se está aliando con los sectores más retrógrados, que se creen que el puerto es de ellos, para que la ciudad no pueda disfrutar del mar».
A Ría de Vigo, é un tesouro que ten a nosa cidade. O Porto de Vigo é outro tesouro, grazas ao que se ergueu a maior cidade de Galiza, pola súa actividade comercial, pesqueira, turística e de ocio.
Estas son as obrigas principais dos presidentes da Autoridade Portuaria. O outro é usar de trampolín un ben precioso dos cidadáns, ignorar os instrumentos legais imprescindibles para facer o que lles peta, e facer estética hoxe, sen pensar no futuro da Ría e de Vigo.
(Cando xa tiña estas liñas preparadas sae nun xornal a seguinte nova):vigo / la voz de galicia (23/3/2011).“La secretaria de Estado del Cambio Climático, Teresa Rivera, reconoció ayer en una respuesta parlamentaria a la diputada del BNG Olaia Fernández Davila que la segunda fase del proyecto de ampliación de muelle del Areal del puerto de Vigo requiere un estudio de impacto ambiental, un requisito que hasta la fecha no se había producido, según admitieron el propio ministerio y la parlamentaria nacionalista. . Davila celebró «o cambio de postura» de Medio Ambiente, aunque ha urgido a que se aceleren los trámites porque las obras «xa están en marcha». En este sentido, la diputada anunció que en las próximas horas presentará iniciativas para que Fomento y Medio Ambiente confirmen que se ha notificado la realización de este estudio a la Autoridad Portuaria de Vigo, que inició las obras de las segunda fase hace unos días. La Autoridad Portuaria, por su parte, afirmó no disponer de la notificación de la que habla la diputada del BNG, en base a la documentación que dice tener la secretaria de Estado de Cambio Climático”.
Pois veña mais "parques infantiles e mais floreiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario