21/05/14

NA BOA DIRECCIÓN

A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, expresou  este martes en Valladolid a súa" sensación de esperanza" porque en España "ya se vive de otra manera, se ve en las calles que hay mucha más alegría que hace unos meses"….Cada día do ano 2013, 106 familias, 106!  perderon a  súa  vivenda habitual (datos do Banco de España). Total : 38.961 familias  quedaron sen  vivenda por non pagar a hipoteca aos bancos.
Rodrigo Rato lib(e)rou  de preferentes  as entidades financeiras, aos grandes fondos de inversión e os tiburóns  financeiros. Deixou sós, aos pequenos clientes de Bankia, aos particulares. Segundo un informe do Banco de España  do 25 de novembro de 2011. O desembolso para os grandes: un pago en metálico de casi 900 millones de euros. O 9 de maio de 2012 a entidade foi rescatada. Casualidades: seis meses despois.
Hai  tres anos o Alcalde Caballero presentou  o  proxecto do megaparque infantil de Castrelos sobre temática pirata e un millón de euros de orzamento. Agora o  goberno municipal autoriza unha indemnización de 30.000 euros á empresa adxudicataria  do fallido proxecto, nun parque declarado ben de interese  cultural. A maiores  do  escándalo pola  adxudicación a unha empresa, agora indemnizada, dirixida entón en Vigo por unha dirixente socialista próxima ao alcalde. O alcalde non da explicacións.
Lilian Tintori,  esposa do opositor venezolán, Leopoldo López, líder de Voluntad Popular,  denuncia que hoxe” en Venezuela hay una dictadura y luchamos por rescatar la democracia. Usan la fuerza contra los jóvenes, contra las mamás que están en la calle protestando. Es muy triste”. Tintori visita España e Francia en solicitude de apoio internacional para a oposición. “Venimos a pedir ayuda a los países donde se respeta la democracia. El venezolano lo único que quiere es conseguir aceite para cocinar, papel toilette, pañales para los bebés, poder caminar”. Benvida a este paraíso demócrata, no que seguramente quere converter o seu país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario