25/04/13

GOLPE DE ESTADO: 6.202.700. CATÁSTROFE E EMERXENCIA


No día de hoxe a convocatoria  ASEDIA EL CONGRESO está sendo calificada polos representantes do Partido Popular como atentado contra a democracia e de pretender un golpe de Estado. As forzas da mal chamada orde pública son as que teñen rodeado o Congreso dos Diputados.
No mesmo día de hoxe 6.202.700 persoas están no paro, o 27'16 % da poboación. Spain ten 1'9 millóns de fogares con todos os seus membros en paro. A tasa de paro entre as mulleres chega ao 53'39% e entre os mozos e mozas o 57'2%.
O goberno de Rajoy, un goberno elexido para cumprir o seu programa e grazas as súas promesas, incumpre todas as regras da democracia.
O goberno do PP de Mariano Rajoy destruíu 1.000.000 de empregos, grazas a súa Reforma Laboral. Subíu os impostos, ten seriamente amenazado o sistema público de pensións, subíu a idade de xubilación, pretende privatizar o sistema sanitario público ademais do repago, un ensino público recortado e con subas inxentes das matrículas, impón taxas xudiciales para impedir o acceso de todos á xustiza, recorta os dereitos das mulleres, envía ao exilio económico a miles de mozas e mozos, pretende limitar o dereito de expresión e de prensa, consinte a estafa das preferentes bancarias, deixa sin vivenda a miles de familias, machaca aos autónomos e pequenos comerciantes. etc.
Pola contra criminalizan a todo aquel que sexa opositor: os do PAH son filoetarras ou violentos, os das preferentes son antidemocráticos, todos os que non nos poñemos de xeonllos somos violentos antisistema. E hai que decirllo: non somos do seu sistema.
Un partido corrupto, con financiación ilegal durante moitos anos, grazas as aportacións de empresas e empresarios privados, contrabandistas ou calquera que permita sobresoldos de vergoña ou contas en Suiza.
Sei que a traxectoria do PP ten socios. Faltaría mais. Un PSOE "progre" en cousas sociais, pero alineado da mesma forma xunto aos poderes económicos, e cun denominador común: as privatizacións e a corrupción conseguinte.
Defensores tamén os dous dunha monarquía podre e corrupta,  imposta polo dictador.
Entre as máns dos dous grandes do bipartidismo Spain camiña cara o precipicio e a catástrofe social.
Entre os dous están conseguindo o único no que teñen intereses: rescatar á banca e ás grandes corporacións económicas, ainda que todo un país, as persoas, sexa masacrado.
Como masacre económica e social é a que desangra Galiza.
Hoxe 25 de Abril de 2013, é un día de emerxencia económica e política. Asistimos a un golpe de estado, baixo as luvas da súa pseudodemocracia, continuadora do franquismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario