19/05/11

A "LISTA MAIS VOTADA" OU UN METRO DE DEMOCRACIA DE 50 CENTÍMETROS

O Partido Popular e os seus voceiros, predican unha democracia a súa medida, unha democracia de "alta costura"-para poñelo en fino- "haute couture". Cando non lles vai ben o resultado, cando nas eleccións non obteñen a maioría absoluta, ou non poden pactar para gobernar, queren cambiar as regras do xogo. Na páxina de lavozdegalicia.es, (15-05-11), Roberto L. Blanco Valdés, segue o camiño do escoitado estes días de campaña aos dirixentes do PP, e escrebe no artigo -¿Debe gobernar la lista más votada?- as seguintes ideas:"Es conocido que cuando una cuestión se formula erróneamente, resulta imposible darle una respuesta adecuada. Tal ocurre con la relativa a si debe gobernar la lista más votada en las municipales...cabe responder a la pregunta que encabeza esta columna atendiendo a esos datos, lo que exige antes que nada distinguir. Sí, distinguir, porque no hacerlo y mezclar todo es la mejor forma de no sacar conclusiones razonables ...donde el primer partido está al borde de la mayoría absoluta y, además, la diferencia entre él y los que pierden es de tal magnitud que lo más democrático sería que gobernase el ganador...Partir de esa diferencia permitiría modificar la legislación vigente para establecer un nuevo sistema de elección de regidores por virtud del cual, sentada una cierta distancia entre el primer partido y los demás, debería ser su candidato el que, automáticamente, pasara a ser alcalde...de hecho, creo que la necesidad de tal reforma sería discutible si los casos en que no gobierna el ganador, pese a tener una indiscutible mayoría, fueran la excepción o, siendo numerosos, se distribuyeran de un modo equitativo entre los dos grandes partidos. Pero cuando esos casos son numerosísimos y perjudican y benefician siempre al mismo, no hay regla conocida de justicia que justifique el mantener el sistema y no cambiarlo... Por si todo ello no bastara, la actual situación, que tras el 22-M podría ser todavía más injusta, tiene además en Galicia resultados adicionales muy poco funcionales: que da al BNG un poder absolutamente desproporcionado a su fuerza electoral; y que impide a los socialistas, rehenes de los nacionalistas, aspirar a un proyecto autónomo que no los obligue a parecer lo que no son y a correr el riesgo de acabar siendo lo que al principio solo resultaba una apariencia>.Ou sexa: a resposta adecuada, non mesturándoo todo, a conclusión razonable é: que o BNG non estea nos diversos gobernos como forza minoritaria.Teñen un problema co sistema democrático que tanto santifican. Só lles gusta cando obteñen beneficios electorais e gobernan co seu maravilloso absolutismo democrático. Cando non é así, a minoría fai reféns. Só lles gustan as coalicións cando as fan eles para servir aos seus intereses. Exemplos hai por ducias, incluso contranatura(Euskadi:pacto PP-PSOE), empregando partidos submarinos independentes que rematan apoiando o de mais poder, ou utilizando o transfuguismo, para derrubar gobernos lexítimos. O democrático que pode resultar un goberno de coalición, con mais base popular de apoio, o democrático que pode ser que varios partidos, incluso distintos, fagan un pacto de goberno cun programa mínimo común, é secuestrar a democracia. Incluso critican que dous partidos coaligados teñan opinións distintas sobre algunha cuestíon, falando entón de fracaso no goberno ou de disensións nel. Sobran exemplos, pero creo que é mais democrática esa diverxencia, que o pensamento único ou o rodillo. Pola contra, non falan do imperfecto e tramposo dun sistema que predicando a igualdade de oportunidades, é o mais desigual nas mesmas. Ou todos os partidos teñen os mesmos apoios económicos e mediáticos?. É unha evidencia tan párvula como antiigualitaria, porque non todos os partidos están ao servizo dos bancos que os apoian, nin das multinacionais e  das grandes empresas económicas que a súa vez detentan os grandes medios de comunicación, para voltar a apoialos. Quén paga as fabulosas campañas electorais dos dous grandes partidos?.Como devolven a débeda?. Roberto Luís debe coñecer de primeira mán, a campaña que La Voz deseñou para que o Sr.Feijó09 e o Sr.Rueda gañaran ao bipartito con moita información democratica e neutral. Nisto non hai reféns. Aquí hai liberdade, a dos listos por designación democrática-divina-bancaria no nome dunha mal entendida liberdade de expresión. E porqué non falamos tamén, do sistema electoral  español, un sistema deseñado para favorecer o bipartidismo, coa Lei D'Hondt favorecendo os partidos maioritarios?. Teñen o mesmo problema cando algún tribunal non dictamina ao seu gusto: cando o Tribunal Constitucional dí que Bildu é legal, son pro-etarras, pero se a sentenza é do seu gosto, serían demócratas. O verdadeiro problema que ten o PP, a cara mais integrista e retrógrada do sistema, é quedar fora dos gobernos, e teñen moi claro que si a xente vota BNG, o PP non entra neles, porque non ten con quen realizar pactos, excepto cos submarinos, os "independentes" que nas localidades, non entran nas listas do PP porque as loitas polo poder os deixan fora da lista oficial. O verdadeiro problema do PSOE, a outra cara falsamente edulcorada do mesmo sistema, e que gobernando co BNG, este pode desenmascarar as políticas antisociales e antiobreiras, a   súa sumisión fronte a patronal e os bancos e mostrar outro xeito de gobernar. E nos dous, PP e PSOE, non se distingue ningún desacordo en temas como bancarización das caixas, privatizacións, sumisión o poder financeiro, pensións, rebaixa salarial, edade de xubilación. O verdadeiro problema da "inxustiza" da que fala Roberto Luís, radica na propia esencia da democracia, e o problema que teñen PP, PSOE, Roberto Luís e os que hoxe andan nesa teima, é que lles estorba o BNG. Porqué será?...Temos que empezar a preocuparnos, porque non tardarán moito, si lles convén, en refacer unha Lei Electoral ainda mais a súa medida. Se poden farán cidadáns de primeira con dereitos(sumisos e agradecidos),e cidadáns de segunda sen dereitos(insumisos a unhas políticas anticapitalistas e antigalegas). O asombroso é que estes cursiños de corte e confección democrática, os fan para o noso país e non para esa Europa  que tanto lles gusta, a quen tanto adulan, e donde os gobernos de coalición son unha cousa normal. Non importará que teñan que explicar que para eles, "bós" demócratas, un metro ten 50 centímetros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario