O 27 de Marzo celébrase o Día Mundial do Teatro. En Vigo non temos moito que celebrar, dada á inexistencia dunha política teatral, complemento da demolición cultural e a ignorancia dos actuais xestores municipais.
Constatado que a Semana de Teatro Afeccionado, pasou a non contar co apoio da concellería de Cultura, nin siquera tivo acollida dentro do Auditorio Municipal da Praza do Rei, e que, polo tanto, as cías. de teatro afeccionadas da cidade, non terían entrada no Vigo a Escena. Constatada a raquítica programación no citado Auditorio. A casi desaparición do ALT e a súa misteriosa e cativa reaparición. Constatados os recortes para a Escola Municipal de Teatro. Desaparecido o Festiclown. Certificado,pois, o nulo interese que o teatro de Vigo ten para o actual goberno municipal.
Despois de quince anos, o programa Vigo a Escena, pasa polo de agora, a millor vida. No ano 1997, catro cías. desta cidade puxemos en marcha, un Outono Teatral-Vigo Sale a Escena, precursor do actual Vigo a Escena. No ano 2010 chegou a contar con 98 funcións en barrios e parroquias, en 23 espazos diferentes e 13 cías.profesionais e 10 afeccionadas. No 2012 nin existe.
Que non se amparen na crise para matalo. A memoria conta inexorablemente, que na anterior etapa na misma concellería, a actual concelleira foi a única que non levou adiante, durante seis meses o citado programa. Tivemos que facer moita presión para poñelo en marcha de novo.
O sorprendente deste momento é o silencio e a indiferencia.
Será pola anestesia a que nos someten, ou porque as compañías de Vigo teñen mais actuacións das que poden atender, ou que as Asociacións Culturais e Veciñais non poden con tanta programación nos seus Auditorios?
A ninguén parece importarlle que a única rede teatral municipal, ainda que con moitos defectos, morra entre o silencio de todos, como un exemplo mais dos tempos que vivimos.
A foto corresponde a unha manifestación cidadá, o pasado venres 23-03-12, dos Piquetes Culturais contra a DEMOLICIÓN CULTURAL, que está a practicar o actual des-goberno PSOE de Vigo e mais concretamente a ínclita concelleira Isaura Abelairas.
Nin Arquivo Pacheco, nin Centro Galego de Fotografía,nin Festiclown, nin Sinsal,nin Museo Liste, nin Centro de Artesanía Tradicional, nin Vigo a Escena... O listado é tan amplo en recortes, que aburre ata as ovellas.
Por outro lado o actual des-goberno da Xunta do PP que preside Feijó009, aquel-do- contrato- con- Galicia- que-en-15-días-remataba-co-paro-cesou a directora do CDG por ceder o Salón Teatro para que a cidadanía e a profesión poidera levar adiante o Día Mundial do Teatro. O Sr. Fasero foi a mán que mandou o paro a Blanca Cendán. Mentres, moitas cías. gardan os bártulos agardando mellores tempos.
O concello de Santiago,do inefable Conde Róa, PP, o mesmo que baila no Obradoiro con mamánoeles-minifalderas,deu marcha atrás na concesión do Teatro Principal para unha actuación de Leo Bassi...por non ser convinte.
Que dificil, entre tanta estupidez e incompetencia, celebrar o Día do Teatro.
Que dificil, entre tanta estupidez e incompetencia, celebrar o Día do Teatro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario