07/02/12

Adeus Baltar, ola Baltar: os votos valen para todo.A Semana Fantástica Universal(Do 22-01-12 ao 28-01-12)

"Baltar es el PP", proclamou Rajoy abrazado ao barón de Ourense. "Deixa o PP de Ourense nunha situación moi saudable" dixo Alfonso Rueda. Efectivamente levan razón os dous.
O adeus de J.L.Baltar conleva encíclicas sobre a súa humanidade, anécdotas mil sobre o estilo próximo e humano do cacique bó, e a súa simpatía. O virrei ourensán, franquista primeiro e despois centrista con UCD, montou o seu partido, Centristas de Galicia e chegou ao Partido Popular en 1991. O PP integrou Centristas de Galicia e con eles a despensa de votos ourensáns, imprescindibles para chegar á Xunta, pagándolle a Baltar a correspondente peaxe. Despois de 44 años na política e 22 años ao fronte da Deputación Provincial, que hoxe emprega a máis de 1.200 persoas -400 edís do PP traballan ou teñen familiares na deputación ourensán con  33 porteiros para tres portas- executando un control clientelar de case todas as alcaldías da provincia. Atada a sucesión para o seu fillo,JM, como non podía ser doutra maneira para quen exerce de virrei e reparte entre amigos, familiares e votantes, empregos e cartos, cargos e sillóns.
Por iso si o PP ourensán ten unha situación moi saudable, non é  o mesmo a saúde da provincia. Mesmo parecería que Ourense debería ser a locomotora económica de Galiza, senón fora unha mágoa que os datos  desmintan ao PP e ao virrei.
A Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) revelou que por primeira vez desde o inicio da crise, a taxa de paro chega casi ao 20% no 2011. A comarca con maior deterioro do mercado laboral é Verín, e cinco dos oito municipios soportan taxas de paro superiores ao 30%. A provincia tamén perdeu empresas. No global a caída é dun 6 % e o censo empresarial debilitouse en 56 dos 92 municipios da provincia e en 13 deles o recorte foi superior ao 20%.O 40% dos salarios en Ourense non chega aos mil euros ao mes e uns 12.000 mozos perciben cantidades por baixo do salario mínimo. Calquera comparativa non deixa á provincia en boa situación. Pero todo co apoio dos votos para o PP. O mesmo apoio co que Rajoy apela ao resultado "das urnas" para reformar a Xustiza sen consenso.
Unha Xustiza que absolve polo de agora a Camps do asunto dos traxes, por  sentenza dun xurado popular que pode interpretarse como un xesto de complacencia cidadán cos políticos corruptos. Absoltos Camps e Costa dun delito que admitiron cometer outros dous exmembros do seu Goberno, Víctor Campos e Rafael Betoret, acusados exactamente cos mesmos indicios, e a pesar do cúmulo de probas documentais que presentou a Fiscalía Anticorrupción, as gravacións con imputados da trama Gürtel que se escoitaron na fase pericial do xuízo ou as decenas de testemuñas nas 26 sesións que durou a vista oral.
A mesma complacencia cidadán que otorga a maioría, aos seus heredeiros políticos en Valencia, obrigados a xestionar unha ruinosa xestión para todo o Estado.
Pero xa estamos afeitos a que sexa ministro quen deixa o seu concello con sete mil millóns de déficit, ou Presidenta do CES a Corina Porro, sobre a cal podemos ler no xornal El País:
<La fundación de Porro se quedó con fondos para ONG’s. La entidad no entregó 115.000 euros comprometidos para ayuda solidaria. El Cantajuego, un espectáculo infantil navideño que se celebró en el instituto ferial de Vigo, fue la actividad que más recaudación aportó a la Fundación Puerto de Vigo (FPV), 115.860 euros, según las cuentas que la propia FPV rinde ante la Consellería de Presidencia, que ejerce su protectorado. Fue presentado como un concierto benéfico, financiado por el Xacobeo y cuya recaudación se destinaría a una ONG que preside el exalcalde Ventura Pérez Mariño y a la asociación solidaria Mil Futuros, de empleados de Caixanova. La FPV donó a la ONG, “unos 3.000 euros, lo que nos dijeron, y agradecidísimos”, afirma el exalcalde, y a Mil Futuros, “unos mil y pico, que aún no han ingresado”...Es uno de los episodios en sombras de la FPV, desvanecida ella misma en una suerte de limbo después de consumir supuestamente en un año casi 500.000 euros de caudales públicos. La propia FPV está en situación de desaparecida. Corina Porro, que la montó, es presidenta del Consello Económico e Ignacio López-Chaves, actual presidente de la Autoridad Portuaria y, teóricamente, de la propia FPV, ni siquiera se presta a confirmar o denegar que ostente este cargo. En 2011, del que no ha presentado aún sus cuentas, tenía previsto ingresar al menos 140.000 euros del Igape. También Traballo aprobó una subvención de 50.000 euros para la FPV.>
