*SPAIN:(A CRISE CONTINÚA):O consello de administración de Caja Madrid, composto por 23 personas (o presidente, tres vicepresidentes, 18 vocais e un secretario) ganou 17,21 millóns de euros en concepto de soldo e outras retribucións en 2010, o que supón un ascenso do 2,56% respecto aos 16,78 millóns de 2009, segundo figura no "Informe de Gobierno Corporativo" da entidade, que tamén incluye a cancelación do programa de compromisos de alta dirección a partir do 31 de decembr de 2010.É decir, a entidade non pagará o bonus de 25 millóns aos seus directivos xa que unha norma europea impide repartir dividendos a unha entidade que recibira axudas por parte do sector público. Tal é el caso de Caja Madrid, que recibíu 4.465 millones de axudas por parte do FROB.

*GALIZA:Navalladas contra este país.Mentres o PP daquí,continúa a ser unha sucursal dalí,que só usa Galiza contra ZP,o PSOE-G daquí,mais do mesmo, a sangría que hai xa tempo empobrece Galicia coa colaboración interesada dos partidos estatais,desmontando o sector naval,a agricultura,a gandeiría,a pesca,etc., e en plena privatización e venta do sector financeiro,chega o Decreto do Carbón do Ministerio de Industria,que o Tribunal de Luxemburgo valida. As centrais térmicas de As Pontes e Meirama,que xa non poderán queimar carbón de importación, a ponto de perder 3.000 empregos.
*GALIZA:A máis galego nas aulas, maior comprensión lectora en castelán.
A maior presenza da lingua galega nos colexios entre 2006 e 2009 non prexudicou os resultados en ciencias e matemáticas.Nin estudar en galego dificulta a aprendizaxe en ciencias, nin impide mellorar o nivel de castelán, nin existiu nunca “o dous ao caldeiro” en matemáticas... O que xa resultaba evidente de por sí quedou de novo ratificado tras o último informe Pisa que analiza o nivel educativo do alumnado en Galicia e España.
“Os resultados do Informe Pisa, o estudo de referencia mundial para medir a calidade dos sistemas educativos,demostran que o fomento do galego non vai en detrimento da competencia en español nin do desenvolvemento científico do alumnado”,en contraposición coas teorías defendidas por Galicia Bilingüe e que foron apoiadas por boa parte do PPdeG e da actual Xunta de Galicia.
O decreto do plurilingüismo aplicado polo Goberno galego na educación veta de maneira explícita o galego para materias de ciencias como Matemáticas ou Tecnoloxía, que deben ser impartidas en castelán.
*ITALIA:A xuiza Cristina di Censo admitíu a solicitude de xuicio inmediato para Silvio Berlusconi por abuso de poder y prostitución de menores en el marco del caso Ruby.A data do proceso contra "IL CAVALLIERI"" será o próximo 6 de abril as 9.30 horas en Milán porque, segundo Di Censo, existe a "evidencia da proba" . ¿Canto nos xogamos a que sacarán da chistera unha lei de inmunidade?.
*MUNDO ÁRABE:Tunisia,Exipto,Líbia,Yemen,Marrocos,Bahréin,Kuwait,Omán,Yibuti.O mundo político dos paises árabes cambia.¿O Imperio segue un guión escrito ou non calculou o que sucede no seu patio traseiro?.

Ningún comentario:
Publicar un comentario