
Conde Roa xa nos deleitou o trinta de setembro pasado con outra maravillosa actuación como reflectiron os xornais:<Ás portas do teatro, visiblemente airado e con dirixentes políticos, xornalistas e numerosos veciños como testemuñas, o alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, ameazou e insultou ao iluminador da obra O barbeiro de Sevilla ao que chamou "mamón e parásito", despúés de acusalo de vivir do diñeiro público. Acompañado polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e o edil que xestiona esa área no Concello, Angel Currás, que evitaron ser parte do boureo, o rexedor dirixiuse con ton ameazante e encarouse co traballador da compañía, ao que tamén chamou maleducado.>
O pasado Nadal, o mesmo Conde Roa fixo as delicias de propios e estraños presentando, como se observa na foto, a programación para os nenos. Todo un exemplo para identificar a cultura de Santiago polo mundo adiante, por unha persoa, o citado, que pensa que desta maneira tan “cultural” pode achegar algo. É innegable que o baile do “Borriquito” estivo moi ben escollido, como representación do Sr. Conde Roa.
Algún representante cultural do PP, ten algo que engadir diante de tanta estupidez?
Ningún comentario:
Publicar un comentario