No sumatorio de complacencias electorais ten o seu lugar Abel Caballero, persoa dada a proxectos pantasmas, ademais dun egocentrismo patolóxico: O proxecto de Rafael Moneo para a Praza do Rei caeu no máis absoluto dos esquecementos (60 millóns), custos non equiparables aos xerados polo plan Nouvel para o Porto (3,5 millóns de euros) ou a maqueta de Thom Mayne para a estación do AVE (4 millóns). Moitas maquetas e demasiados cartos tirados.
Mentres, asistimos na cidade ao desmantelamento de moitas iniciativas culturais.
O Museo Liste pecha as portas, igoal que o Centro de Artesanía Tradicional (CAT), ou o Arquivo Pacheco. O Marco ten unha existencia dificil, desapareceu da programación municipal a Semana de Teatro Afeccionado, e programas como Imaxina Sóns, Vigo A Escena, Festiclown, etc, están ameazados de morte.
De volta ao PP, Alfonso Rueda ten explicacións pseudomáxicas, para as promesas electorais desaparecidas:<La primera promesa era decir la verdad y no tomar medidas contraproducentes. Explicamos la situación que encontramos al llegar, el agujero que dejó el bipartito. En esta situación va a ser complicado hacerlo, pero en cuanto podamos lo haremos, y si no, lo explicaremos. Esas promesas se hicieron con la intención de ser cumplidas, cuando uno ve la realidad y no puede, lo que ha de hacer es explicarle a la gente por qué no se toman esas decisiones. Hasta ahora los resultados electorales dicen que la gente lo entiende. La gente tiene un Gobierno en el que puede confiar>. E así nesa realidade, o PP impuxo a súa maioría no Parlamento e vetou a petición de comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, solicitada polos socialistas para analizar a crise económica e a última remodelación do Goberno. O portavoz dos populares, Pedro Puy, acusou directamente ao PSOE da situación económica, vinculou a petición, apoiada polo BNG, á tensión no seo do Bloque e do Partido Socialista, e rexeitou a intervención de Feijóo ante a Cámara para "non xogar ao alarmismo". As verdades fora do Parlamento, mentres preparan o terreo e admite que, "se a situación segue sendo tan complicada", a Xunta posiblemente terá que tomar "decisións adicionais" de recorte do gasto. "Esperemos que, como ata agora, non afecten ao mantemento do núcleo duro do Estado do Benestar", e non descartou que haxa "unha petición temporal de maiores esforzos e sacrificios á propia administración, aos empregados públicos e o conxunto da sociedade".
O pasado 19 de xullo, o Congreso dixo non a revisar a Lei de Amnistía de 1977, non a permitir que os crimes do franquismo sexan considerados un xenocidio e delitos de lesa humanidade, imprescriptibles e, xa que logo, perseguibles aínda hoxe xudicialmente.
Aquel debate coincidiu cunha semana simbólica: un día antes, o 18 de xullo, cumpríanse 75 anos do golpe de estado que truncou os soños da República. O pleno do Congreso, con José Bono á cabeza, nin se atreveu a condenar a sublevación militar. O texto foi rexeitado cos votos de PP, PSOE e CIU.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) volveu rexistrar non Congreso unha proposta para reformar a Lei de Amnistía de maneira que esta norma non se poida seguir esgrimindo como un impedimento para perseguir e xulgar os crimes do franquismo e mesmo sirva para reabrir causas xa arquivadas en virtude dese argumento, como a que intentou abrir ou xuíz dá Audiencia Nacional Baltasar Garzón.
O debate volve á Cámara noutro momento simbólico, poucas horas antes de que Baltasar Garzón sente no banco do Tribunal Supremo acusado de presunta prevaricación por arrogarse a competencia de investigar o horror da ditadura. O BNG repescou a súa proposta e rexistrouna de novo nun Congreso agora baixo o control absoluto do PP. Agora será a Xunta de Portavoces a que decida cando se discuta a admisión a trámite da proposta de reforma da Lei de Amnistía. E nese pleno será previsiblemente vetada outra vez.
O xuízo contra Garzón, é consecuencia dunha querela do sindicato ultradereitista Manos Limpias dirixido por Miguel Bernad Remón, un dos responsables do partido ultradereitista Fuerza Nueva. Con posterioridade presentan querelas a asociación Liberdad e Identidad e o partido Falange Española.
Outra coincidencia é o 35 aniversario do asasinato dos cinco avogados de Atocha, símbolo da loita contra a impunidade da ditadura. Un atentado que perpetrou a ultradereita o 24 de xaneiro de 1977 amparada polo aparello de Estado franquista.
Ningún dos familiares dos loitadores asasinados é considerado "vítima do terrorismo".

Ningún comentario:

Publicar un comentario