25/01/11

O GOBERNO “SOCIALISTA” FAI TRAMPA E REGALA AS CAIXAS DE AFORROS

Verán de 2008:grandes bancos e  entidades hipotecarias dos EEUU reventan pola súa codicia,despois de dar créditos lixo envoltos en papel de regalo. Wall Street na crise mais grave desde o ano 1929.
Os gobernos co diñeiro público saen o rescate dos bancos privados.
Os directivos seguen nos mesmos postos de antes.
Os mercados financieiros,especuladores,e os mesmos bancos que crearon a crise,aproveitan a ocasión para sacar tallada:reordenación(Ser menos para ter mais poder e mais ganancias).
En SPAIN hai un ano 45 Caixas,hoxe 17.
Hai úns meses o goberno pon unhas condicións para a continuidade das Caixas de Aforros.
Novacaixagalicia aproba o exame do goberno,do Ministerio de Economía e do Banco de España.
No día de onte o goberno do Partido ExSocialista ExObrero SíEspaña, en connivencia coa súa celestina,o Banco de España, e co PP,cambia as regras e esixe unhas condicións que en Europa non se darán ata o ano 2019.
Teñen a desvergonza de usar a palabra NACIONALIZACIÓN(eles que tanto critican a Chávez por facelo en Venezuela),cando é unha venta a prezo de saldo.
Galiza perderá,porque as rouban, as súas Caixas,os aforros dos galegos e a súa capacidade de decisión no sistema financieiro. A parte social e de servizo público das Caixas irá o garete.
Os xornais de hoxe nas súas portadas:
EL PERIÓDICO:”ESTOCADA A LAS CAJAS”
EXPANSIÓN:”LAS CAJAS FORZADAS A CONVERTIRSE EN BANCOS”
PÚBLICO:”EL GOBIERNO PRIVATIZA LAS CAJAS CON DINERO PÚBLICO”
O XORNAL:”GOLPE MUY DURO A NOVACAIXAGALICIA”
O mellor:(Onde quedou a independencia)
EL PAÍS:”EL GOBIERNO NACIONALIZARÁ EN SEPTIEMBRE LAS CAJAS NO SANEADAS”
 PREGUNTAS:
¿Si o sistema financieiro español é “extraordinariamente solvente”,a qué ven isto?.
¿Porqué o Banco de España non é capaz de clarexar e garantir a situación actual?.
¿Porqué o goberno permite que a banca privada,preste cartos aos empresarios ao 15%,cando os bancos reciben cartos públicos ao 1%?.
¿Porqué os gobernos permiten que en vez de financiar a actividade productiva,adiquen os seus recursos a especular coa débedas dos mesmos gobernos,e destrúan as súas economías?.
¿Porqué si “quieren tanto a Galicia” Pachi Vázquez,Abel Losada e a Xunta do PP Feijóo,están dacordo?.
¿Qué inventos ou mentiras,contarán Abel Caballero e Corina, para acatar as decisións dos seus partidos,e vendernos que é o mellor para Vigo e Galiza?.

Ningún comentario:

Publicar un comentario